miércoles, 20 de diciembre de 2017

CARTAS AO APALPADOR

O Equipo de Dinamización da BIBLIOTECA en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega participa cunhas cartas moi emotivas , escritas polos nenos do cole,  no CONCURSO CARTAS AO APALPADOR  que se celebrará na Coruña o 31 de decembro.  Estade atentos para saber o resultado. 
MOITA SORTE A TODOS!!!

lunes, 18 de diciembre de 2017

RECOMENDACIÓNS LIBROS

Chega o Nadal...! Tempo de agasallos, de emocións e de moitas lecturas en familia.
 Se aínda non tedes decidido  que libro mercar botádelle unha ollada  a selección que fixo O Equipo da Biblioteca.
 Esperamos que sexa do voso agrado!!!

O APALPADOR: UN PERSONAXE DO NADAL GALEGO

O Apalpador, tamén coñecido como o Pandigueiro na comarca de Trives, é a figura mítica orixinario das montañas do Caurel, propio do Nadal Galego.
Un ser fantástico, un xigante, de profesión carboeiro. que polas festas do Nadal, concretamente o 31 de decembro,  baixa das montañas para visitar aos máis cativos e comprobar se están ben mantidos. Pálpalles a barriga ( de aí o seu nome) para saber se comeron ben ese ano e, o día de Ano Vello, mentres eles están a durmir, déixalles de  agasallo castañas e algunha que outra sorpresa. Para coñecer a súa historia ollade estes videos:







Se picades nos seguintes enlaces atoparedes moitos recursos para coñecer moitas cousas sobre este mítico personaxe
ACTIVIDADES LIM
CANTIGAS DO APALPADOR





sábado, 16 de diciembre de 2017

NADAL NA BIBLIOTECA

Xa estamos ás portas do Nadal !!!  Unha festa repleta  de Ilusións, de Tradicións, de Emocións...  Un tempo reservado para o reencontro familiar,  para vivir con intensidade as noites máis longas do ano  e iluminar coas luces, coas fitas de prata e coas panxoliñas a escuridade do inverno.
Son estas unhas festas cheas de maxia, nas que conviven amigablemente as  tradicións cistiáns coas lendas e ritos de orixe pagano.
Dentro do marco do noso proxecto: "Auga, Pedra, Sabedoría e Terra" propoñemos fondar  nas tradicións,  nas lendas e nos costumes que forman prte do noso Patrimonio Cultural.. 
Se picades nos seguintes enlaces atoparedes lendas,  coñeceredes as tradicións e os seus rituais 
CÓNTAME COMO É O NADAL (Unidade didáctica)
Na BIBLIOTECA  esta semana estivemos moi afaenados  cos obradoiros, sacando os libros dos andeis, preparndo os adornos... 

Nos recreos desenvolvemos o II TALLER DE MANUALIDADES DO NADAL, un taller no que participaron moitos nenos e nenas de todas as clases, reciclando botes de vidro para convertilos en orixinais candeeiros  coa forma de Papá Noel, decorados con  estrelas de cores, con purpurina...para lucilos nas súas casas durante todas as festas.

Os adornos de Nadal xa colgan do teito, nos vidros e as paredes da entrada da  Biblioteca  están decoradas para ocasión invitándonos a todos a entrar e a impregnarse da maxia do Nadal.
Así de fermosa está nestas festas:


nadal biblioteca
Esta é unha pequena mostra dos libros seleccionados, esperamos que vós gusten


Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

 Panxoliñas que forman parte do noso patrimonio:

Cantigas Tradicionais  do Nadal


Rapaciño


Pola Media Noite



martes, 12 de diciembre de 2017

ENTREGA DE AGASALLOS

Hoxe na Biblioteca todos os nenos que participaron no Concurso de Contos de Medo recibiron un agasallo.

Un diploma e un agasallo para Antía de 1º EP,  Sheila e Clara de 4ºEP,  Antía  e Lola de 6º EP pola súa participción


Os alumnos  de 3ºA e os de 4ºB recibiron un premio colectivo pola súa gran participación 

Un agasallo moi special para  a semifinalista, Aixa Xusto de 4º B,  pola súa terrorífica historia titulada "O Rei dos Morcegos· 

Diploma e agasallo para a campiona, Rosana Fernández de 6ºA, pola súa historia titulada " A Bruxa e o tren"

Parabéns a todos eles e esperamos que sigades participando.

lunes, 27 de noviembre de 2017

DÍA DE CONMEMORACIÓNS


Hoxe, despois da hora de ler, os nenos e os mestres do cole saímos ao patio para conmemorar nun único acto tres datas moi entrañables para todos nós e que están moi próximas no calendario: celebramos o Día dos Dereitos do Neno, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e o Día Internacional das Persoas con Discapacidade


Iniciaron este acto tres alumnos de 6º de Primaria lendo o seguinte  manifesto no que nos pediron a toda a Comunidade educativa  os seguintes compromisos:












Rematamos este sinxelo acto cantando mediante a  linguaxe de signos a canción de Guadi Galego Chea de Vida. Unha canción na que as emocións e os sentimentos convértense en abanderados, así o define a propia autora, nun canto de amor á muller e á liberdade.
Queremos agradecerlle a Patricia, nai de Julia, alumna de 5º de Educación Infantil, por ensinarnos a todos nós a expresarnos coa linguaxe de signos, sen a súa axuda e o seu tesón non seríamos capaces de conseguilo.
Moitas grazas pola túa axuda e esperamos seguir aprendendo contigo.


Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery



jueves, 23 de noviembre de 2017

25 DE NOVEMBRO


O día 25 de novembro celebramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero , un día de reflexión e  para  reclamar  a atención á sociedade sobre o feito de que a violencia contra as mulleres e ás nenas é unha das formas de violencia máis extendida no mundo.
Se queres saber por que se celebra este día  pica no seguinte enlace:   25 de novembro.
A escola debe contribuír a erradicar esta violencia educando na igualdade, opoñéndose a todo tipo de violencia tanto física como verbal, facendo respectar os dereitos das mulleres e das nenas, fomentando unha relación afectuosa e solidaria entre os seus membros e empregando modelos e mensaxes cooperativos e dialogantes.
Nos seguintes enlaces atoparedes diferentes actividades e recursos  para profundizar, reflexionar  e traballar a violencia contra as mulleres:





martes, 21 de noviembre de 2017

ENCONTRO COS AVÓS

Hoxe no cole tivemos unha visita moi especial!!  Co gallo da celebración do Día Internacional dos Dereitos do Neno achegáronse ata o noso centro cinco avós e avoas da Residencia Fogar San Amaro e outros avós e avoas de nenos do cole para compartir con nós uns momentos entrañables, cheos de nostalxia, nos que os avós foron desgranando ás súas vivenzas na escola da súa infancia, explicáronnos como pasaban os días, os traballos que facían, como eran as clases, a que xogaban, cales eran os seus xoguetes... Os alumnos das diferentes clases escoitaron as súas historias con moita atención e interese, fixéronlles moitas preguntas e déronse conta das notables diferenzas entre a súa infancia e como foi a dos avós, e como foi evolucionando a vida e os dereitos dos nenos ao longo do tempo. 
Este encontro interxeracional foi unha experiencia moi enriquecedora, tanto para os nenos coma para os nosos maiores que se sentiron protagonistas e foron arroupados polo cariño e admiración dos pequenos. 
Como se reflicte nas biografías que nos aportaron algúns deles tiveron unhas vidas extraordinarias. 


Moitas grazas a Marina e Antonio, avós de Iria, a Miguel,  a Manola, a Alfonso, a Xosé, a Moncho, a Mabel, avoa de Isamar e Candela, a Gloria, nai de Aissatou,  e a Marisa, avoa de Mario San Juan,  por compartir con todos nós eses recordos tan entrañables.



Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely by Slidely Photo Gallery


Esperamos ao longo do curso e enmarcado dentro do noso Proxecto Documental Integrado "Auga, pedra, sabedoría e terra", realizar máis encontros interxeracionais que nos permitan coñecer historias, cantigas, refráns, oficios... que conforman o patrimonio inmaterial da nosa contorna. 

lunes, 20 de noviembre de 2017

CONTOS DE MEDO

Xa están expostos os contos que se presentaron ao V concurso de contos de medo e que se axustan ás bases establecidas.
Hai historias moi interesantes, buscade un tempo para lelos con calma.


Temos que destacar a gran participación os alumnos de 3º A , presentaron as súas historias nun cadaleito cheo de epitafios:


Os alumnos de 4ºB  tamén participaron elaborando un libro con todas as historias que  escribiron individualmente:


Esperamos que con  todas  estas historias vivades momentos de moito, moito medo!!!

martes, 14 de noviembre de 2017

DEREITOS DA INFANCIA



No ano 1959 a ONU aprobou a  Declaración dos dereitos do neno  ( se picas no anterior enlace atoparás máis información), por iniciativa de UNICEF e dende o ano 2000 celebramos todos os 20 de novembro o Día  Internacional dos Dereitos dos Nenos e Nenas. 
Se picades no seguinte enlace atoparedes información sobre a necesidade de celebrar este día;  Por que se celebra o Dia dos Dereitos da Infancia?
No seguinte vídeo explícannos cales son estes Dereitos:

Nos seguintes enlaces atoparedes diferentes materiais para traballar este día:
Banco de Recursos
CADERNO DOS DEREITOS
Nos seguintes videos explícannos cales son so nosos dereitos e  deberes :








Nas seguintes cancións fan un repaso dos nosos dereitos:


jueves, 9 de noviembre de 2017

DÍA DAS LIBRARÍAS

O dez de novembro celebramos en España o DÍA DAS LIBRARÍAS (se picas no anterior enlace terás máis información sobre esta celebración) ;  unha festa na que se quere recordar que un libro é sempre unha excelente adquisición.
 Este día todas as librarías ofrecen un amplo  programa de actividades : lecturas públicas, presentacións, firmas de autores, contacontos, exposicións...co que se pretende reindivicar  as librarías como  un lugar de xestión cultural no que ademais de fomentar a lectura,  xenera cercanía e relacións, así como a figura do libreiro como mediador con capacidade de recomendación.
Igual que non hai dúas persoas iguais, as librarías tampouco o son, hainas grandes e pequenas, algunhas  dan cabida a moitas materias e outras especialízanse nun só tema; unhas ofrecen letras, música e contos para os  máis pequenos e outras coidan as tertulias ofrecéndonos un espazo para tomar un café.
Ollade o seguinte video para promocionar as librarías:


Pra homenaxear este día,  un vídeo sobre as librarías máis fermosas do mundo, son espectaculares!!!


Esta é sen dubida unha das librarías máis fermosas do mundo : A Libraría Lello




SESION DE FORMACIÓN

Os alumnos de 4º B estiveron na biblioteca para recibir  unha sesión de formación sobre a organización da biblioteca segundo a Clasificación Decimal Universal (CDU). Buscaron libros nos andeis,  analizaron os fondos e aprenderon a ubicalos na sección correspondente e fixeron prácticas para colocalos atendendo a información dos "tejuelos". 

sábado, 4 de noviembre de 2017

XUNTANZA CLUBS DE LECTURA


Os nosos clubs de lectura xa están en marcha!! Primeira parada: O PRINCIPIÑO! Estes dous últimos venres, tanto os GUSICROSS coma O XARDÍN DOS LIBROS, reunímonos para comentar a nosa primeira lectura.
Xuntámonos no recreo e na hora de ler ao redor dun bo biscoito e unhas pastas, agasallo da nosa profe Maite!

En xeral, O Principiño tivo unha boa acollida, foi un libro interesante, bonito, metafórico, triste, divertido... Falamos, rimos, xogamos, fixémonos pasar polas distintas personaxes e soñamos con que planeta nos gustaría visitar!

E ao espertarmos dese soño, xa andamos pensando nas nosas seguintes paradas. Desta vez, leremos alternados dúas obras novamente de narrativa: CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE e ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA.

Seguiremos informándovos!!



Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

sábado, 28 de octubre de 2017

O SAMAÍN NA BIBLIOTECA

Estas últimas  semanas do mes de outubro na biblioteca desenvolvéronse moitas actividades relacionadas co Samaín:
Decoramos a biblioteca con bruxas, morcegos, arañas...


Dos andeis saíron libros que dan moito, moito medo!!!  Lédeos, están todos a vosa disposición

Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely by Slidely Slideshow
Nos obradoiros  dos recreos traballamos a reo decorando as cabazas...


Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

Para transformalas en bruxas, morcegos, piratas, caveiras....Que dan moito, moito meeedo!!!


cabazas samain

PARABÉNS, rapaces!!! Sodes todos uns ARTISTAZOS!!!

jueves, 26 de octubre de 2017

REUNIÓN CLUB DE LECTURA

O venres, durante o tempo do recreo e da hora de ler,  a Biblioteca recibiu aos 29 nenos e nenas de 5º e 6º de primaria que forman parte do Club de Lectura.
Nesta primeira reunión Sabela, a coordinadora, explicoulles que era un club de lectura (unha reunión de persoas que len ao mesmo tempo un libro e que se reúnen unha vez á semana para comentar e dar as opinións sobre os textos lidos). Presentoulles o libro O PRINCIPIÑO, que vai ser o libro co que empezarán a traballar, que levarán para a casa e alí lerán as páxinas que se determinen.  
Os nenos dividíronse en dous grupos (un con 19 compoñentes e outro con 20), en asemblea  buscaron os nomes de cada grupo, decidiron poñerlle a un grupo o nome de GUSICROSS e a outo grupo puxéronlle o nome de XARDÍN DOS LIBROS.
Todos os venres reuniranse na biblioteca para comentar o lido por todos os compoñentes do club e para realizar as actividades que se acorden.
Esta primeira reunión foi unha boa experiencia para todos e están desexando que chegue o seguinte venres!!!



Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

miércoles, 25 de octubre de 2017

FORMACIÓN

Os alumnos de 1º de Primaria estiveron na biblioteca na hora de ler, alí recibiron información sobre como atopar os libros, o que significaban os tejuelos dos libros, buscaron libros nos andeis e repasaron as normas da biblioteca. Acabaron a sesión co préstamo de libros


Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

lunes, 23 de octubre de 2017

DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR

O 24 de outubro celebramos o Día Internacional da Biblioteca Escolar, unha data que se celebra dende o ano 1997 en recordo do incendio da Biblioteca de Saraxevo  en 1992 durante o conflito dos Balcáns (se picades no anterior enlace atoparedes ampla información deste suceso).
Faise esta celebración para destacar a importancia da biblioteca como un lugar de encontro de lectores e para concienciar á sociedade da importancia da lectura e agradecer o esforzo de todas as persoas que traballan nas bibliotecas.

Para celebrar este día, na hora de ler, o alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria verá a seguinte presentación en powerpoint sobre as bibliotecas:


Os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria verán unha presentación sobre as bibliotecas máis raras do mundo para facer, ao longo de toda a semana, un traballo de investigación que plasmaremos nun mural sobre "As Bibliotecas máis RARAS do Mundoª



Aquí tedes os nenos de infantil durante a proxección que se realizou na nosa biblioteca,  seguírona moi interesados e participaron con ganas no debate!!



Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely Gallery by

jueves, 19 de octubre de 2017

MOCHILAS VIAXEIRAS

Esta semana volven a rular as mochilas viaxeiras en todos os cursos de primaria, actividade que lle permite á biblioteca o contacto coas familias coa intención de conseguir a súa colaboración e participación na formación de lectores e lectoras.
O contido de cada mochila e o que buscamos con esta actividade vai explicado na seguinte carta que se lle envía a cada familia:

Esperamos que tanto o alumnado como os seus familiares gocen e compartan con ilusión as lecturas que seleccionamos.



lunes, 16 de octubre de 2017

CONCURSO CONTOS DE MEDO

Ola lectores, xa está en marcha o primeiro concurso do curso : O  V CONCURSO DE CONTOS DE MEDO. Este ano, en colaboración co Equipo de Voz Nature e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e  seguindo as directrices do noso Plan de Lectura, os contos versarán sobre feitos da nosa contorna. Se queredes participar lede con moita atención o cartel:


OBRADOIRO DE CABAZAS

Como en todos os anos, ante a proximidade do SAMAÍN,  na biblioteca desenvolveremos, na hora do recreo dende o  16  ata o 27 de outubro, un obradoiro para decorar as cabazas. Se queres participar achégate coa túa cabaza ata a biblioteca  e decóraa da forma máis terrorífica que queiras.


domingo, 15 de octubre de 2017

PREPARANDO O SAMAIN

Pouco a pouco o curso vai avanzando. As noites chegan cada vez máis pronto, temos que abrigrarnos  un pouco máis...  Estamos no pleno outono!!   Tempo de castañas, follas secas, da recollida do millo e das cabazas... Estamos no tempo no que celebramos o Samaín!!!  Unha festa de orixe celta na que se reunían  se reunían no camposanto para comer o porco do samaín co medo no corpo, pois as ánimas do outro mundo ameazaban con vir rendir contas aos moradores do mundo dos vivos.
Para afastalas, os guerreiros poñían nas murallas ou encastradas nas paredes as caveiras iluminadas dos inimigos, caveiras que pouco a pouco se foron sustituíndo por cabazas.
 Se picades neste enlace coñeceredes a orixe desta festa  ORIXE DO SAMAIN
Na seguinte  unidade didactica atoparedes moita información sobre o Samaín:
Nas seguintes páxinas atoparedes recursos para traballar o Samaín nas aulas:

RECURSOS
Recursos Samain

ACTIVIDADES INTERACTIVAS:
SAMAIN E O OUTONO
Actividades LIM O Samaín
 CREBACABEZAS: Chegou o Samaín









miércoles, 11 de octubre de 2017

BIBLIOPATIO

Hoxe, na hora do recreo e  grazas os nosos colaboradores, un  anaquiño da nosa biblioteca percorreu o patio de  infantil.  A actividade do BIBLIOPATIO botouse a andar!!!
A partir de agora en todos os recreos da mañá, agás os dos mércores, dous colaboradores baixarán ao patio un carro cargado de libros,  adaptados aos nenos de infantil, para que os nenos que queiran podan disfrutar da súa lectura e teñan a experiencia dun recreo diferente.
Esta é  unha actividade que goza de moito éxito tal e como se pode ver no vídeo e ue nos confirma QUE CALQUERA  LUGAR É BO PARA A LECTURA!!


lunes, 9 de octubre de 2017

CLUB DE LECTURA


O equipo da biblioteca prepara unha nova actividade: abrimos un club de lectura na biblioteca!!!
Se eres alumno de 5º ou de 6º de primaria e che apetece pasar un tempo divertido ao redor dun libro le con moita atención o cartel.




COLABORADORES


Os novos axudantes da biblioteca ( 20 alumnos voluntarios  de 6º de primaria) xa recibiron a formación necesaria e firmaron o seu cotrato no que se comprometeron, cheos de ilusión, a desenvolver, ao longo de todo o curso,   moitas e variadas actuacións entre as que destacamos:
  • Colocar  correctamente os libros   nos andeis e manter en orde a biblioteca.
  • Axudarlle aos nenos a buscar os fondos que precisen.
  • Repara os fondos que se atopan no hospital.
  • Colaborar nas actividades LIBRO-PATIO e na APERTURA DO QUIOSCO levando e coidando os libros.
  • Comprobar que se cumpren as normas da biblioteca.
O Equipo da biblioteca  agradece a súa colaboración e deséxalles a todos unha experiencia gratificante e motivadora.


Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely by Slidely Slideshow

domingo, 8 de octubre de 2017

OUTUBRO: MES DA BIBLIOTECA

Lectores,  chegamos ao  mes de outubro, o mes no que a biblioteca escolar abre as súas portas e pasiño a pasiño  iráselle ensinando aos novos alumnos e comezarase a desenvolver as diferentes actividades programadas: clube de lectura, mochilas viaxeiras, préstamo de libros, e as múltiples actividades de fomento da lectura para todos os usuarios da biblioteca.
Os que levades anos  traballando  e colaborando para que a biblioteca estea presente no ámbito educativo e sexa un centro de recursos imprescindible para toda a comunidade escolar, coñecedes o profundo alcance que  ten sobre a vida escolar a biblioteca.
O equipo da biblioteca aposta por  por  desenvolver desde a biblioteca  todas as actividades que lle dean presenza no centro e que encandilen aos lectores e que fagan sumar usuarios que disfruten, necesiten, colaboren e usen os seus fondos.


Nos segulntes videos fálanos da  biblioteca e da súa importancia:








miércoles, 27 de septiembre de 2017

PLAN ANUAL DE LECTURA

Ola lectores!! O equipo da biblioteca xunto co equipo de Voz Natura  elaboraron o plan de lectura para este curso: "Auga, pedra, sabedoría e terra" Todas as actividades programadas xirarán en torno ao patrimonio da nosa contorna.  Coa  colaboración  de toda a comunidade  escolar coñeceremos lendas, monumentos, fontes , cruceiros...Descubriremos os tesouros que nos rodean

jueves, 14 de septiembre de 2017

APRENDER A PENSAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR



" Aprender a pensar coa Biblioteca Escolar" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezos do curso 2017/18 con destino ás Bibliotecas Escolares dos centros educativos galegos. 
O ilustrador Xosé Tomás  foi o encargado de realizar a interpretación gráfica do lema anual.
Unha biblioteca escolar integrada, no día a día do centro educativo, supón unha oportunidade única para axudar a nenas e nenos a desenvolver o seu pensamento crítico a  "aprender a pensar"

BENVIDOS






O   equipo da biblioteca deséxalle a toda a comunidade educativa unha feliz benvida a un novo curso. Esperamos inicialo todos con moita enerxía, ánimo e esforzo para seguir aprendendo.
Coma sempre esperamos que entre todos fagamos da biblioteca non só un lugar onde ler, senón tamén un espazo onde poidamos aprender e compartir unha chea de aventuras e cousas novas.
Desexámosvos un curso cheo de marabillosas lecturas !!!
Esperamos ter todo preparado no mes de outubro para que poidades disfrutar de todo o que vos temos preparado.
Empezamos con este video que nos explica por que é importante saber ler:



Hai moitas razóns para ler , cal é a vosa??



viernes, 30 de junio de 2017

FELICES VACACIÓNS

O Equipo da biblioteca  deséxalle a toda a Comunidade educativa unhas felices vacacións, que sigades o noso consello deste verán: Que vos mergulledes nun mar de libros e que experimentedes marabillosas aventuras a través da súa lectura.
Nós voltaremos en setembro con novos proxectos ,  actividades  e novas lecturas coas que disfrutaremos de momentos inesquecibles.




 FELIZ VERÁN A TODOS!!! 

viernes, 23 de junio de 2017

DIPLOMAS E AGASALLOS

Lectores, o curso xa está rematando!!  O equipo da biblioteca  quere agradecer a todos os colaboradores o traballo realizado e a todos os lectores o seu interese e prticipación nas actividades.
Unha boa  forma de rematar o curso é otorgando os diplomas e agasallos  aos axudantes,  colaboradores e aos grandes lectores.



Agradecemos aos nosos axudantes o traballo prestado: colocación de libros, atender o Bibliopatio, o Quioscopatio... Moitas grazas rapaces, sen a vosa colaboración sería imposible desenvolver todo o traballo!!!




Tamén recibiron diplomas e gasallos as tres nenas que mais colaboraron  no desenvolvemento das actividades; realizaron sesións de contacontos, traballaron en todosos obradoiros. 
Moitas grazas pola vosa axuda!!!

Os grandes lectores recibiron un diploma


Os tres mellores  lectores de todo o cole foron obsequiados cun diploma especial e cun  libro de agasallo




PARABÉNS  PARA:

Yoel (2ºEP)-  3º lugar
Víctor (5º EP)-2º ñugar 


E para a nosa  gran campiona:
ANTÍA (5º EP) - 1º lugar


FELICES VACACIÓNS A TODOS!!!