lunes, 30 de noviembre de 2020

UNHA HISTORIA DE IGUALDADE

Os nenos e nenas de 5 anos coñeceron un conto que lles encantou!! 
¡VIVAN LAS UÑAS DE COLORES!!


Este conto está inspirado nunha historia real que se difundiu a través das redes sociais cunha gran repercusión. Nel móstranos como na nosa sociedade aínda hai moitos prexuizos e patróns de xénero moi ríxidos.  

domingo, 29 de noviembre de 2020

NON MÁIS VIOLENCIA DE XÉNERO

Como remate ao traballo realizado ao longo da semana en torno o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, entre todos fixemos un mural conxunto baixo o lema "TODAS AS MANS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO":

Os pequenos e pequenas de infantil estamparon as súas mans para manifestar que temos que parar xa esta situación. Os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º de primaria escribiron e debuxaron lemas pedindo NON MÁIS... maltrato, golpes, berros, pelexas, insultos, medo, dor, choros, acoso... E os maiores de 4º, 5º e 6º fixeron "nubes de etiquetas" na silueta dunha man que, "axudadas" polo berro de ¡BASTA! de Mafalda, queren indicar tamén que se pare xa este grave problema da nosa sociedade. 


25-11-2020 - Kizoa Movie Maker

viernes, 27 de noviembre de 2020

25 N: CALAR DOE MÁIS

Como xa comentamos anteriormente, no corredor de entrada á biblioteca puxemos unha exposición con algúns dos libros que tratan a temática da Violencia de Xénero e a Igualdade. Este curso, en homenaxe a Quino, sempre nos acompaña MAFALDA que nos invita a ler e nos suxire algún título interesante: 


Aquí tedes unha selección de títulos sobre esta temática:





              

domingo, 22 de noviembre de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Con motivo da celebración, o vindeiro mércores, 25 de novembro, do DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, traballaremos ao longo da semana do 23 ao 27 de novembro este problema que non deixa de estar de actualidade constantemente e que tan difícil é de erradicar da nosa sociedade.

Comezamos coa realización dunha recompilación de vídeos (curtametraxes, lectura de contos, animacións...) e cancións onde se trata este tema e que serán proxectados nas distintas aulas. 

Fixemos tamén unha exposición, no pasillo de entrada a nosa biblio, con libros sobre esta temática, axeitados ás distintas idades dos alumnos/as e nos que ademais do tema da violencia se fala sobre igualdade, respecto, liberdade... e se destaca a figura de mulleres que souberon loitar e defender os dereitos de todas elas. 

Lecturas e proxeccións serán o punto de partida para comezar a falar, debater e concienciar sobre este tema e tamén para realizar unha serie de actividades que se plasmarán finalmente en murais colectivos.  

.

sábado, 21 de noviembre de 2020

DÍA MUNDIAL DO NENO E DA NENA

Como cada 20 de novembro celebramos o DÍA MUNDIAL DO NENO  E DA NENA no que recordamos os dereitos dos nenos e das nenas e seguimos reinvidicando o seu cumprimento por parte de todas as sociedades e nacións xa que aínda estamos moi lonxe de acadar a súa plena consecución. 

Na páxina da Nacións Unidas temos información sobre esta data:

- NACIÓNS UNIDAS: DÍA MUNDIAL DO NENO 

Tamén na páxina de UNICEF, principal organización internacional que se dedica ao coidado e defensa da infancia:

- UNICEF: DÍA UNIVERSAL DO NENO 

Realizamos a seguinte presentación na que recordamos os dereitos básicos:

Os pequenos e pequenas de 5 anos plasmaron plasticamente o dereito á igualdade de todos os nenos e de todas as nenas:


Nas aulas visualizamos vídeos sobre o tema e tamén cantamos: 

DÍA DO NENO - CANCIÓN INFANTIL 

A CANCIÓN DOS DEREITOS 

viernes, 13 de noviembre de 2020

PREMIOS CONCURSO DE CADALEITOS POLO SAMAÍN

Xa temos aquí os premiados no noso "I CONCURSO DE CADALEITOS" polo SAMAÍN 2020. Agradecer a todas as familias a súa colaboración nesta actividade conxunta que esperamos repetir o vindeiro curso pola boa acollida que tivo. 

Fixemos varias categorías de premios e velaí todos os premiados:

OS MÁIS GRACIOSOS

KEVIN - 3º


LUCÍA - 1º A 


ADRIÁN - 3º 




OS MÁIS TERRORÍFICOS
  
ANTÓN - 3º 

LUCÍA - 2º B 

ALEJANDRO - 4º 



OS MÁIS ORIXINAIS 
                 

IRIA - 2º B


CAROLINA - 1º B 

ALDARA - 3º 






O MÁIS ELEGANTE 
 
LAURA - 3º primaria 


lunes, 2 de noviembre de 2020

COLABORACIÓN COAS FAMILIAS: CONCURSO DE CADALEITOS

Como este ano, debido á situación na que nos atopamos, non puidemos facer o noso tradicional Obradoiro de Cabazas, pedimos a colaboración das familias para participar nunha actividade relacionada co Samaín que seguro que lles resultaría divertida e atractiva, e así foi:  a creatividade, a imaxinación o e emprego dos máis variados recursos e materiais resultou sobresaínte. Podedes comprobalo se vedes con calma a seguinte presentación coa I EXPOSICIÓN DE CADALEITOS:


domingo, 1 de noviembre de 2020

LEMOS CONTOS DE MEDO

Coma todos os anos, xa estamos en marcha co noso concurso de CONTOS DE MEDO, que xa vai pola súa VIII edición. Os alumnos e alumnas de 5º de primaria xa teñen case listos os seus e, aproveitando estes días de SAMAÍN, léronlle ao resto de compañeiros da clase os contos por eles xa realizados, nun ambiente acorde co que a situación requería...