Xa chega o NADAL e con el o tempo de lecer, de ledicia, de regalos, de xuntanzas, de adornar as casas, as rúas , o colexio .... As campás, os anxos, as estrelas, as luces de cores son algúns dos adornos que , nestas datas nos envolven nun clima cálido, familiar e festivo.
Pero, que significado teñen todos estes adornos que con tanta ilusión colocamos nas paredes, portas e fiestras? Se picades no seguinte enlace saberedes cal é o significado dos diferentes adornos do Nadal.
Tamén é tempo de sentarse a unha mesa para saborear comidas típicas do Nadal. O seguinte enlace convídanos a darlle unha volt ao mundo, pero ao redor dunha mesa, para así coñecer os pratos de Nadal mais tradicionais:
Se queredes coñecer receitas típicas e de sobremesa do Nadal españolas, tal e como se propón no PLAN ANUAL DE LECTURA, picade nos seguintes enlces:
SOBREMESAS
Neste libro aparecen receitas típicas do Nadal, moi sinxelas, para que practiquedes nestas festas:
A BIBLIOTECA xa está preparada para celebrar estas festas do NADAL: a porta, decorada para a ocasión, convídanos a entrar, recrear a vista cos adornos colgados no teito e nas paredes e disfrutar da maxia da lectura de todos os libros seleccionados para a ocasión.