lunes, 15 de marzo de 2021

CENTENARIO DA REVISTA NÓS

No ano 2020 pasaron moitas cousas extraordinarias no mundo... unha delas, que seguro pasou desapercibida, foi o centenario da primeira publicación da Revista Nós. Algo que esta intimamente relacionado con Ourense e coa Xeración Nós que tamén tivo as súas raices na nosa cidade. Concretamente o número 1 da revista foi publicado o 30 de outubro de 1920. 
A semana pasada, cada alumno e alumna de 5º de primaria elexiu un personaxe ou aspecto relacionado coa Revista para investigar: Castelao, Vicente Risco, Florentino Cuevillas, a revista, a Xeración...  foron algún dos temas escollidos.

"Unha vez recollida a información, realizamos un coloquio conxunto onde os rapaces e rapazas fomos expoñendo as nosas averiguacións e opinións. 

Para rematar de profundizar no tema, o 9 de marzo fixemos unha visita virtual á exposición que fisicamente se atopa no centro cultural Marcos Valcárcel da nosa cidade. Para iso contamos coa axuda de Tatiana Feijoo, que foi a encargada de guiarnos de maneira virtual pola exposición: "Galicia, de Nós a nós". Ela puxo a proba os nosos coñecementos con moitas preguntas. Pero tamén descubriunos: o nacemento dos xornais galegos e a súa vinculación coa revista, se había mulleres que colaboraban coa revista, de onde sacaba as ideas das portadas Castelao e mil cousas máis...

Merece a pena! Se podedes, ide a visitala!" 

Nestas fotos vedes algúns momentos da visita virtual e da charla con Tatiana:








Se queredes ter máis información sobre a Revista, a Xeración Nós e ver todos os números publicados, premede no seguinte enlace:

viernes, 12 de marzo de 2021

A MULLER NO DEPORTE

Este ano centramos o traballo do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER en destacar a figura da MULLER NO DEPORTE.


En cada aula realizouse un traballo de investigación sobre unha deportista destacada e con esa información elaborouse un cartel que logo se expuso nun gran mural conxunto. Destacáronse deportistas como: Ana Peleteiro (atleta), Lara Balseiro (xogadora de fútbol sala), Ane Santesteban (ciclista), Elsa Baquerizo (xogadora de voleibol), Gemma Mengual (nadadora de sincronizada), Garbiñe Muguruza (tenista), Marta Bobo (ximnasta rítmica), Carmen López (surfista), Laia Sanz (piloto de motos), Gisela Pulido (kitesurf), Amaya Valdemoro (xogadora de baloncesto), Mireia Belmonte (nadadora), Almudena Cid (ximnasta), Liliana Fernández (xogadora de voleibol), Lydia Valentín (halterofilia), Carolina María Marín (xogadora de bádminton)...







Ademais deste traballo de investigación realizado na semana previa, o propio 8 de marzo tivemos no colexio unha xornada moi especial na que a muller e o deporte foron protagonistas. 
Primeiro, todos os alumnos e alumnas realizaron unha videoconferencia con Lucía Méndez Lamas, xogadora de baloncesto no ISE COSTA DE ALMERÍA e logo recibimos no propio centro a visita de deportistas da nosa localidade: 
- Sara Moreno, Iria Saeta e Jenny Lores do EQUIPO DE FÚTBOL SALA ENVIALIA.
- Gladys Giráldez López e Rebeca Kruse Rua do CLUB VOLEIBOL OURENSE (categoría senior).
Antía Rodríguez Méndez e Nadia Ramos Álvarez (antigas alumnas do centro) do CLUB VOLEIBOL OURENSE (categoría cadete).
Elas explicáronnos as súas experiencias e vivencias como mulleres no deporte:

·         Estereotipos de xénero mais comúns no deporte.

·         Igualdade / desigualdade no deporte e na súa práctica.

·         Linguaxe empregada, trato cara a muller deportista.

·         Vestiario e equipación, tipo de vestimenta…

·         Persoas referentes mulleres/homes… (fútbol, baloncesto,       voleibol…)

·         Publicidade (medios de comunicación), xornais….sección   deportes.

·         Oportunidades de traballo, salario….

·         Barreiras e dificultades atopadas para acceder ao deporte.

·         Valores e actitudes.

   Contestaron ademais a todas as preguntas que lles fixeron os nenos e as nenas, xogaron cos máis pequenos, ensináronlles técnicas propias do deporte que practicaban, asinaron autógrafos...  unha completa xornada que encantou a todos e a todas. 

No seguinte vídeo temos un resumo dos momentos vividos:

jueves, 4 de marzo de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: EXPOSICIÓN DE LIBROS

Para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, que se celebra cada 8 de marzo, comezamos coa exposición de libros sobre esta temática para dalos a coñecer a toda a comunidade. Biografías de mulleres científicas, escritoras, activistas, defensoras da igualdade de dereitos... e tamén libros con historias sobre mulleres valentes, loitadoras, que souberon, a pesar das dificultades, seguir o camiño que se marcaron e historias tamén divertidas co trasfondo da igualdade e o estereotipo de xéneros. 



 




Na seguinte presentación temos a selección de libros:


martes, 2 de marzo de 2021

MAÑÁ DE RAP

Se o pasado 22 de febreiro celebrabamos o mes da poesía cunha mañá de  REGUEIFAS (forma de expresión oral propia da cultura galega). O día 25 os alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria tiveron contacto tamén cunha forma de expresión oral moderna: O RAP, que ten certas similitudes coa regueifa: rima, improvisación, ritmo, oralidade, denuncia, temas de actualidade... 

Se Pilar Mira instruiunos na regueifa, foi o rapeiro ALAN ÁLVAREZ ARAÚJO, "EL ALANBUR" o que nos introduciu no mundo do RAP. Estas son algunhas notas da súa presentación: 

RAP- FREESTYLE 

"Tengo 24 años y llevo en el mundo del HIP HOP  desde los 13 años, donde descubrí el rap y a su vez el freestyle... ha sido un apoyo en mi vida para expresarme y "sacar" todo lo que llevo dentro, tanto improvisando como escribiendo... compito en batallas de freestyle desde hace unos 4 años, a nivel regional, autonómico y nacional.. otra de mis pasiones es ejercer de monitor de ocio y tiempo libre y juntar las dos cosas, me parece una idea excelente: mostrar a los niños el valor de la rima, el rap y la improvisación... me parece muy interesante y divertido para ellos".

A actividade realizouse no patio do colexio, gardando as medidas establecidas no protocolo COVID. Alan explicoulles o que era o rap e o freestyle e fixo improvisacións con palabras que lle ían dicindo os nenos e as nenas: zarigüeya, otorrinolaringólogo, coronavirus, igualdad, brócoli, Charizard...
 


 





Tamén fixeron exercicios de expresión corporal, rimas, ritmo... que encantaron aos nenos e ás nenas. 





Logo os alumnos e as alumnas, entusiasmados, seguiron coas súas improvisacións na aula.

lunes, 1 de marzo de 2021

MES DE ROSALÍA

Pouco a pouco imos recibindo os traballos que se foron realizando nas distintas aulas para festexar a Rosalía e a poesía, comezamos polos máis pequenos:

DECORARON MARCAPÁXINAS:





XOGARON CON ROSALÍA E COA POESÍA:

















E estes son algúns dos traballos realizados polos maiores:

CONFECCIONARON MARCAPÁXINAS:



TRABALLARON  SOBRE AS POESÍAS DE ROSALÍA:





ADORNARON O PELO DE ROSALÍA CUN DOS SEUS POEMAS: