Chegan as vacacións de Nadal, días de festa e descanso nos que tedes máis tempo para gozar coa lectura dun bo libro. O Equipo da Biblioteca quere recomendarvos algúns libros cos que poidades vivir fantásticas aventuras.
Hoxe na Biblioteca todos os nenos que participaron no VLConcurso de Contos de Medo recibiron un agasallo. Os alumnos de 4º recibiron un diploma e un broche cada un como agasallo. Pola súa gran participación tamén recibiron un diploma para a clase.
Os alumnos de 6º de Primaria tamén recibiron un diploma e un agasallo pola súa participación
As alumnas de 5º tamén acudiron á Biblioteca para recoller o seu agasallo e o seu diploma
A alumna Sara Bolabo de 2º de EP recibiu un accesit pola seu conto "a verdadeira historia de Sam e Aim"
A alumna de 5ºEP Xiana Corderí Jardón recibiu un agasallo moi especial pola súa magnífica historia coa que mereceu un honroso 3º premio
Un agasallo moi especial para a nosa semifinalista Clara González García de 5ºEP coa sua obra: "Unha viaxe ao pasado"
Diploma e agasallo para a nosa campiona: Adela Romero Lage de 6ºEP pola súa obra titulada: "Unha excursión terrorífica"
Parabéns a todos, esperamos que sigades participando.
Lectores xa estamos ás portas do NADAL! Unha festa chea de ilusións,maxia, emocións... Un tempo reservado para o reencontro familiar, para vivir con intensidade as noites máis longas do ano e iluminar coas luces e coas panxoliñas a escuridade do inverno.
Se picades no seguinte enlace atoparedes un banco de recursos para O NADAL
Se queredes saber máis cousas sobre o Nadal picade nas seguintes actividades LIM:
Na biblioteca estas semanas estivemos moi afaenados cos obradoiros, sacando libros dos andeis, preparando os adornos...
Nos obradoiros desenvolvidos nos recreos das últimas semanas os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria realizaron coroas de Nadalrecortando e pegando as mans, os de 3º e 4º recortaron tiras de diferentes cores para realizar a súa coroa e os nenos de 5º e 6º fixeron adornos de Nadal con pinzas. Despois de moito traballo quedaron moi contentos cos resultados:
Os adornos de Nadal xa colgan do teito, as paredes, os andeis e os corredores están decorados para a ocasión convidándonos a todos a que nos impregnemos da maxia do Nadal. Así de fermosa está este ano a Biblioteca:
Queredes coñecer a verdadeira historia da árbore de Nadal?? No seguinte vídeo cóntannola:
Se queredes coñecer a verdadeira historia de Rudolf, o reno co nariz vermello, o axudante de Santa Claus, ollade este conto curto e divertido. Con el poderedes coñecer como este reno se converteu no líder dos renos de Papá Noel na noite de Nadal
Ola lectores como pasa o tempo! Xa estamos no mes do Nadal!!!
O equipo da Biblioteca xa está preparando novas actividades, comezamos nos recreos co III taller do Nadal no que elaboraremos unhas fermosas coroas. Atentos ao cartel.
Desexamos que vos guste. Agardámosvos na Biblioteca
Ao longo de todo o mes de novembro todos fomos científicos na Biblioteca e desenvolvemos experimentos moi divertidos. Aquí tedes unha pequena mostra dalgún dos experimentos realizados:
Os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil quedaron entusiasmados co seu experimento A Escuma Máxica:
Os nenos e nenas do 5º e 6º de infantil comprobaron que as bolas de cristal ou de plastilina afúndense na auga sen importar nin o peso nin o tamaño, pero que cando entre todos fan unha barca...Flota na auga coas bolas dentro!
Os alumnos de 4º de Primaria fixeron un experimento no que demostraban que a auga pode ir cara arriba en contra da gravidade coa transferencia da auga entre dous vasos:
Os nenos e nenas de 5º de Primaria foron capaces de crear un arco da vella nun frasco, foi un traballo moi laborioso cun magnífico resultado:
"La Declaración sobre la eliminación de la violencia contra la mujeremitida por la Asamblea General de la ONU en 1993, define la violencia contra la mujer como “todo acto de violencia que tenga o pueda tener como resultado un daño o sufrimiento físico, sexual o psicológico para la mujer, así como las amenazas de tales actos, la coacción o la privación arbitraria de la libertad, tanto si se producen en la vida pública como en la vida privada.”
"La violencia contra la mujer sigue siendo un obstáculo para alcanzar igualdad, desarrollo, paz, al igual que el respeto de los derechos humanos de mujeres y niñas. Lo que es más, la promesa de los Objetivos de Desarrollo Sostenible (ODS) de no dejar que nadie se quede atrás, no podrá cumplirse sin primero poner fin a la violencia contra mujeres y niñas". (sinopse extraída da páxina web da Organización das Nacións Unidas).
Para contribuír a erradicar este grave problema sensibilizando aos máis pequenos, fixemos no colexio un acto conxunto o 23 de novembro (por coincidir o día 25 en domingo). Comezamos coa lectura dun manifesto realizado polos alumnos e alumnas de 6º de primaria
Despois da lectura deste manifesto cantamos as cancións (a primeira acompañada ademais con linguaxe de signos): "LA PUERTA VIOLETA" de ROZALÉN e "DÉJALA QUE BAILE" de MELENDI con ALEJANDRO SANZ e ARKANO. Cancións cuxas letras expresan o seu rechazo a estos actos violentos e defenden a liberdade da muller. Un pequeno acto emotivo no que os nenos e as nenas sentiron unha vez máis a alegría de estar xuntos convivindo en igualdade.
O 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, un día para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres do mundo e para reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación.
Elexiuse esta data porque foi o día 25 de novembro de 1960, na República Dominicana, cando foron asasinadas as tres irmáns Mirabal, activistas políticas, por orde do ditador Trujillo, Se queredes saber máis cousas sobre elas, picade no seguinte enlace:
A escola debe contribuír a erradicar esta violencia educando na igualdade, opoñéndose a todo tipo de violencia tanto física como verbal, facendo respectar os dereitos das nenas e das mulleres, fomentando unha relación afectuosa entre os seus membros e empregando modelos e mensaxes cooperativos e dialogantes.
Nos seguintes enlaces atoparedes diferentes actividades e recursos para reflexionar, profundizar e traballar a violencia contra as mulleres:
O venres, durante o tempo de recreo e na hora de ler, a Biblioteca recibiu ás alumnas de 5º e 6º de primaria que forman parte do Club de Lectura.
Nesta reunión Manoli, a coordinadora, explicoulles que era un club de lectura ( unha reunión de persoas que len ao mesmo tempo un libro e que se reúnen unha vez á semana para comentar as súas impresións sobre os textos lidos). Presentoulles o libro MANU DETECTIVE que vai ser o libro co que empezarán a traballar e que levarán para a casa para ler as páxinas que se determinen.
As nenas en asemblea buscaron un nome para o seu grupo e decidiron chamarlle "Ratiñas de Biblioteca"
Todos os venres reuniranse na biblioteca para comentar, ao redor dun biscoito ou dunhas pastas, o lido por todos os compoñentes e para realizar as actividades que se determinen.
Para todas esta primeira sesión foi unha magnífica experiencia e xa están desexando que veña a seguinte!!
O día 20 de novembro conmemoramos o Día Universal da infancia,coincidindo co aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno no ano 1989. Se queredes saber máis cousas sobre este tema picade no seguinte enlace: DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA-
É unha data que nos fai recordar que un neno non é soamente un ser fráxil que necesita protección, senón tamén unha persoa que ten dereito a ser educado, coidado e protexido dondequeira que nacera. Tamén é un día para lembrar que millóns de nenos e nenas de moitos sitios do mundo non teñen garantidos dereitos básicos como o dereito á alimentación, a non ser maltratados ou explotados entre outros.
Se picades no seguinte enlace atoparedes información sobre a necesidade de celebrar este día: POR QUE SE CELEBRA?
Convidámosvos a ler o Libro dos Dereitos segundo Mafalda:
Por octavo ano consecutivo, as librarías de toda España celebran o día 16 de novembro o DÍA DAS LIBRARÍAS, unha festa,organizada pola CEGAL (Confederación Española de Gremios e Asociacións de Libreiros) coa que nos queren lembrar que un libro é sempre unha boa adquisición e que o mellor sitio onde adquirila é sen dúbida unha libraría.
Se queredes saber máis cousas desta festa picade no seguinte enlace : DÍA DAS LIBRARÍAS
Este día todas as librarías ofrecen un amplo programa de actividades: contacontos, encontros cos autores, lecturas públicas...coas que se pretende reindivicar o espazo das librarías como un lugar físico de xestión cultural que, ademais de fomentar a lectura xenera proximidade e relacións personais e potenciar a figura dos libreiros como un mediador con capacidade de recomendación.
As Consellerías de Cultura e Educación convídannos á celebración do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO DAS BIBLIOTECAS. Se picades no seguinte ENLACE atoparedes toda a información.
Ao longo deste mes todos imos ser científicos e desenvolveremos experimentos moi divertidos.
Estes son algúns dos que vós temos preparados:
Esperamos que vós gusten e, se queredes ir ensaiando ollade estes videos nos que nos explican algúns dos experimentos:
Lectores, as mochilas viaxeiras comezaron, outro ano mais, a súa andaina da escola á casa e da casa á escola... levando libros, contos, guías ou revistas para disfrute da familia, co fin de propiciar momentos de lectura compartida.
Como nos anos anteriores os nenos e nenas levarán durante unha semana esta mochila para a súa casa para compartir cos seus, grandes e pequenos, todo o material co que vai cargada.
Desexamos que a casa de cada neno/nena se encha de historias, de viaxes imaxinarios...para que coa axuda de todos se adquira un hábito lector que ten unha gran importancia na súa formación.
O Equipo da Biblioteca deséxavos unha feliz lectura en familia!!
Ola Lectores!! Pasiño a pasiño... xa estamos no Samaín !! O Samaín é unha festa de orixe celta que significa o fin do verán e o comezo do inverno; era unha das datas mais importantes do calendario celta que celebraban na noite do 31 de outubro porque eles consideraban que era unha noite moi perigosa porque as ánimas do máis alá podían vir para saldar as contas pendentes. Para escorrentar a estas ánimas eles colgaban, nas portas das súas casas, as caveiras dos inimigos con candeas acesas no seu interior.
Esta festa foise extendendo por toda a xeografía céltica europea, e no caso de España polas Comunidades de Galicia e Asturias.
A tradición das caveiras foi substituída polas cabazas con candeas acesas.e transformouse nunha festa que lle poderiamos chamar "un entroido do medo".
Ao longo de toda a semana na biblioteca celebramos diferentes actividades co gallo do Samaín:
Decoramos a Biblioteca con cabazas, pantasmas, morcegos, arañas...para convertila nun recuncho de moito, moito...medo!!
Convocamos en colaboración cos equipos de Voz Naura, TIC e Dinamización da Lingua Galega o VI Concurso de Contos de Medo, este ano seguindo o Plan Lector e aproveitando a excursión que realizamos, na nosa contorna, ao Bosque do Falán, a historia debe estar ambientada no bosque do Falán ou nun bosque de carballos, castiñeiros ou bidueiros Se picades no seguinte enlace atoparedes o cartel:
Os nenos e nenas de 4Aº de Infantil visitaron por primeira vez a nosa biblioteca. Deulles a benvida Conchi quen lle ensinou as súas seccións, faloulle das normas establecidas e preparoulles as súas mochilas para levar para a casa.
Remataron a súa 1º estancia coa lectura dun libro:
Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely by Slidely Slideshow Benvidos rapaces!!!! Esperamos que sexades grandes usuarios da Biblioteca
Para conmemorar o Día Internacional das Bibliotecas Escolares desde a Biblioteca desenvolvéronse diferentes actividades : Todo o alumnado de Infantil disfrutou coa representación realizada polos alumnos de 4º B, con monicreques no teatriño, do libro O Mago e a Folla:
Os alumnos de 6º realizaron unha sesión de formación coa encargada da biblioteca. Realizaron un percorrido polas diferentes seccións, fixeron un repaso dos tejuelos e das etiquetas que levan os libros e, por último, fixeron unha series de prácticas colocando diferentes libros no seu andel correspondente.
Inauguramos a exposición dos "nosos recunchos preferidos da biblioteca" na que todos os nenos do cole fixeron a súa aportación debuxando o seu lugar preferido. fixeron debuxos moi interesantes, esta é unha pequena mostra:
Un ano mais o día 24 de outubro celebraremos o Día Internacional das Bibliotecas, unha data que se celebra desde o ano 1997 pola iniciativa da Asociación de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil para lembrar oIncendio da Biblioteca de Saraxevono ano 1992 durante o conflito dos Blacáns ( Se picades no anterior enlace atoparedes unha ampla información sobre este suceso).
Faise esta celebración para destacar a importancia da Biblioteca como un lugar de encontro de lectores, para concienciar á sociedade da importancia da lectura e para agradecer o esforzo de todas as persoas que traballan nas bibliotecas.
Na Biblioteca celebraremos este día coas seguintes actividades:
- Representación con monicreques a cargo dos nenos e nenas de 4º B para o alumnado de Educación Infantil do conto O Señor Mago e a Folla.
- Sesións de formación na Biblioteca para o alumnado de Primaria.
- Inauguración da exposición: Cal é a sección da Biblioteca que máis che gusta? na que colabora todo o alumnado do centro.
No mes de outubro a Biblioteca Escolarabre as súas portas e pasiño a pasiño comezaremos a desenvolver todas as actividades que vós temos programadas: club de lectura, mochilas viaxeiras, préstamo de libros, contacontos, bibliopatio, traballos de investigación e múltiples actividades de fomento da lectura e de formación para todos os usuarios. Desde a biblioteca seguiremos traballando para que siga sendo un centro de recursos imprescindible para toda a comunidade educativa.
O equipo da biblioteca aposta por desenvolver desde a biblioteca todas as actividades que lle dean presenza no centro e que encandilen aos lectores e que fagan sumar usuarios que disfruten, necesiten, colaboren e usen os seus fondos. Para comezar ollade estes videos sobre a importancia das bibliotecas:
Ola lectores!! O equipo da biblioteca , en colaboración cos de Voz Natura, Dinamización da Lingua Galega e o das TIC elaboraron o novo Plan de lectura para este curso. Este ano leva o nome entre salgueiros, bidueiros e carballos. Con este plan desubriremos a importancia das nosas árbore curso vertebraranse en torno a este tema.
s autóctonas e coñeceremos marabillosos paraxes naturais da nosa contorna. Todas as actividades que se programen ao longo do
Desexamos que sexa do voso agrado e que colaboredes e disfrutedes en todas as actividades
Para apoiar o labor de Dinamización das Bibliotecas escolares a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica unha versión ILUSTRADA, elaborada polo debuxante Óscar Villán, da adaptación da Clasificación Decimal Universal para Bibliotecas Escolares.
Se queredes ampliar esta información picade no seguinte enlace:CDU ILUSTRADA
Xa estamos de volta! O equipo da Biblioteca davos a benvida, deséxavos un bo inicio de curso e espera que veñades cargados de enerxía e con moita ilusión para disfrutar con todas as actividades que estamos preparando.
A biblioteca abre as súas portas no mes de outubro para que poidades investigar, vivir aventuras, compartir experiencias e disfrutar dos novos espazos de xogos que inauguramos no curso pasado.
Dámosvos a benvida e invitámosvos a acompañarnos nun milleiro de aventuras!!
Xa chegaron as vacacións!!! O Equipo da biblioteca deséxavos a todos un feliz verán e que neste tempo de lecer vivades un montón de aventuras na compaña de boas lecturas.
A Biblioteca está a piques de pechar a porta por este curso. Unha das últimas actividades é a a de repartir agasallos aos grandes lectores e aos colaboradores.
O equipo dos observadores formado polos alumnos de 6º de Primaria Antía, Nadia Isamar, Mario e Izan foron os gañadores do concurso: Adiviña, adiviñando. O equipo da Biblioteca premiou o seu traballo de investigación cun pequeno agasallo .
A cada unha das tres clases de Educación Infantil as representantes do Equipo da Biblioteca entregáronlle uns bonitos diplomas para agradecerlles a súa gran afición pola lectura.
Tamén recibiron un diploma estes grandes lectores polo seu entusiasmo na lectura de libros ao longo de todo o curso.
E o noso podio de honra, que recibiu un diploma e un agasallo, este cuso está ocupado por:
No 3º lugar: Claudia Pérez
Subcampiona: Sheila Do Nascimento
E a nosa campiona por segundo ano consecutivo é: a alumna de 6º B de educación Primaria Antía Rodríguez
Parabéns a todos, a seguir disfrutando coa lectura!!!
O alumnado de 4º de
primaria levou a cabo un proxecto de investigación ao longo de todo o curso
sobre a nosa cidade, Ourense.
Despois dun intenso traballo, chegamos ao final do proceso:
editamos a nosa propia guía turística da cidade e fixemos de guías nunha ruta
interesantísima por Ourense o pasado venres 15 de xuño.
Tivemos uns visitantes
privilexiados: os rapaces e rapazas do CEE
Saladino Cortizo de Vigo que viñeron moi emocionados!
Foi un día cheo de nervios, emoción e sorrisos onde
compartimos e intercambiamos experiencias con alumnado doutro centro e outra
cidade. Os nenos sentiron unha grande responsabilidade por ensinar a nosa
cidade a outros compañeiros!
Dende o encontro nos Xardíns do Bispo Cesáreo, onde
esperaban con caras de expectación, pasando polas Burgas, a Praza Maior, a
Catedral, o Parque de San Lázaro e as beiras do río Miño, os pequenos gozaron
dunha experiencia incrible e novedosa. Feito o traballo de guías, todos xuntos
compartimos comida e xogos no parque Miño!
Xa para rematar, fixemos intercambio de agasallos! Eles
obsequiáronos cunhas chapas feitas a man e personalizadas, e nós entregámoslle
a nosa guía de Ourense editada.
Con moita mágoa tivemos que voltar aos nosos respectivos centros.
Agardamos volver a atoparvos compañeiros e compañeiras do Saladino!
Deixámosvos a nosa guía turística de Ourense e o making off
de todo o proxecto de investigación “Afondando en Ourense”.
Lectores xa estamos rematando o curso!! O verán está á volta da esquina!! O equipo da Biblioteca espera que disfrutedes este tempo de lecer e que vivades mil aventuras na compaña de boas lecturas. Na nosa selección para este verán atoparedes libros que aceleran o pulso nas noites estreladas, libros cheos de sentimentos que quentan o corazón nas tardes á sombra, historias que amenizan as sestas nos días calurosos. Os libros son grandes compañeiros para vivir mil aventuras. Non vos esquezades de meter os vosos na maleta.
“A imaxinación é a única arma contra a realidade”.
Desta vez, nos clubs de lectura adentrámonos nun clásico da
literatura, “Alicia en el país de las maravillas” do ano 1865. Optamos por unha
edición ilustrada da man de Rebeca Dautremer.
Foi unha historia que nos fascinou a todos. Nela recréase un
mundo imaxinario, no que todo aquilo que nos propoñamos pode facerse realidade.
Serviunos para fixarnos nas distintas personalidades que aparecían, sobre todo
analizando a personaxe principal,Alicia.
Tivemos charlas moi interesantes, analizando as ilustracións
(que tiveron defensores e detractores) e mesmo tivemos a oportunidade de
aproveitar a carballeira do cole para unha lectura na natureza.
Continuaremos lendo! Aquí vos deixamos unha pequena mostra
dos encontros.
Este ano oDÍA DAS LETRAS GALEGASestá adicado á María Victoria Moreno, unha mestra, escritora, amante da cultura galega que dedicou parte da súa vida ao ensino e promoción do galego como lingua.