martes, 28 de abril de 2015

PARABÉNS A TODAS AS MAMÁS

O primeiro domingo do mes de maio celebramos O DIA DA NAI, unha festividade que se celebra na honra de todas as nais.
O equipo da biblioteca quere felicitar a todas as nais da nosa comunidade educativa desexándolles que pasen un magnífico día.

Comezamos a nosa felicitación coa seguinte poesía con pictogramas:


Seguimos con este video no que uns nenos din o que pensan das súas  nais 


Rematamos escoitando estas cancións esperando que sexan do voso agrado;




Para todas as mamás...




sábado, 25 de abril de 2015

DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Esta semana foi a semana da festa dos libros no cole, e na biblioteca tivemos moito movemento, exposición de libros cun montón de novidades, dúas sesións de contacontos, segunda edición do apadriñamento lector e... moitas visitas por parte dos nosos alumnos/as, sinal de que os libros e a biblioteca forman parte da vida cotiá do centro.

O luns comezamos coa nosa exposición "En abril libros mil", da que xa falamos en novas anteriores.
O martes tivemos dúas sesións de contacontos, unha para 4º, 5º e 6º de Educación Infantil e outra para 1º e 2º de Educación Primaria.

A fantástica actriz Sabela Gago engaiolou aos nenos/as coas súas historias "As maletas viaxeiras"

"Entre maleta e maleta, a contadora implica aos nenos para facer unha viaxe entre os libros que os levará por cidades de todo o mundo, ata chegar a China e coñecer a Melisa. Entre todos axudarán á ratiña a averiguar “quen é o ser máis poderoso do Mundo” e na busca da verdade visitarán ao sabio Chín-Lú e viaxarán polo ceo para atopar ao Sol, ao Vento e á Nube e regresar a Muralla Chinesa, que garda o segredo. Un divertimento entre a palabra e a imaxinación , que convida a xogar e aprender"
(Sinopse da obra na páxina web oficial de Sabela Gago)

Coma sempre Sabela conseguiu captar a atención de todos os nenos/as, facéndoos ademais partícipes das súas historias mediante xestos, sons, accións... Moitas grazas Sabela polo teu traballo e ata pronto...

E o xoves 23 celebramos a segunda edición do "Apadriñamento Lector", despois do recreo, os padriños e madriñas foron ás diferentes clases a buscar aos seus afillados e afilladas para baixar ao patio do colexio. Alí sentáronse libremente e contaron os seus contos ... Ademais dunha actividade de animación á lectura, favorecemos as relacións interpersoais, a responsabilidade, a cooperación...


miércoles, 22 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO

Para que disfrutedes  do DÍA DO LIBRO ollade estas magníficas curtametraxes para o fomento da lectura.
Son cinco historias diferentes que nos animan a adentrarnos no mundo de misterio e de fantasía que nos proporcionan os libros


Na entrada da biblioteca  fixemos unha selección de libros  para que nesta data tan especial vos acerquedes á biblioteca e disfrutedes coa súa lectura.


 CURTAMETRAXES PARA  FOMENTAR A LECTURA

viernes, 17 de abril de 2015

DÍA MUNDIAL DO LIBRO


Con motivo da celebración o próximo 23 de abril do DÍA MUNDIAL DO LIBRO, xa estamos preparando diversas actividades na nosa biblioteca:

 1- Unha exposición de libros:  EN ABRIL LIBROS MIL 

2- Unha sesión de contacontos que se celebrará na biblio o próximo 22 de abril para o alumnado de educación infantil e primeiro ciclo de primaria.

3- A segunda edición da actividade APADRIÑAMENTO LECTOR

Deixámosvos aquí o enlace ao marcapáxinas e díptico que acaba de publicar a Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia para conmemorar este día, cun texto de María Solar.
(Fai clic na imaxe para visualizar todo o díptico)