jueves, 20 de diciembre de 2018

LECTURAS PARA O NADAL

Chegan as vacacións de Nadal, días de festa e descanso nos que tedes máis tempo para gozar coa lectura dun bo libro.  O Equipo da Biblioteca quere  recomendarvos algúns libros cos que poidades vivir fantásticas aventuras.

Desexamos que sexan do voso agrado.

ENTREGA DIPLOMAS

Hoxe na Biblioteca todos os nenos que participaron no VLConcurso de Contos de Medo recibiron un agasallo.
Os alumnos de 4º recibiron un diploma e un broche cada un  como agasallo.  Pola súa gran participación tamén recibiron un diploma para  a clase.



Os alumnos de 6º de Primaria tamén recibiron un diploma e un agasallo pola súa participación


As alumnas de 5º tamén acudiron á Biblioteca para recoller o seu agasallo e o seu diploma
 A alumna Sara Bolabo de 2º de EP recibiu un accesit  pola seu conto "a verdadeira historia de Sam e Aim"


A alumna de 5ºEP Xiana Corderí  Jardón recibiu un agasallo moi especial pola súa magnífica historia  coa que mereceu un honroso 3º premio

Un agasallo moi especial para a nosa semifinalista  Clara González García de 5ºEP coa sua obra: "Unha viaxe ao pasado"
Diploma e agasallo para a nosa campiona: Adela Romero Lage de 6ºEP pola súa obra titulada: "Unha excursión terrorífica"
Parabéns a todos, esperamos que sigades participando.

miércoles, 19 de diciembre de 2018

NADAL NA BIBLIOTECA


                                                                        Lectores xa estamos ás portas do NADAL! Unha festa  chea de ilusións, maxia,  emocións... Un tempo reservado para o reencontro familiar, para vivir con intensidade  as noites máis longas do ano e iluminar coas luces e coas panxoliñas a escuridade do inverno.
Se picades no seguinte enlace atoparedes un banco de  recursos para O NADAL
Se queredes saber máis cousas sobre o Nadal picade nas seguintes actividades LIM:
Na biblioteca estas semanas estivemos moi afaenados cos obradoiros, sacando libros dos andeis, preparando os adornos...
Nos obradoiros desenvolvidos nos recreos das últimas semanas os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria realizaron coroas de Nadal recortando e pegando as  mans,  os de 3º e 4º recortaron tiras de diferentes cores para realizar a súa coroa e os nenos de 5º e 6º fixeron adornos de Nadal con pinzas. Despois de moito traballo quedaron moi contentos cos resultados:


Dos andeis da  biblioteca sacamos os libros coa temática do Nadal, esta é unha selección que está no corredor da entrada , esperamos que vos gusten:

Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely by Slidely Slideshow

Os adornos de Nadal xa colgan do teito, as paredes, os andeis e os corredores están decorados para a ocasión convidándonos a todos a que nos impregnemos da maxia do Nadal.
 Así  de fermosa está este ano a Biblioteca:

decoracion nadal

Queredes coñecer a verdadeira historia da árbore de Nadal?? No seguinte vídeo cóntannola:
Se queredes coñecer a  verdadeira historia de Rudolf, o reno co nariz vermello, o axudante de Santa Claus, ollade este conto curto e divertido. Con el poderedes coñecer como este reno se converteu no líder dos renos de Papá Noel na noite de Nadal
Disfrutade con estas panxoliñas e villancicos:



lunes, 3 de diciembre de 2018

OBRADOIRO NO NADAL

Ola lectores  como pasa o tempo! Xa estamos no mes do Nadal!!! 
O equipo da Biblioteca xa está preparando novas actividades, comezamos nos recreos co III taller do Nadal no que elaboraremos unhas fermosas coroas. Atentos ao cartel.


Desexamos que vos guste. Agardámosvos na Biblioteca