Mostrando entradas con la etiqueta Día Internacional POESÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día Internacional POESÍA. Mostrar todas las entradas

domingo, 8 de abril de 2018

A POESÍA FEMININA CHEGA AO CLUB


Xa temos aquí outra nova sesión do Club de Lectura.  Desta vez, por mor da celebración do Día Internacional da Poesía o 21 de marzo e de que na nosa biblioteca dedicamos o mes de maio á poesía, estivemos lendo a diferentes mulleres poetas. Deste xeito aunamos tamén a celebración do 8 de marzo, Día Internacional da  Muller .

Cada un de nós leu un poema, que levaba adxunto algún material audiovisual engadido. A partir desta lectura, compartimos ideas, as sensacións que nos transmitían, debatimos sobre se as cancións e as poesías eran o mesmo ou non, valoramos a necesidade da rima nun poema e analizamos as diferentes formas de transmitir sentimentos que cada unha das poetas tiña. 


A partir de aí, por grupos, escollendo un verso de cada poema construímos un novo, dando lugar á nosa propia creación. 

Velaquí vos deixamos a mostra!



Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely by Slidely Slideshow

Estas son as poesías que estivemos lendo:


jueves, 23 de marzo de 2017

21 DE MARZO: POESÍA E ÁRBORES

ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O DÍA DA POESÍA E O DÍA DA ÁRBORE:


1- O equipo da biblioteca desenvolveu un OBRADOIRO DE POESÍA  no que participaron os alumnos e alumnas de educación infantil, e de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria.
A finalidade deste obradoiro era a de crear sinxelos poemas de forma individual ou colectiva, pretendendo acadar os seguintes obxectivos: 
- Disfrutar xogando coas palabras.
- Crear un poema ou transformar un xa existente.
-Valorar a importancia das árbores nas nosas vidas.
- Coñecer as consecuencias da tala indiscriminada das árbores.

Todos os poemas están expostos no corredor da entrada da BIBLIOTECA, merece a pena que lle botedes unha ollada.

Esta é unha pequena mostra:




2- Na biblioteca, na HORA DE LER, o propio 21 de marzo, realizamos unha actividade moi interesante: alumnos de infantil, de 3º, 4º e de 5º de Primaria RECITARON POESÍAS. Luis recitou maxistralmente a poesía CEREZO DE PÁJAROS, Adela de 4º emocionounos recitando a PAXARA PINTA do libro Cantarolas, Iris de 4º elexiu o libro Rimas con letra para ler a poesía COA LETRA Ñ, Carlos de 5º interpretou a poesía POLO LARANXAL do libro A Roseira do Teu Mencer, Claudia de 5º decidiu participar coa poesía LAIÑO, Sheila de 3º leu unha nana do libro Carabín- Carabón. Remataron a sesión os nenos de infantil recitando a coro as poesías BOLBORETA, os de 4º de Infantil, e UN MUNDO DE CORES, os de 5º e 6º de Infantil. Todos disfrutamos con esta actividade que esperamos repetir moi pronto.



POESIAS by Slidely Photo Gallery

lunes, 20 de marzo de 2017

21 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DA POESÍA, DÍA DA ARBORE

Desde  Cumbre de París de 1999, celebramos cada ano o DÍA MUNDIAL DA POESÍA o 21 de marzo. Dacordo coa decisión da UNESCO o principal obxectivo desta acción é a de soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética, darlle aos que están ameazados a posibilidade de expresarse nas súas comunidades, fomentar o apoio aos novos poetas e restablecer o diálogo entre a POESÍA e as demais artes.
Ao celebrar o DÍA DA POESÍA o 21 de marzo a UNESCO recoñece o símbolo   da creatividade humana que ten a arte poética e rende unha homenaxe a todos os homes e mulleres que loitan cada día por crear un mundo mellor empregando as palabras como única ferramenta.
Nos seguintse video falannos  da poesía e dos seus elementos 






Un video coas definicións de poesía  feitas por famosos escritores




 Compendio de poesías para traballar a na aula seleccionadas  por Miguel Santos Arévalo



Poesias infantiles from Miguel Santos Arévalo

Unha homenaxe a nosa poetisa máis internacional: Unha animación do POEMA MOUCHO NON CHE TEÑO MEDO dos  CANTARES GALLEGOS de Rosalía de Castro 


Tamén se conmemora este día o DÍA DA ÁRBORE, unha data para concienciar sobre a importancia do coidado das árbores que son esenciais para a vida da Terra.
  Se picades no seguinte enlace atoparedes unha recompilación,  realizada no CEIP Víctor Sáenz,   de poemas sobre as  árbores escritas por escritores galegos
Un poema especial para celebrar este día
Un video que nos fala da importancia das árbores e das consecuencias da  súa tala