Mostrando entradas con la etiqueta lecturas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lecturas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 27 de noviembre de 2019

I SEMANA DA DIVERSIDADE E DA IGUALDADE

Coincidindo nestes días de novembro coa celebración, o día 20, do  Día Universal Do Neno e o día 25, do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, celebramos no colexio a I SEMANA DA DIVERSIDADE E DA IGUALDADE, tratando de impulsar e promover a convivencia, a tolerancia e  o respecto ás diferenzas, valorándoas como un factor de enriquecemento, co fin de acadar valores e actitudes conducentes á igualdade de trato e oportunidades e a non discriminación, tanto dende a perspectiva de xénero como dende a diversidade. 

  I SEMANA DA DIVERSIDADE E DA IGUALDADE     

Empezamos o luns 18 de novembro e ata o día 25, realizamos diferentes actividades:

- OBRADOIROS: impartidos por Tatiana, orientadora do cole,  e Idoya, mestra de PT. Xogos para entender a diversidade, o aillamento que sofren as persoas por ser diferentes, a aceptación das diferenzas e a inclusión. Talleres sobre os estereotipos sexistas (xoguetes, tarefas na casa...), a violencia machista... Intercambio de experiencias e debates. 

OBRADOIROS SOBRE A DIVERSIDADE E A IGUALDADE by Slidely Photo Gallery

- SESIÓNS DE LECTURAS E CONTACONTOS: seleccionáronse libros coa temática da igualdade e o respecto á diversidade. Realizáronse sesións de contacontos e/ou lecturas na biblioteca e nas diferentes aulas. 



A nai de Teo (un alumno de 5 anos), foi a encargada de contarlles aos máis pequenos de 3 anos unha historia de autoestima e aceptación: "ORELLAS DE BOLBORETA".

Os maiores de 6º A acudiron ás aulas dos pequenos e pequenas de 4 anos para contarlles as historias: "GRANDE" e "MARTÍN GRIS".



Os rapaces e rapazas de 6º B inventaron a historia "UNHA OKUPA NO GALIÑEIRO" (relacionándoa co proxecto de Voz Natura NOS SEUS ZA-PATOS). Fixeron unha primeira presentación da mesma que lle pasaron aos pequenos de 5 anos e logo continuaron na zona onde temos os patos, na pequena carballeira do patio do cole.




Noutras aulas, ben os profesores, ben os alumnos, leron e contaron algunha destas historias:







- PROXECCIÓN DE CURTAS E PELÍCULAS: tamén dunha selección entregada a cada curso, proxectáronse curtametraxes e películas nas que a sensibilización sobre a diversidade, a valoración dun mesmo e da aceptación das diferenzas, o respecto, así como a non discriminación e rexeitamento de calquera maltrato eran os temas principais. 

Nestes enlaces podedes visualizar algunhas das que se proxectaron:
- El puercoespín en Navidad
- El cazo de Lorenzo
- Por cuatro esquinitas de nada
- No te rayes, inclusión.
- Un mundo a su medida.
- La desigualdad de género no es un juego de niños.
- Cambia de cuento. Caperucita Roja.
- Igualdad de género. Coeducación.
- Por el principio.
- Igualdad de género. 
- Cuerdas.
- Ian. 
- Lolo, un conejo diferente. 
- Sésamo: Diversidad 


- CANCIÓNS E BAILES: nun acto conxunto cantamos e bailamos cancións sobre a igualdade e a diversidade.
- Canta con Panda la canción de la igualdad. 
- Yo estoy muy orgulloso. 


E con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, eleximos un lema, que se plasmou nun mural e que cada neno reproduciu libremente. Tamén nun acto conxunto cantamos e bailamos expresando o noso desexo de que se termine este grave problema.




Estas foron as cancións que cantamos e bailamos:
- Un billón en pie
- Que bonito es querer 



DÍA INTERNACIONAL DE ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER by Slidely Photo Gallery

jueves, 30 de mayo de 2019

NOVAS LECTURAS






Os nenos e nenas de 1ºEP recibiron unha grata sorpresa, Fátima, a nai de Teo, quixo compartir con eles a lectura de dous libros:
O Bruxo Camuñas que de dedicaba a asustar e comer aos nenos e que  conseguiu cortar as unllas grazas á astucia dunha nena que se chamaba Blanca.
A mensaxe principal de Camuñas xira en torno á astucia, como cualidade que é capaz de converter ao mais débil no mais forte. Este libro tamén nos deixa a mensaxe de que, de vez en cando,  temos que mirarnos a nós mesmos para que ninguén nos engane facéndonos crer que somos doutra maneira.
- O Capitán Calabrote,  trata dun pirata que vivía tranquilamente retirado nunha illa deserta na que agochaba un  tesouro ata que un día chegou á illa outro pirata que tamén quería agochar o seu cofre, unha historia moi tenra e entrañable que remata coa celebración da amizade e un canto ao afecto.
Despois da lectura dos libros o rapaces fixeron o compromiso de que ían buscar o tesouro que cada quen levaba dentro, íanno escribir nunha frase e colocalo nun sitio ben visible.
Tal e como se pode ver nas seguintes imaxes foi unha lectura moi fructífera


viernes, 12 de abril de 2019

LECTURA INFANTIL

Seguimos celebrando o mes de abril  coa lectura de diferentes libros aos nenos máis pequenos do cole.
 Esta vez os alumnos de 4ºA, Hugo e Ainhoa, foron á clase de 4º de infantil para ler con todos o libro: "A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza ".
Despois de ler o libro e de observar as diferentes láminas fixeron cos nenos xogos de memoria que tiñan preprados.
Todos disfrutaron con esta experiencia



jueves, 4 de abril de 2019

LECTURAS DÍA DO LIBRO INFANTIL


Ao longo desta semana , para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil,  desenvolveranse ,  na hora de ler, nas clases de infantil sesións de lectura na que nenos e nenas de primaria lle lerán aos  nenos e nenas de infantil os libros que seleccionamos .

 África, unha alumna de 1º de Primaria, leulle aos nenos e nenas de 5º de Infantil o libro: "Te Quiero Abuelo". Todos estiveron moi atentos e participaron na lectura comentando as súas historias cos seus avós. Ao rematar todos debuxaron o que lles gusta facer co seu avó. Os debuxos estarán expostos no corredor da biblioteca na sección As Nosas Lecturas. Pasade a mirar que artistas son todos eles. 
 Esta é unha pequena mostra da sesión de lectura:

lectura te quiero abuelo

Mirade cantas cousas fan os nenos cos seus avós

viernes, 2 de marzo de 2018

RECITADO DE POESÍAS. DIA DE ROSALÍA

Para rematar este  mes de febreiro, mes dedicado á nosa escritora galega máis universal,  o mércores 28, na Hora de Ler,  os alumnos de 6ºB deleitáronos cun recitado de Poemas de Rosalía de Castro
Fixeron unha selección dos versos recollidos nos libros Follas Novas e Cantares Gallegos.  Con moita emoción foron desgranando:  Eu tiven un cravo, Adios Ríos,  Campanas de Bastabales... Así de ben soaron os versos de Rosalía



jueves, 23 de marzo de 2017

21 DE MARZO: POESÍA E ÁRBORES

ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O DÍA DA POESÍA E O DÍA DA ÁRBORE:


1- O equipo da biblioteca desenvolveu un OBRADOIRO DE POESÍA  no que participaron os alumnos e alumnas de educación infantil, e de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria.
A finalidade deste obradoiro era a de crear sinxelos poemas de forma individual ou colectiva, pretendendo acadar os seguintes obxectivos: 
- Disfrutar xogando coas palabras.
- Crear un poema ou transformar un xa existente.
-Valorar a importancia das árbores nas nosas vidas.
- Coñecer as consecuencias da tala indiscriminada das árbores.

Todos os poemas están expostos no corredor da entrada da BIBLIOTECA, merece a pena que lle botedes unha ollada.

Esta é unha pequena mostra:




2- Na biblioteca, na HORA DE LER, o propio 21 de marzo, realizamos unha actividade moi interesante: alumnos de infantil, de 3º, 4º e de 5º de Primaria RECITARON POESÍAS. Luis recitou maxistralmente a poesía CEREZO DE PÁJAROS, Adela de 4º emocionounos recitando a PAXARA PINTA do libro Cantarolas, Iris de 4º elexiu o libro Rimas con letra para ler a poesía COA LETRA Ñ, Carlos de 5º interpretou a poesía POLO LARANXAL do libro A Roseira do Teu Mencer, Claudia de 5º decidiu participar coa poesía LAIÑO, Sheila de 3º leu unha nana do libro Carabín- Carabón. Remataron a sesión os nenos de infantil recitando a coro as poesías BOLBORETA, os de 4º de Infantil, e UN MUNDO DE CORES, os de 5º e 6º de Infantil. Todos disfrutamos con esta actividade que esperamos repetir moi pronto.



POESIAS by Slidely Photo Gallery

sábado, 17 de diciembre de 2016

CONTACONTOS


As alumnas de 5º de primaria Isamar Lamelas e Ariadne Franco escolleron o libro "A CAIXA MÁXICA" para lérllelo aos nenos máis cativos do cole na hora de lectura. 
Acompañaron a lectura do libro cunha presentación  Power Point , na pizarra dixital, das láminas do libro.
Os nenos mostraron moito interese e participaron con xestos e movementos na lectura do libro.
Foi unha actividade que deixou moi satisfeitos tanto as nenas que leron o libro como aos nenos que o escoitaron.
Esperamos repetir esta experiencia moitas mais veces ao longo do curso.



a caixa máxica - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

lunes, 20 de junio de 2016

CONTO :O LIBRO DA SELVA

Os nenos e nenas de 6ºA de Primaria, dirixidos pola mestra da Once,  deleitaron aos nenos/as de infantil e de 1º e 2º de Primaria coa interpretación, mediante a técnica das Caixas Negras, do LIBRO DA SELVA.
Esta interpretación forma parte dun programa  de integración, dun alumno da ONCE cos nenos e nenas da clase, desenvolvido ao longo de todo o curso.
FOI UNHA EXCELENTE INTERPRETACIÓN!!

jueves, 28 de abril de 2016

SESIÓN DE CONTACONTOS

Seguindo coas actividades realizadas na biblioteca para celebrar o Día do Libro, as alumnas Adela e Lola agasallaron aos nenos e nenas de 4º de Educación Infantil coa lectura e a interpretación do libro Érase una vez Don Quijote. Foi unha actividade moi interesante e os nenos pasárono moi ben.