Os alumnos de 4º B estiveron na biblioteca para recibir unha sesión de formación sobre a organización da biblioteca segundo a Clasificación Decimal Universal (CDU). Buscaron libros nos andeis, analizaron os fondos e aprenderon a ubicalos na sección correspondente e fixeron prácticas para colocalos atendendo a información dos "tejuelos".