miércoles, 29 de junio de 2016

FELICES VACACIÓNS

Xa acaba xuño, temos por diante dous meses para descansar, xogar  cos amigos e para disfrutar dunhas merecidas vacacións. O equipo da biblioteca despídese de todos vós . Esperámosvos en setembro cun montón de actividades e novas aventuras!!!
Non vos esquezadess do noso lema paara este verán:
Na praia ou na montaña... un libro sempre te acompaña!!!


miércoles, 22 de junio de 2016

DÍA DE AGASALLOS


Hoxe na Biblioteca foi un día moi especial. As clases de 5º e 6º de E ducación infantil, 1º 2ºB, 4ºA e 4ºB de Educación Primaria  que, destacaron pola súa colaboración nas actividades da BIBLIOTECA recibiron un diploma e un pequeno agasallo 


5º E.I.
6º E.I,
1º de E.P.

2ºB deE.P.
4ºAde E.P,
4ºB de E.P.

Tamén recibiron diploma e agasallo  as tres grandes lectoras  neste curso , FELICITAMOS  a  Antía Rodríguez de 4º B  que ocupa o 1º lugar, Sheila Do Nascimento Rodr.iguez de 2ºA, polo seu segundo posto e Iria Solera Movilla de 2ºB que quedou en terceiro lugar
ANTÍA 1º lugar

SHEILA 2º lugar

IRIA 3º lugar
PARABÉNS A TODOS E ESPERAMOS QUE ESTE BO HÁBITO PERDURE NOS VINDEIROS CURSOS.




martes, 21 de junio de 2016

GUÍA DE LECTURAS

Amigos, o verán xa ESTÁ EIQUÍ!
É tempo de descansar, de pasalo ben e de disfrutar coa lectura de interesantes libros.
O EQUIPO DA BIBLIOTECA elaborou esta guía de lecturas, para que todos nestas vacaciós sigades o noso lema: " Na praia ou na montaña.... un libro sempre acompaña" !
Bo verán e FELICES LECTURAS!



ENQUISA



Ola amigos:
Acércase o fin do curso e queremos valorar como foi o funcionamento da Biblioteca durante este ano.
Gustaríanos coñecer a vosa opinión sobre o servizo ofrecido ao longo de todo o curso.
Agradecemos que cubrades esta enquisa para saber o que debemos mellorar no vindeiro curso.

1.- En que curso estás?
   ...............................................................................................................

2.- Cal foi a túa asistencia á biblioteca?

o Todos os días                o  Varios días á semana                   o  un día á semana                  
o Cada quince días          o  una vez ao mes                            o   Apenas asisto
3.- Segundo a túa opinión  o servizo prestado pola biblioteca foi:
o Excelente                          o Bo                                o Regular                        o Malo    
4.- Sinala as cousas que deben mellorar
o Ordenadores           o libros         o DVDs       o Espazo        o Sinalización    o Decoración
Outros:.........................................................................................................................................
5.- En que actividades  participaches ao longo do curso?
o Empréstamo de libros   o Axudante   o Concursos   o Obradoiros   o Investigación
 o Contacontos   o Ningunha
6.- Cal foi a actividade que máis che gustou?
................................................................................................................................................
7- Sabes localizar o libro que  che interesa na biblioteca?
o Si      oNon
8 - Que fas cando non atopas o libro  que queres?
o Pregúntolle ao encargado      o Marcho sen o libro    o Busco por toda a biblioteca
9.- Coñeces as normas da biblioteca?
o Si      oNon
10.-Cumpres as normas  establecidas?
o Si      oNon    o Ás veces
11.- Gústache a hora de ler?
o Si     oNon     
11.-  Este curso cantos libros liches?
o Menos de 5         o Entre 5 e 10        o Entre 10 e 20           o Máis de 20


MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN










lunes, 20 de junio de 2016

CONTO :O LIBRO DA SELVA

Os nenos e nenas de 6ºA de Primaria, dirixidos pola mestra da Once,  deleitaron aos nenos/as de infantil e de 1º e 2º de Primaria coa interpretación, mediante a técnica das Caixas Negras, do LIBRO DA SELVA.
Esta interpretación forma parte dun programa  de integración, dun alumno da ONCE cos nenos e nenas da clase, desenvolvido ao longo de todo o curso.
FOI UNHA EXCELENTE INTERPRETACIÓN!!

viernes, 10 de junio de 2016

SESIÓN CONTACONTOS


Na Biblioteca  os nenos e nenas, de infantil e de  primeiro e segundo de Primaria, disfrutaron dunha magnífica Sesión de Contacontos coa actriz Sabela Gago.
Dunha maneira lúdica, divertida e moi interactiva cos nenos Sabela contoulle aos nenos de infantila historia de Martiño e o Lapiceiro máxico.  Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria divertíronsemoito coa historia Alboroto no Galiñeiro.
Ao rematar entregounos un agasallo de SANTILLANA para a biblioteca do centro.