lunes, 25 de enero de 2021

RECURSOS DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 2021

Ao longo da semana do 25 ao 30 de xaneiro traballaremos o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ.

Fixemos unha selección de recursos para traballar nas aulas:


 

Fixemos tamén a tradicional exposición de libros sobre A PAZ no corredor de entrada á biblioteca. 
Tamén acordamos a realización de diversas actividades coma confección de bandas ou brazaletes e muíños de papel con frases e palabras relacionadas co significado desta celebración. 

sábado, 23 de enero de 2021

ENCONTRO CON ANTÍA YÁÑEZ

Fai, máis ou menos, dous meses chegaron as nosas mans os libros cos que íamos participar nos ENCONTROS CO AUTOR/A  deste ano. En canto comezamos a ler "PLAN DE RESCATE" de ANTÍA YÁÑEZ, que por certo está na biblioteca do centro, cautivounos... "profe é divertidísimo", "e... aparecen "tacos", "profe eu xa o lin en dous días", "encántame a parte das escopetas", ¨´lese rapídísimo"... 

O tema de que uns nenos da aula de apoio se convertesen en rescatadores dun secuestro no colexio tamén lles encantou. 
Despois investigamos algo sobre a autora, saber que era galega e que xogaba ao Among Us (un dos videoxogos preferidos dos alumnos de 5º) fixo que non pensaran máis que en coñecela. E ao final chegou o día, estaban moi nerviosos, pero a visita de Antía non os defraudou, deixou de lado a presentación que tiña preparada e dedicouse a contestar todas as preguntas que tiñamos sobre o libro, sobre o proceso de elaboralo, sobre ela, sobre como comezou a escribir... soupolles a pouco. Se puidesen quedarían con ela toda a mañá. Así que só nos queda repetir desde aquí: grazas polo libro e pola visita!





Este é o libro que lemos:



PLAN DE RESCATE gañou o III Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade 2020. "Conta as aventuras de Xeila, Heitor, Aldán e Noela mentres traballan na aula de apoio da súa escola. Oen un estrondo, e a profesora, Xoana, desaparece cando que vai comprobar que pasou. Onde estará? E o resto do colexio? Por que anda a policía fóra?"

E estes son outros libros de Antía Yáñez. Animádevos a coñecelos!: