lunes, 30 de enero de 2017

RECEITAS PARA A PAZ


Dado que estamos inmersos no programa de Voz Natura: "RECICLAMOS LIXO CO MELLOR SORRISO"quixemos aunar dúas datas sinaladas e de especial significado: O DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL que se conmemora o 26 de xaneiro e o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ, que se celebra o 30 de xaneiro. 
Os alumnos e alumnas de 5º de Primaria, realizaron a actividade RECICLAXE DE SENTIMENTOS. Nun gran contenedor meteron as palabras contrarias á convivencia, e a todo o que supón amor, axuda, cooperación... alí introduciron palabras como guerra, odio, desprezo, acoso, exclusión, dor, destrución, agresión... palabras que deben ser tratadas e "recicladas". Para iso, foron trituradas, partidas en anaquiños para desfacer o seu poder... e despois de pasar pola planta de tratamento saíron "renovadas" en palabras que nos falan de paz, de solidariedade, de integración, de empatía, de igualdade, de tolerancia, de xustiza, de inclusión, de diálogo, de respecto... e puxéronnas á disposición de todos na FESTA DAS PALABRAS. E que fixemos con elas?

1- Con estas fermosas palabras que nos brindaron, elaboramos saborosas RECEITAS DE PAZ, que nos falan de convivencia, de compañeirismo, de axuda, de colaboración, de perdón... dos ingredientes necesarios para unha boa convivencia. 

DESPOIS DESTE TRABALLO (desenvolido en obradoiros ao longo de toda a semana) 


Insertar en Blog - collage

DEGUSTAMOS ESTAS RECEITAS!!!


BO PROVEITO!!

2- Aproveitamos para facer un "REMUÍÑO DE IDEAS" e con elas elaborar "NUBES DE PALABRAS" con axuda dun recurso "tic", para expresar visualmente, dunha forma gráfica moi sinxela, cales eran para cada un de nós as palabras máis importantes ou que mellor englobaban o significado da palabra PAZ. 



Na seguinte presentación podedes visualizalas máis de cerca:

DÍA DA PAZ

Desde o ano 1964, para conmemorar a morte de GANDHI  (un líder espiritual e nacional da India que foi asasinado por un fanático hinduista), celebramos cada 30 de xaneiro o  DÍA  ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA, unha xornada na que se recorda a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz. 
No seguinte video fan un resumo do que se pretende neste día:



Se picades nos seguintes enlaces atoparedes  páxinas con moitos recursos para traballar este día 
DÍA DA PAZ
RECURSOS
CONTOS PAZ
Na BIBLIOTECA sacamos dos andeis os libros que versan sobre a PAZ e os VALORES e colocámolos na entrada da BIBLIOTECA para que disfrutedes coa súa lectura: