miércoles, 23 de junio de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN 2021

Xa temos aquí as nosas recomendacións para gozar ao longo destas merecidas vacacións (este curso máis merecidas ca nunca) de bos momentos con lecturas para todos os gustos e as idades. 

Recordade que un libro é un bo amigo e está agardando sempre por nós, desexando contarnos a súa historia e que pasemos as súas páxinas... non deixedes de achegarvos a eles, ben sexa na casa ou ao aire libre, na praia ou na montaña, sós ou acompañados, onde vos atopedes... gozade con boas lecturas este verán!!

sábado, 12 de junio de 2021

CHARLAS SOBRE O CAMIÑO 3

O luns 10 de maio os nenos e nenas de 5 anos B contaron coa visita de Elena Fidalgo Laínez, unha profe que sabe moitas cousas sobre o Camiño de Santiago. Faloulles dos 3 camiños principais, o Francés, o do Norte e a Vía da Prata. Sobre un mapa foron pondo  fotos das  localidades máis importantes polas que pasan os distintos camiños. Preparounos varios xogos para deixar na clase: Tres en raia, De contas polo Camiño, Lince do Camiño, Todo en orde!, Localizados! e Bingo cruzado do Camiño.

 Elena agasallounos cunhas postais onde aparecen os nen@s de peregrinos nos lugares máis emblemáticos das diferentes localidades polas que pasan os tres camiños.

A partir de aquí, os pequenos e pequenas de 5 anos, seguiron investigando e realizando actividades arredor do Camiño:

MAPA DAS PRINCIPAIS RUTAS DO CAMIÑO:

ETAPAS DAS DIVERSAS RUTAS:


O LAPBOOK DO CAMIÑO:


  


OS NOSOS MAPAS E A  NOSA "COMPOSTELANA":




viernes, 11 de junio de 2021

CHARLAS SOBRE O CAMIÑO 2

Continuando coas charlas sobre O Camiño realizadas ao longo do mes de maio, tamén temos que destacar as que impartiron Carlos López Blanco e Ana Rosa Cid que viñeron a explicarlles aos rapaces e ás rapazas de 4º, 5º e 6º de primaria, que ademais das tradicionais formas de facer o Camiño (a pé, a cabalo ou en bicicleta) había  unha cuarta forma moi orixinal de realizalo: en "kayak" . 


Partindo de San Vicente do Mar, realizaron o seu percorrido en kayak a través da Ría de Arousa, facendo distintas etapas entre as illas desta ría, continuando logo polo río Ulla ata Padrón e facendo os últimos tramos do camiño xa a pé, ata chegar a Santiago de Compostela. 


Segundo a tradición, os restos do Apóstolo foron traídos a Galicia polo Mediterráneo  e entraron a Galicia pola Ría de Arousa e o río Ulla ata chegar a Iria Flavia, para ser trasladados finalmente a Santiago. 

Ademais de explicarlles a súa experiencia cos kayaks, as súas dificultades e vantaxes, tamén lles falaron do significado do Camiño, das diferentes rutas, dos símbolos... e tiveron que contestar a unha morea de preguntas que lles fixeron os nenos e nenas sobre esta forma, que a maioría non coñecía, de realizar O Camiño. 


martes, 8 de junio de 2021

ENQUISA ANUAL

Deixámosvos o enlace á unha enquisa para que valoredes o funcionamento da biblioteca ao longo deste curso 2020-2021: