domingo, 18 de marzo de 2018

SESIÓN CLUB DE LECTURA


Aquí andamos de volta! Desta vez descubrimos a un autor e ilustrador chino, Jimmy Liao, creador duns álbumes ilustrados preciosos.
 Cada un leu un diferente, o que nos permitiu coñecer gran parte da súa obra, comparar as ilustracións, os temas que trata, o xeito de narrar, etc.
Foi un éxito rotundo e quedamos con gañas de ler aínda máis títulos. 
Os mellor valorados foron “La noche estrellada” e “La piedra azul”, tanto pola historia (triste e emocionante) como polas súas ilustracións cheas de color e de trazos moi peculiares. Gustounos moito tamén o de “Abrazos” e “El pez que sonreía”.
Intercambiámonos os libros entre nós e descubrimos que tiñan aspectos en común: historias con finais abertos (e ás veces difíciles de comprender) e personaxes que aparecen de esguello en varios títulos.


Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery
Continuaremos lendo e compartindo!

domingo, 11 de marzo de 2018

SESIÓN CLUB DE LECTURA


Na última sesión do club limos Zoa e Azor, libro publicado no 2007 pola escritora viguesa An Alfaya. Esta lectura suscitou moita controversia, xa que uns déronlle moi boa puntuación con adxectivos como poético, creativo, inquietante; e a outros pareceulles máis aburrido, con pouca acción.
Tras a valoración, a conversa levounos a describir ás dúas personaxes principais (Silvano e Tomás), con personalidades opostas e reflexionando sobre como os estereotipos e a norma se impoñen á naturalidade. Pensamos sobre se debemos ser uns mesmos ou deixarnos levar pola sociedade. Coma sempre, lendo aprendemos a pensar.

De xeito alterno, limos tamén “El coleccionista de relojes extraordinarios” de Laura Gallego. Resultou un libro moi entretido que nos levou a un mundo máxico e fantástico. A súa lectura levounos a reflexionar sobre as características da personaxe principal, sobre a autoestima e a valentía ante situacións difíciles. Ademáis fixemos un pequeno xogo no que creamos unha  pequena historia diferente dentro do propio libro. 

Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery
Pasamos un moi bo tempo!


jueves, 8 de marzo de 2018

FRIDA KAHLO

Como hoxe é o Día Internacional da Muller, queremos ensinarvos un dos proxectos que levamos a cabo este ano en infantil e que foi sobre a pintora mexicana FRIDA KAHLO. Quixemos coñecer a súa figura pola súa importancia como pintora e como muller pioneira.
Coñecimos a súa vida, a súa obra e parte da cultura do seu país mediante a lectura e visionado de libros, láminas, vídeos... e tamén contamos coa colaboración das familias que aportaron material bibliográfico (tanto sobre a pintora como sobre México) e participaron nunha actividade plástica.
Picade en cada pequeno icono que hai ao lado de cada número no póster que realizamos ente todos sobre FRIDA, para ver todo o traballo que fixemos:



(logo pechade cada ventá que se abre para acceder ao seguinte icono do póster).

lunes, 5 de marzo de 2018

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 O Equipo da Biblioteca  súmase  a celebración do Día Internacional da Muller que se celebra o 8 de marzo. Un día no que se reivindica a igualdade de dereitos para todas e no que se recorda que aínda non se acadaron. 
Este ano o  8 de marzo céntrase en dous tema prioritarios:
Por un lado fanse eco dos dereitos das mulleres que traballan nas zonas rurais, das desigualdades e das discriminacións que sofren cando en realidade teñen un papel fundamental na alimentación das nacións.
Por outro lado segue alzando a voz contra o acoso sexual, a desigualdade e a violencia  contra as mulleres.
Se queredes coñecer cal é a orixe deste día picade no seguinte enlace: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Nos seguintes vídeos explícannos  por que se celebra este día:





Este curso o Equipo da Bibliotec en colaboración co Equipo de Voz Natura e seguindo co nono proxecto Auga, Pedra, Sabedoría e Terra para conmemorar o Día Internacional da Muller celebraremos encontros con nais que teñen oficios moi singulares dos que vós iremos informando.Para traballar na aula aportamos os seguintes recursos: no seguinte enlace atotaredes unha recopilación de recursos para traballar a coeducación 
recursos coeducación
Se picades no seguinte enlace aoparedes contos para conversar sobre a igualdade CONTOS IGUALDADE
Unidade didáctica para traballar a igualdade de xénero.
No seguinte enlace atoparedes a 12 mulleres qe fixeron historia:MULLERES QUE FIXERON HISTORIA
Enlace  coa biografía de cen mulleres galegas para recordar: CEN MULLERES GALEGAS
Picando no segunte enlace atoparedes un album de mulleres galegas publicado polo centro de Documentación Dixital: ALBUM
Actividades LIM para  Educación Infantil: DÍA DA MULLER Infantil
Libro LIM para Infantil e 1º, 2º de Primaria; LIBRO LIM
Libro LIM para Primaria: ACTIVIDADES LIM Primaria
 Vídeo SOBRE OS ESTEREOTIPOS




Vídeos para lembrar ás mulleres galegas que fixeron historia:




Mulleres galegas from ies frei martin sarmiento on Vimeo.





domingo, 4 de marzo de 2018

MARZO, MES DA POESÍA

Pasiño a pasiño chegamos ao mes de marzo, mes dedicado a poesía xa que o Día 21 de marzo celebramos o Día Internacional da Poesía. Ao longo deste mes as actividades da Biblioteca xirarán en torno a Poesíaleremos poemas, escribiremos e ilustraremos poesías,  coñeceremos poetas... Este mes amaremos e disfrutaremos os recitados de pesías.
Como xa é tradicional empezaremos este mes convocando un novo Concurso de Poesía que,  este ano desenvolvendo o   noso proxecto: Auga,  Pera, Sabedoría e Terra ,  estará dedicado aos oficios tradicionais da nosa contorna.

Este é o cartel que o anuncia:


CONTACONTOS CON CHARO PITA

O luns, 27 de febreiro, veunos visitar ao cole CHARO PITA, a famosa contadora de contos que fixo pasar uns momentos cheos de ledicia, emoción e sorpresa a todos os alumnos e alumnas do cole, dende os máis cativos ata aos maiores, pois  pasou con nós case toda a mañá, contando historias e contos da súa inventiva (pois é unha gran escritora de literatura infantil) e tamén outros populares e tradicionais.  
Neste enlace podedes consultar algúns datos da súa biografía:
E aquí tamén tedes un enlace ao interesante documento publicado por esta asociación:
E estes son algúns dos libros publicados por CHARO PITA e que contou ao longo desta estupenda mañá que pasamos todos na súa compaña:


E estes algúns momentos da xornada: 



viernes, 2 de marzo de 2018

RECITADO DE POESÍAS. DIA DE ROSALÍA

Para rematar este  mes de febreiro, mes dedicado á nosa escritora galega máis universal,  o mércores 28, na Hora de Ler,  os alumnos de 6ºB deleitáronos cun recitado de Poemas de Rosalía de Castro
Fixeron unha selección dos versos recollidos nos libros Follas Novas e Cantares Gallegos.  Con moita emoción foron desgranando:  Eu tiven un cravo, Adios Ríos,  Campanas de Bastabales... Así de ben soaron os versos de Rosalía