miércoles, 20 de marzo de 2019

FICHAS TRABALLO INVESTIGACIÓN 5ª SEMANA

Lectores e lectoras, como xa estamos na quinta semana do noso traballo de investigación imos compricalo  un pouco: Neste caso as respostas non as ides atopar no recuncho de Biblioboque, nin nos avós e avoas, aínda que eles seguro que as saben  non vos vai facer falta preguntárllelas.
Esta vez a sabedoría está en vós, porque ben seguro que sen buscar en ningún recuncho, vós xa sabedes a resposta.
Estas son as preguntas para os nenos e nenas de 2º e º de primaria:
Saben contestar os nenos e nenas de 4º ás preguntas da súa ficha?
O alumnado de 5º e 6º de primaria debe saber responder ás súas preguntas:
Agora...a pensar!! Os sabios esta vez sodes vós!!

miércoles, 13 de marzo de 2019

AS NOSAS POESÍAS


Xa están expostas todas as poesías  que se entregaron na biblioteca para o concurso de poesía Este ano a temática das mesmas versaba sobre a natureza. Todas se axustan ás bases:o alumnado de infantil, 1º e 2º de Primaria podían copia unha poesía e decorala, os de 4º, 5º e 6º de Primaria debían presentar unha poesía inédita.
Estas son as poesías presentadas:

Facede un descanso, botádelle unha ollada a todas as expostas e lédeas, vanvos encantar!!!

Estade atentos a decisión do xurado

lunes, 11 de marzo de 2019

FICHAS TRABALLO INVESTIGACIÓN 4ªSEMANA

Rapaces xa estamos na 4ªsemana do noso traballo de investigación.
Os nenos e nenas de 2º e 3º siguen buscando información no ABREMENTE para completar a seguinte ficha:

Os nenos e nenas de 4ºEP poden atopar as respostas ás nosas preguntas desta semana no libro:
PAZ, AGUSTÍN: Los guardianes del bosque. Ed.Algar e completar a seguinte ficha:

Os nenos e nenas de 5º e 6º poden atopar ás solucións ás preguntas consultando o libro:
 RIVAS, E: Ocastiñeiro e as castañas ou preguntándolles aos avós e avoas que saben moito de castañas e castiñeiros. Esta é a súa ficha:

jueves, 7 de marzo de 2019

8 DE MARZO : DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O día 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller , un día que conmemora a loita das mulleres pola súa participación activa na sociedade en igualdade de oportunidades. Esta é unha celebración que traspasa fronteiras,  celébrase en moitos países do mundo e  que conmemora  máis de noventa anos de loita por parte  de moitas mulleres co obxectivo de acadar a igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento pleno.  
Todos os anos se elixe un tema para celebrar este día, o tema elexido para este ano é "pensemos en igualdade, constuamos con intelixencia, innovemos para o cambio" e céntrase nas formas innovadoras  nas que podemos avogar pola igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres, en especial nas esferas relativas aos sistemas de protección social, o acceso  aos servizos públicos e a infraestructura sudable.
Se queredes ler a declaración picade no seguinte enlace:  DECLARACIÓN .
Se queredes coñecer a historia deste día picade no seguinte  enlace  HISTORIA DESTE DÍA
 Ou ollade os seguintes  vídeos:



Nos seguintes enlaces atoparedes recursos para traballar na aula este día:

Vídeo sobre a igualdade no reparto das tarefas domésticas:


Unha homenaxe ás mulleres galegas que fixeron historia: