Mostrando entradas con la etiqueta Poesía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Poesía. Mostrar todas las entradas

martes, 2 de marzo de 2021

MAÑÁ DE RAP

Se o pasado 22 de febreiro celebrabamos o mes da poesía cunha mañá de  REGUEIFAS (forma de expresión oral propia da cultura galega). O día 25 os alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria tiveron contacto tamén cunha forma de expresión oral moderna: O RAP, que ten certas similitudes coa regueifa: rima, improvisación, ritmo, oralidade, denuncia, temas de actualidade... 

Se Pilar Mira instruiunos na regueifa, foi o rapeiro ALAN ÁLVAREZ ARAÚJO, "EL ALANBUR" o que nos introduciu no mundo do RAP. Estas son algunhas notas da súa presentación: 

RAP- FREESTYLE 

"Tengo 24 años y llevo en el mundo del HIP HOP  desde los 13 años, donde descubrí el rap y a su vez el freestyle... ha sido un apoyo en mi vida para expresarme y "sacar" todo lo que llevo dentro, tanto improvisando como escribiendo... compito en batallas de freestyle desde hace unos 4 años, a nivel regional, autonómico y nacional.. otra de mis pasiones es ejercer de monitor de ocio y tiempo libre y juntar las dos cosas, me parece una idea excelente: mostrar a los niños el valor de la rima, el rap y la improvisación... me parece muy interesante y divertido para ellos".

A actividade realizouse no patio do colexio, gardando as medidas establecidas no protocolo COVID. Alan explicoulles o que era o rap e o freestyle e fixo improvisacións con palabras que lle ían dicindo os nenos e as nenas: zarigüeya, otorrinolaringólogo, coronavirus, igualdad, brócoli, Charizard...
 


 





Tamén fixeron exercicios de expresión corporal, rimas, ritmo... que encantaron aos nenos e ás nenas. 





Logo os alumnos e as alumnas, entusiasmados, seguiron coas súas improvisacións na aula.

lunes, 1 de marzo de 2021

MES DE ROSALÍA

Pouco a pouco imos recibindo os traballos que se foron realizando nas distintas aulas para festexar a Rosalía e a poesía, comezamos polos máis pequenos:

DECORARON MARCAPÁXINAS:





XOGARON CON ROSALÍA E COA POESÍA:

















E estes son algúns dos traballos realizados polos maiores:

CONFECCIONARON MARCAPÁXINAS:



TRABALLARON  SOBRE AS POESÍAS DE ROSALÍA:





ADORNARON O PELO DE ROSALÍA CUN DOS SEUS POEMAS:









jueves, 25 de febrero de 2021

TRADICIÓN ORAL: MAÑÁ DE REGUEIFAS

Como neste mes de febreiro celebramos o mes de Rosalía e da poesía, tivemos no colexio unha visita moi especial, a visita dunha regueifeira: PILAR MIRA

Pilar estivo cos alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria para explicarlles que son as regueifas e tamén para cantalas con eles. 

"A regueifa é unha forma de improvisar en verso, unha manifestación poética-musical-universal. É unha forma de comunicación creativa e orixinal propia da tradición galega oral". 

Explicoulles que aínda que estivo en decadencia, hoxe existe unha recuperación da regueifa. 

Normalmente facíase por parellas, onde un lle contesta ao outro, facendo  disputas e desafíos. O tema a tratar podía ser calquera, algo sobre a vida persoal, sobre o público que os escoitaba, sobre algún tema de actualidade... Comezaban saudando ao público para logo pasar ao desafío e atacábanse un ao outro, e canto máis orixinal, rápida e simpática era a resposta, máis divertido era o desafío. Tamén se empregaba o humor e a retranca. 

Tamén lles contou que tradicionalmente cantábanse nas vodas, a onde acudían os regueifeiros (sen ser invitados), e batíanse en duelo para decidir quen repartía o regalo, que non era outro que un bolo de pan molete, o cal se chamaba regueifa, de aí vén o nome. Gañaba o que mellor facía o desafío. 

Aclaroulles que cada regueifeiro canta unha estrofa de catro versos octosílabos nos que riman os pares e quedan libres os impares.

Para rematar, díxolles que aínda que normalmente a regueifa se facía entre dúas ou máis persoas, tamén se podía facer sobre temas de actualidade en forma de relato, como ía facer ela, cantar un relato, xa que non tiña rival para o desafío.
Aquí nos deixou as súas regueifas:

E aquí todos, acompañando a Pilar:

Os rapaces e as rapazas de 4º, fixéronlle esta regueifa de despedida:

"Dámosche as grazas por todo,

ti fixéchesnos sorrir

                   a nós gustáchesnos moito,

non queremos verte ir". 






lunes, 8 de febrero de 2021

RECURSOS SOBRE ROSALÍA DE CASTRO

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega convoca cada 24 de febreiro o DÍA DE ROSALÍA. Para profundizar na súa figura e na súa obra, aquí presentamos algúns recursos:  enlaces á páxinas con información, enlaces a actividades interactivas, vídeos...

- ASOCIACIÓN DE ESCRITORAS E ESCRITORES EN LINGUA GALEGA

- FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO 

- DESCUBRIENDO A ROSALÍA DE CASTRO 

- PRESENTACIÓN DÍA DE ROSALÍA 

- 24 FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA 

- QUE SABES DE ROSALÍA DE CASTRO?

- ROSALÍA DE CASTRO POR CEIP ANTÍN-CELA

. TRABALLOS SOBRE ROSALÍA DE CASTRO 

VIDA E OBRA DE ROSALÍA:







POEMAS: PARECE UNHA ROSA

   


CANTARTE HEI GALICIA

 

ADIOS RIOS, ADIOS FONTES

 

HAS DE CANTAR

   

miércoles, 13 de marzo de 2019

AS NOSAS POESÍAS


Xa están expostas todas as poesías  que se entregaron na biblioteca para o concurso de poesía Este ano a temática das mesmas versaba sobre a natureza. Todas se axustan ás bases:o alumnado de infantil, 1º e 2º de Primaria podían copia unha poesía e decorala, os de 4º, 5º e 6º de Primaria debían presentar unha poesía inédita.
Estas son as poesías presentadas:

Facede un descanso, botádelle unha ollada a todas as expostas e lédeas, vanvos encantar!!!

Estade atentos a decisión do xurado

lunes, 11 de febrero de 2019

FEBREIRO MES DA POESÍA



Xa chegamos ao mes de febreiro!! Un mes moi especial que dedicamos á nosa poeta máis universal: Rosalía de Castro!! Na súa honra  e, tal e como se fai todos os anos, o Equipo da Biblioteca en colaboración co Equipo de Dinamización de Lingua Galega, o Equipo das Tic e o Equipo de Voz Natura realizarán ao longo de todo o mes diferentes actividades.
Comezamos cun concurso de poesía , este é o cartel que está exposto no Librín



lunes, 2 de abril de 2018

AS NOSAS POESÍAS

Xa están expostas todas as poesías que vós, seguindo as instrucións da nosa convocatoria,  recompilástedes sobre os oficios tradicionais da nosa contorna. Son moitas e variadas e nelas ensalzan o labor das costureiras, panadeiros, leiteiros,  muiñeiros, labregos e doutros oficios hoxe esquecidos. Fálanos das persoas que forman parte do noso pasado e que contribuíron co seu traballo a formar parte do noso ben inmaterial.

Así aparecen na exposición:



Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

Mais tarde, se queredes lelas con máis calma, podedes atopalas nun libro que colocaremos no andel dos nosos traballos:



domingo, 4 de marzo de 2018

MARZO, MES DA POESÍA

Pasiño a pasiño chegamos ao mes de marzo, mes dedicado a poesía xa que o Día 21 de marzo celebramos o Día Internacional da Poesía. Ao longo deste mes as actividades da Biblioteca xirarán en torno a Poesíaleremos poemas, escribiremos e ilustraremos poesías,  coñeceremos poetas... Este mes amaremos e disfrutaremos os recitados de pesías.
Como xa é tradicional empezaremos este mes convocando un novo Concurso de Poesía que,  este ano desenvolvendo o   noso proxecto: Auga,  Pera, Sabedoría e Terra ,  estará dedicado aos oficios tradicionais da nosa contorna.

Este é o cartel que o anuncia:


viernes, 2 de marzo de 2018

RECITADO DE POESÍAS. DIA DE ROSALÍA

Para rematar este  mes de febreiro, mes dedicado á nosa escritora galega máis universal,  o mércores 28, na Hora de Ler,  os alumnos de 6ºB deleitáronos cun recitado de Poemas de Rosalía de Castro
Fixeron unha selección dos versos recollidos nos libros Follas Novas e Cantares Gallegos.  Con moita emoción foron desgranando:  Eu tiven un cravo, Adios Ríos,  Campanas de Bastabales... Así de ben soaron os versos de Rosalía



lunes, 27 de febrero de 2017

DÍA DE ROSALÍA E ENTROIDO

Este ano coincidiron no tempo a celebración do DÍA DE ROSALÍA e a celebración do desfile do entroido no noso centro. Por iso decidimos aunar un pouco as dúas celebracións.
Como xa informamos en entradas anteriores, entre as actividades para conmemorar o DÍA DE ROSALÍA, realizamos un concurso de poesía no que o tema eran os fenómenos meteorolóxicos. O tema fai alusión ao proxecto de METEOESCOLAS que se está levando a cabo no colexio. Ademais todo o colexio preparou os disfraces nas aulas, elexindo cada unha un meteoro.
Acordamos entón que se leran algunhas das poesías feitas polos nenos (de forma individual ou colectiva) para recordar a todos (alumnos, pais/nais e familiares que viñeron presenciar o desfile) a figura de Rosalía. 



Despois do pequeno desfile no patio do cole e antes de empezar co baile e coa festa, léronse algunhas das poesías elaboradas polos nenos e nenas de primaria e os pequenos de 4 anos recitaron un poema de A. G. Teijeiro.

Unha pequena mostra das actuacións:




viernes, 24 de febrero de 2017

AS NOSAS POESÍAS

O Equipo da Biblioteca está moi contento coa vosa participación no CONCURSO DE POESÍA convocado en colaboración  co Equipo de Dinamización de Lingua Galega, co de Voz Natura e co de Meteoescolas para honrar a Rosalía neste mes de febreiro.
Foron moitas as poesías recibidas (este ano versaban sobre os fenómenos meteorolóxicos); o Equipo da Biblioteca, axustándose ás bases do concurso, seleccionou  as poesías que mostramos a continuación e que mañá serán lidas no DESFILE DO ENTROIDO.


PARABÉNS A TODOS. SODES UNS MAGNÍFICOS POETAS!!

jueves, 9 de febrero de 2017

CONCURSO DE POESÍA

O Equipo da Bilioteca,  en colaboración co Equipo de Dinamización de Lingua Galega, co de Voz Natura e co de Meteoescolas, quere celebrar este mes, no que lede honramos a Rosalía de Castro, cun Concurso de Poesía
As poesías ese ano versarán sobre os fenómenos metereolóxicos.  Os que queirades participar  lede o seguinte cartel no que están especificadas todas as condicións para a súa presentación e o prazo para presentalas.