Ola lectores!! O equipo da biblioteca xunto co equipo de Voz Natura elaboraron o plan de lectura para este curso: "Auga, pedra, sabedoría e terra" Todas as actividades programadas xirarán en torno ao patrimonio da nosa contorna. Coa colaboración de toda a comunidade escolar coñeceremos lendas, monumentos, fontes , cruceiros...Descubriremos os tesouros que nos rodean
miércoles, 27 de septiembre de 2017
jueves, 14 de septiembre de 2017
APRENDER A PENSAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR
" Aprender a pensar coa Biblioteca Escolar" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezos do curso 2017/18 con destino ás Bibliotecas Escolares dos centros educativos galegos.
Unha biblioteca escolar integrada, no día a día do centro educativo, supón unha oportunidade única para axudar a nenas e nenos a desenvolver o seu pensamento crítico a "aprender a pensar"
BENVIDOS
O equipo da biblioteca deséxalle a toda a comunidade educativa unha feliz benvida a un novo curso. Esperamos inicialo todos con moita enerxía, ánimo e esforzo para seguir aprendendo.
Coma sempre esperamos que entre todos fagamos da biblioteca non só un lugar onde ler, senón tamén un espazo onde poidamos aprender e compartir unha chea de aventuras e cousas novas.
Desexámosvos un curso cheo de marabillosas lecturas !!!
Esperamos ter todo preparado no mes de outubro para que poidades disfrutar de todo o que vos temos preparado.
Empezamos con este video que nos explica por que é importante saber ler:
Hai moitas razóns para ler , cal é a vosa??
Suscribirse a:
Entradas (Atom)