lunes, 25 de junio de 2018

REPARTO DE AGASALLOS


A Biblioteca está a piques de pechar a porta por este curso. Unha das últimas actividades é a a de repartir agasallos aos grandes lectores e aos colaboradores.





O equipo dos observadores formado polos alumnos de  6º de Primaria Antía, Nadia Isamar, Mario e Izan foron os gañadores do concurso:  Adiviña, adiviñando. O equipo da Biblioteca premiou o seu traballo de investigación cun pequeno agasallo .













A cada unha das tres clases de Educación Infantil as representantes do Equipo da Biblioteca  entregáronlle uns bonitos diplomas para agradecerlles a súa gran afición pola lectura.









Tamén recibiron un diploma estes grandes lectores polo seu entusiasmo na lectura de libros  ao longo de todo o curso.



E o noso podio de honra, que recibiu un diploma e un agasallo,  este cuso está ocupado por:

No 3º lugar: Claudia Pérez




Subcampiona: Sheila Do Nascimento 







E a nosa campiona por segundo ano consecutivo é: a alumna de  6º B de educación Primaria  Antía Rodríguez



Parabéns a  todos, a seguir disfrutando coa lectura!!!

miércoles, 20 de junio de 2018

ESTUDANDO O NOSO PATRIMONIO: "AFONDANDO EN OURENSE"

O alumnado de 4º de primaria levou a cabo un proxecto de investigación ao longo de todo o curso sobre a nosa cidade, Ourense.
Despois dun intenso traballo, chegamos ao final do proceso: editamos a nosa propia guía turística da cidade e fixemos de guías nunha ruta interesantísima por Ourense o pasado venres 15 de xuño. 
Tivemos uns visitantes privilexiados: os rapaces e rapazas do CEE Saladino Cortizo de Vigo que viñeron moi emocionados!
Foi un día cheo de nervios, emoción e sorrisos onde compartimos e intercambiamos experiencias con alumnado doutro centro e outra cidade. Os nenos sentiron unha grande responsabilidade por ensinar a nosa cidade a outros compañeiros!
Dende o encontro nos Xardíns do Bispo Cesáreo, onde esperaban con caras de expectación, pasando polas Burgas, a Praza Maior, a Catedral, o Parque de San Lázaro e as beiras do río Miño, os pequenos gozaron dunha experiencia incrible e novedosa. Feito o traballo de guías, todos xuntos compartimos comida e xogos no parque Miño!
Xa para rematar, fixemos intercambio de agasallos! Eles obsequiáronos cunhas chapas feitas a man e personalizadas, e nós entregámoslle a nosa guía de Ourense editada.
Con moita mágoa tivemos que voltar aos nosos respectivos centros. Agardamos volver a atoparvos compañeiros e compañeiras do Saladino!

Deixámosvos a nosa guía turística de Ourense e o making off de todo o proxecto de investigación “Afondando en Ourense”.





martes, 19 de junio de 2018

ESTE VERÁN LÁNZATE Á AVENTURA COA LECTURA

Lectores xa estamos rematando o curso!! O verán está á volta da esquina!! O equipo da  Biblioteca espera que disfrutedes este tempo de lecer e que vivades mil aventuras na compaña de boas lecturas.  Na nosa selección para este verán atoparedes libros que aceleran o pulso nas noites estreladas, libros cheos de sentimentos que quentan o corazón nas tardes á sombra, historias que amenizan as sestas nos días calurosos. Os libros son grandes compañeiros para vivir mil aventuras. Non vos esquezades de meter os vosos na maleta.