Como en todos os anos, ante a proximidade do SAMAÍN, na biblioteca desenvolveremos, na hora do recreo dende o 16 ata o 27 de outubro, un obradoiro para decorar as cabazas. Se queres participar achégate coa túa cabaza ata a biblioteca e decóraa da forma máis terrorífica que queiras.