Mostrando entradas con la etiqueta Día Internacional Bibliotecas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día Internacional Bibliotecas. Mostrar todas las entradas

viernes, 30 de octubre de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS CON MAFALDA

Este ano quixemos adicar o DÍA DAS BIBLIOTECAS ao escritor e debuxante QUINO que nos deixou para sempre o pasado 30 de setembro. Afondando na historietas de MAFALDA, os nenos e as nenas buscaron frases significativas en relación aos libros, á lectura e ás bibliotecas.

ff




Na seguinte presentación podedes ver algún dos  traballos realizados:

lunes, 12 de octubre de 2020

MAFALDA E O DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA

Como seguro que agora xa coñecedes a Mafalda e as outras personaxes que a acompañan, dende a biblioteca propoñemos o seguinte:
- Os pequenos e pequenas de infantil e 1º de primaria, a partir dun modelo de Mafalda dicindo unha das súas famosas frases, colorearán e adornarán dito modelo ao seu gusto, personalizándoo. 
- Dende 2º ata 6º de primaria, darémosvos tamén o modelo co debuxo, aínda que tedes toda a liberdade de facer a vosa propia Mafalda, pero o que queremos e que busquedes a frase que máis vos guste e que a escribades. A frase, tería que ter relación cos libros, coa lectura, coas bibliotecas. Podedes buscala nos libros de Quino, ou por Internet.

A data de entrega dos debuxos sería o 23  de outubro. ¡Animádevos a participar!

sábado, 10 de octubre de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA - 24 DE OUTUBRO

O pasado día 30 de setembro, deixounos un dos máis grandes debuxantes, QUINO. 

Quino é o pai dunha personaxe que nos fixo rir e pensar coas súas frases; estamos a falar de MAFALDA.

Mafalda é unha nena, pequena pero moi sabia, que nos sorprende pola maneira tan sinxela en que nos fai presentes os grandes problemas que ten o mundo; ese mundo que ela reflicte é o dos anos 60 do século XX, pero os temas que saen nos seus diálogos, seguen a estar de actualidade hoxe en día.

Tamén é unha nena moi graciosa, aínda que fale de cousas serias, a maneira en que as di fainos rir.

Este ano o Día Internacional da Biblioteca no noso colexio, vai estar adicado a Quino e a Mafalda; ela, os seus amigos e a súa familia, están a esperar que os coñezades.

Aquí tedes un pdf interactivo que fixo público a REDH Argentina (Red de intelectuales e artistas en defensa da humanidade- Argentina), no que podedes ver e coñecer a todas as personaxes das historias de Mafalda e tamén ler algúns dos seus libros.

Animádevos, xa veredes que paga a pena!

domingo, 27 de octubre de 2019

O NOSO LIBRO FAVORITO

Todos temos o noso libro favorito, as razóns poden ser moi variadas...
- porque lle temos un especial cariño: "regaloumo o meu avó", "deumo a miña madriña polo Nadal", "mercoumo a miña nai cando aprobei 5º curso"...
- porque a historia nos "enganchou": "era divertida, rinme un montón", "ocorre nuns lugares fantásticos", "vai sobre fútbol, o meu deporte favorito", "é unha historia moi romántica", "que medo pasei cando a lin"...
- porque os protagonistas son: "moi guapos", "simpáticos", "moi valentes", "son superheroes", "princesas en apuros", "animais moi listos"...
- porque as súas ilustracións: "son moi chulas", "moi bonitas e grandes, gústanme moito", "as fotos son fantásticas"...
- ou simplemente non sabemos explicar as razóns, sabemos que "ESE LIBRO NOS GUSTOU MOITO, e que por iso é O NOSO  LIBRO FAVORITO"
Deste xeito foron os comentarios que realizaron os nenos e nenas como resposta á actividade  "O NOSO LIBRO FAVORITO", proposta que se realizou para conmemorar o DÍA DAS BIBLIOTECAS.
Cada neno e cada nena trouxo o seu libro favorito ao cole,  logo explicou ao resto de compañeiros da súa clase as razóns da súa preferencia (algunhas como as descritas previamente) e, finalmente todos plasmaron plasticamente a unión de cada un co seu libro: debuxáronse (os máis pequenos de 3 e 4 anos pegaron a súa foto) suxeitando unha fotocopia da portada do seu LIBRO FAVORITO.

Fixemos unha gran exposición cos traballos realizados, exposición que ocupou varios corredores, tanto da primeira como da segunda planta. Aquí tedes unha mostra:


martes, 22 de octubre de 2019

24 DE OUTUBRO:DIA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS




O 24 de outubro celebramos o Día Internacional das Bibliotecas, unha efeméride que se celebra desde o ano 1997 e que xurdiu  coa proposta da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil en lembranza da destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada no ano 1992 na Guerra dos Balcáns. Unha efeméride que pretende dar a importancia da  biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura e homenaxear aos bibliotecarios como impulsores da lectura  como unha ferramenta da mellora da formación e a convivencia humana.

Con esta efeméride preténdese educar ás persoas de todas as idades sobre os valores da lectura e da cultura que se atopan nas bibliotecas e salientar o labor das bibliotecas como centros de integración e socialización que demostran decote que os libros están ao alcance de todas as persoas que desexen mergullarse entre as súas páxinas.
A edición deste ano céntrase en destacar o labor das bibliotecas na promoción da igualdade de xénero. Este é o video da súa presentación:



Para conmemorar este día o Equipo da Biblioteca pretende desenvolver a actividade: "O MEU LIBRO FAVORITO" Cada neno/nena traerá da súa casa o deu libro favorito para facerlle unha fotocopia da súa portada, despois debuxarán a súa cara nun folio e recortarán as mans que se proporcionan desde a biblioteca para facer  un mural que se exporá no corredor da biblioteca.

jueves, 25 de octubre de 2018

ACTIVIDADES DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

Para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas Escolares desde a Biblioteca desenvolvéronse diferentes actividades :
Todo o alumnado de Infantil disfrutou coa representación realizada polos alumnos de 4º B, con monicreques no teatriño,  do libro O Mago e a Folla:


Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely by Slidely Slideshow








Os alumnos de 6º realizaron unha sesión de formación coa encargada da biblioteca. Realizaron un percorrido  polas diferentes seccións, fixeron un repaso dos tejuelos e das etiquetas que levan os libros e, por último,  fixeron unha series de prácticas colocando diferentes libros no seu andel correspondente.





Inauguramos a exposición dos "nosos recunchos preferidos da biblioteca" na que todos os nenos do cole fixeron a súa aportación debuxando o seu lugar preferido. fixeron debuxos moi interesantes, esta é unha pequena mostra:

Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

domingo, 21 de octubre de 2018

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

Un ano mais o día 24 de outubro celebraremos o Día Internacional das Bibliotecas, unha data que se celebra desde o ano 1997 pola iniciativa da Asociación de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil para lembrar o Incendio da Biblioteca de Saraxevo no ano 1992 durante o conflito dos Blacáns ( Se picades no anterior enlace atoparedes unha ampla información sobre este suceso).
Faise esta celebración para destacar a importancia da Biblioteca como un lugar de encontro de lectores,  para concienciar á sociedade  da importancia da lectura e para agradecer o esforzo de todas as persoas que traballan nas bibliotecas.
Na Biblioteca celebraremos este día coas seguintes actividades:
- Representación   con monicreques a cargo dos nenos e nenas de 4º B para o alumnado de Educación Infantil do conto O Señor Mago e a Folla.
- Sesións de formación na Biblioteca para o alumnado de Primaria.
- Inauguración da exposición: Cal é a  sección da Biblioteca que máis che gusta? na que colabora todo o alumnado do centro.
Video sobre o día Internacional da Biblioteca



Videos para o  fomento da lectura






jueves, 18 de octubre de 2018

OUTUBRO MES DAS BIBLIOTECAS

No mes de outubro a Biblioteca Escolar abre as súas portas e pasiño a pasiño comezaremos a desenvolver todas as actividades que vós temos programadas: club de lectura, mochilas viaxeiras, préstamo de libros, contacontos, bibliopatio, traballos de investigación e múltiples actividades de fomento da lectura e de formación para todos os usuarios. 
Desde a biblioteca seguiremos traballando para que siga sendo un centro de recursos imprescindible para toda a comunidade educativa. 
O equipo da biblioteca aposta por desenvolver desde a biblioteca todas as actividades que lle dean presenza no centro e que encandilen aos lectores e que fagan sumar usuarios que disfruten, necesiten, colaboren e usen os seus fondos.
Para comezar ollade estes videos sobre a importancia das bibliotecas:
Que é unha biblioteca?


Os nenos e as bibliotecas


Caillou vai á biblioteca


A marbillosa viaxe de Zasca á biblioteca


lunes, 23 de octubre de 2017

DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR

O 24 de outubro celebramos o Día Internacional da Biblioteca Escolar, unha data que se celebra dende o ano 1997 en recordo do incendio da Biblioteca de Saraxevo  en 1992 durante o conflito dos Balcáns (se picades no anterior enlace atoparedes ampla información deste suceso).
Faise esta celebración para destacar a importancia da biblioteca como un lugar de encontro de lectores e para concienciar á sociedade da importancia da lectura e agradecer o esforzo de todas as persoas que traballan nas bibliotecas.

Para celebrar este día, na hora de ler, o alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria verá a seguinte presentación en powerpoint sobre as bibliotecas:


Os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria verán unha presentación sobre as bibliotecas máis raras do mundo para facer, ao longo de toda a semana, un traballo de investigación que plasmaremos nun mural sobre "As Bibliotecas máis RARAS do Mundoª



Aquí tedes os nenos de infantil durante a proxección que se realizou na nosa biblioteca,  seguírona moi interesados e participaron con ganas no debate!!



Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely Gallery by

domingo, 8 de octubre de 2017

OUTUBRO: MES DA BIBLIOTECA

Lectores,  chegamos ao  mes de outubro, o mes no que a biblioteca escolar abre as súas portas e pasiño a pasiño  iráselle ensinando aos novos alumnos e comezarase a desenvolver as diferentes actividades programadas: clube de lectura, mochilas viaxeiras, préstamo de libros, e as múltiples actividades de fomento da lectura para todos os usuarios da biblioteca.
Os que levades anos  traballando  e colaborando para que a biblioteca estea presente no ámbito educativo e sexa un centro de recursos imprescindible para toda a comunidade escolar, coñecedes o profundo alcance que  ten sobre a vida escolar a biblioteca.
O equipo da biblioteca aposta por  por  desenvolver desde a biblioteca  todas as actividades que lle dean presenza no centro e que encandilen aos lectores e que fagan sumar usuarios que disfruten, necesiten, colaboren e usen os seus fondos.


Nos segulntes videos fálanos da  biblioteca e da súa importancia:








viernes, 7 de octubre de 2016

DÍA INTERNACIONAL BIBLIOTECAS ESCOLARES

Desde 1997, cada 24 de outubro conmemórase o DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, unha iniciativa da Asociación Española do Libro Infantil e Xuvenil, para recordar un triste suceso:  a destrucción da BIBLIOTECA de SARAJEVO, que foi  queimada no ano 1992, durante a Guerra dos Balcáns.
Esta conmemoración naceu para trasladarlle á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro de  lectores de todas as idades coa cultura e como un instrumento de mellora da formación e da convivencia humana.
Todas as BIBLIOTECAS agochan grandes tesouros que debemos protexer, unha das millores maneiras de protexelas é dalas a coñecer abrindo as súas portas , sacando os libros dos estantes para mostrárllelos aos lectores e, sobretodo, falar e facer que se fale delas.
Por eso é tan importante este día e todas as actividades que se celebran.
Unha das actividades programadas, para a que pedimos a vosa colaboración, é a de facer entre todos un libro cos consellos ecosaudables para ser respectuosos co medio ambiente. Esta é a proposta:

Ollade este video conto dos Bolechas que  nos contan motas cousas interesantes da  BIBLIOTECA

Agora un video de animción á lectura:
unha homenaxe a todos os  bibliotecarios



domingo, 26 de octubre de 2014

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Con motivo do Día da Biblioteca Escolar o profe Xosé Carlos Caramés contounos o conto "O gato sol" empregando a técnica do kamishibai. O kamishibai é una forma tradicional xaponesa de contar historias con láminas que teñen unha ilustración na parte dianteira e texto na parte traseira. Estas láminas vanse colocando en orde nun teatriño de tres portas chamado "butai". O presentador ou interprete vai lendo as láminas mentres os espectadores (neste caso os nenos/as) ven as ilustracións. A experiencia resultou moi positiva como podedes ver nas imaxes. Ao rematar o conto os nenos/as confeccionaron o seu persoal gato de papel.



ESPERAMOS REPETIR A EXPERIENCIA!!