sábado, 28 de octubre de 2017

O SAMAÍN NA BIBLIOTECA

Estas últimas  semanas do mes de outubro na biblioteca desenvolvéronse moitas actividades relacionadas co Samaín:
Decoramos a biblioteca con bruxas, morcegos, arañas...


Dos andeis saíron libros que dan moito, moito medo!!!  Lédeos, están todos a vosa disposición

Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely by Slidely Slideshow
Nos obradoiros  dos recreos traballamos a reo decorando as cabazas...


Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

Para transformalas en bruxas, morcegos, piratas, caveiras....Que dan moito, moito meeedo!!!


cabazas samain

PARABÉNS, rapaces!!! Sodes todos uns ARTISTAZOS!!!

jueves, 26 de octubre de 2017

REUNIÓN CLUB DE LECTURA

O venres, durante o tempo do recreo e da hora de ler,  a Biblioteca recibiu aos 29 nenos e nenas de 5º e 6º de primaria que forman parte do Club de Lectura.
Nesta primeira reunión Sabela, a coordinadora, explicoulles que era un club de lectura (unha reunión de persoas que len ao mesmo tempo un libro e que se reúnen unha vez á semana para comentar e dar as opinións sobre os textos lidos). Presentoulles o libro O PRINCIPIÑO, que vai ser o libro co que empezarán a traballar, que levarán para a casa e alí lerán as páxinas que se determinen.  
Os nenos dividíronse en dous grupos (un con 19 compoñentes e outro con 20), en asemblea  buscaron os nomes de cada grupo, decidiron poñerlle a un grupo o nome de GUSICROSS e a outo grupo puxéronlle o nome de XARDÍN DOS LIBROS.
Todos os venres reuniranse na biblioteca para comentar o lido por todos os compoñentes do club e para realizar as actividades que se acorden.
Esta primeira reunión foi unha boa experiencia para todos e están desexando que chegue o seguinte venres!!!



Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

miércoles, 25 de octubre de 2017

FORMACIÓN

Os alumnos de 1º de Primaria estiveron na biblioteca na hora de ler, alí recibiron información sobre como atopar os libros, o que significaban os tejuelos dos libros, buscaron libros nos andeis e repasaron as normas da biblioteca. Acabaron a sesión co préstamo de libros


Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

lunes, 23 de octubre de 2017

DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR

O 24 de outubro celebramos o Día Internacional da Biblioteca Escolar, unha data que se celebra dende o ano 1997 en recordo do incendio da Biblioteca de Saraxevo  en 1992 durante o conflito dos Balcáns (se picades no anterior enlace atoparedes ampla información deste suceso).
Faise esta celebración para destacar a importancia da biblioteca como un lugar de encontro de lectores e para concienciar á sociedade da importancia da lectura e agradecer o esforzo de todas as persoas que traballan nas bibliotecas.

Para celebrar este día, na hora de ler, o alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria verá a seguinte presentación en powerpoint sobre as bibliotecas:


Os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria verán unha presentación sobre as bibliotecas máis raras do mundo para facer, ao longo de toda a semana, un traballo de investigación que plasmaremos nun mural sobre "As Bibliotecas máis RARAS do Mundoª



Aquí tedes os nenos de infantil durante a proxección que se realizou na nosa biblioteca,  seguírona moi interesados e participaron con ganas no debate!!



Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely Gallery by

jueves, 19 de octubre de 2017

MOCHILAS VIAXEIRAS

Esta semana volven a rular as mochilas viaxeiras en todos os cursos de primaria, actividade que lle permite á biblioteca o contacto coas familias coa intención de conseguir a súa colaboración e participación na formación de lectores e lectoras.
O contido de cada mochila e o que buscamos con esta actividade vai explicado na seguinte carta que se lle envía a cada familia:

Esperamos que tanto o alumnado como os seus familiares gocen e compartan con ilusión as lecturas que seleccionamos.



lunes, 16 de octubre de 2017

CONCURSO CONTOS DE MEDO

Ola lectores, xa está en marcha o primeiro concurso do curso : O  V CONCURSO DE CONTOS DE MEDO. Este ano, en colaboración co Equipo de Voz Nature e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e  seguindo as directrices do noso Plan de Lectura, os contos versarán sobre feitos da nosa contorna. Se queredes participar lede con moita atención o cartel:


OBRADOIRO DE CABAZAS

Como en todos os anos, ante a proximidade do SAMAÍN,  na biblioteca desenvolveremos, na hora do recreo dende o  16  ata o 27 de outubro, un obradoiro para decorar as cabazas. Se queres participar achégate coa túa cabaza ata a biblioteca  e decóraa da forma máis terrorífica que queiras.


domingo, 15 de octubre de 2017

PREPARANDO O SAMAIN

Pouco a pouco o curso vai avanzando. As noites chegan cada vez máis pronto, temos que abrigrarnos  un pouco máis...  Estamos no pleno outono!!   Tempo de castañas, follas secas, da recollida do millo e das cabazas... Estamos no tempo no que celebramos o Samaín!!!  Unha festa de orixe celta na que se reunían  se reunían no camposanto para comer o porco do samaín co medo no corpo, pois as ánimas do outro mundo ameazaban con vir rendir contas aos moradores do mundo dos vivos.
Para afastalas, os guerreiros poñían nas murallas ou encastradas nas paredes as caveiras iluminadas dos inimigos, caveiras que pouco a pouco se foron sustituíndo por cabazas.
 Se picades neste enlace coñeceredes a orixe desta festa  ORIXE DO SAMAIN
Na seguinte  unidade didactica atoparedes moita información sobre o Samaín:
Nas seguintes páxinas atoparedes recursos para traballar o Samaín nas aulas:

RECURSOS
Recursos Samain

ACTIVIDADES INTERACTIVAS:
SAMAIN E O OUTONO
Actividades LIM O Samaín
 CREBACABEZAS: Chegou o Samaín









miércoles, 11 de octubre de 2017

BIBLIOPATIO

Hoxe, na hora do recreo e  grazas os nosos colaboradores, un  anaquiño da nosa biblioteca percorreu o patio de  infantil.  A actividade do BIBLIOPATIO botouse a andar!!!
A partir de agora en todos os recreos da mañá, agás os dos mércores, dous colaboradores baixarán ao patio un carro cargado de libros,  adaptados aos nenos de infantil, para que os nenos que queiran podan disfrutar da súa lectura e teñan a experiencia dun recreo diferente.
Esta é  unha actividade que goza de moito éxito tal e como se pode ver no vídeo e ue nos confirma QUE CALQUERA  LUGAR É BO PARA A LECTURA!!


lunes, 9 de octubre de 2017

CLUB DE LECTURA


O equipo da biblioteca prepara unha nova actividade: abrimos un club de lectura na biblioteca!!!
Se eres alumno de 5º ou de 6º de primaria e che apetece pasar un tempo divertido ao redor dun libro le con moita atención o cartel.




COLABORADORES


Os novos axudantes da biblioteca ( 20 alumnos voluntarios  de 6º de primaria) xa recibiron a formación necesaria e firmaron o seu cotrato no que se comprometeron, cheos de ilusión, a desenvolver, ao longo de todo o curso,   moitas e variadas actuacións entre as que destacamos:
  • Colocar  correctamente os libros   nos andeis e manter en orde a biblioteca.
  • Axudarlle aos nenos a buscar os fondos que precisen.
  • Repara os fondos que se atopan no hospital.
  • Colaborar nas actividades LIBRO-PATIO e na APERTURA DO QUIOSCO levando e coidando os libros.
  • Comprobar que se cumpren as normas da biblioteca.
O Equipo da biblioteca  agradece a súa colaboración e deséxalles a todos unha experiencia gratificante e motivadora.


Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely by Slidely Slideshow

domingo, 8 de octubre de 2017

OUTUBRO: MES DA BIBLIOTECA

Lectores,  chegamos ao  mes de outubro, o mes no que a biblioteca escolar abre as súas portas e pasiño a pasiño  iráselle ensinando aos novos alumnos e comezarase a desenvolver as diferentes actividades programadas: clube de lectura, mochilas viaxeiras, préstamo de libros, e as múltiples actividades de fomento da lectura para todos os usuarios da biblioteca.
Os que levades anos  traballando  e colaborando para que a biblioteca estea presente no ámbito educativo e sexa un centro de recursos imprescindible para toda a comunidade escolar, coñecedes o profundo alcance que  ten sobre a vida escolar a biblioteca.
O equipo da biblioteca aposta por  por  desenvolver desde a biblioteca  todas as actividades que lle dean presenza no centro e que encandilen aos lectores e que fagan sumar usuarios que disfruten, necesiten, colaboren e usen os seus fondos.


Nos segulntes videos fálanos da  biblioteca e da súa importancia: