miércoles, 26 de abril de 2017

IV APADRIÑAMENTO LECTOR

Entre as actividades programadas para celebrar a semana do libro, destacamos un ano máis o APADRIÑAMENTO LECTOR, que xa vai pola súa cuarta edición debido ao éxito que ten cada curso entre os cativos. 
O luns, 24 de abril, na hora de ler, os padriños e madriñas (alumnos de 6º, 5º. 4º e 3º de primaria) foron buscar ás aulas aos seus afillados e afilladas (nenos e nenas de 2º e 1º de primaria, e 4º, 5º e 6º de infantil), que xa esperaban impacientes,  e leváronos aos diferentes patios do centro, onde cada grupo buscou o seu recuncho preferido:  na nosa mini-carballeira, na zona dianteira ao lado de FRIOLÍN (mascota de Voz Natura), ao lado das árbores que plantaran o 24 de marzo... 
Alí os padriños leron o libro escollido ao seu afillado ou afillados e disfrutaron dese momento conxunto cheo de emocións, no que se fomentan, entre outros valores, as relacións interpersoais entre todos os nenos e nenas do centro. 
O tempo tamén quixo acompañarnos ese día cun sol espléndido, no que se fundiron os murmurios das palabras co canto dos paxaros que parecían tamén querer contar as súas historias.  

IV APADRIÑAMENTO LECTOR by Slidely Photo Gallery

jueves, 20 de abril de 2017

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

O dia 23 de abril celebramos o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO, unha celebración que pretende fomentar o pracer pola lectura, principalmente entre a xente máis nova, e respectar a contribución dos escritores ao progreso social e cultural.
Queredes saber por que se celebra o Día Internacional do libro o día 23 de abril?
Sabedes cal é a  Orixe Día do Libro  e de quen foi a idea?


As BIBLIOTECAS escolares Galegas celebran o DÍA DO LIBRO deste ano cun canto á poesía, da man da poeta galega ROSALÍA FERNÁNDEZ RIAL que nos agasallou cun poema inédito especialmente creado para celebrar a lectura, o libro, a maxia da palabra.



O Equipo da Biblioteca quere facer neste día unha homenaxe, polo centenario do seu nacemento, á escritora  GLORIA FUERTES  desenvolvendo diferentes actividades en torno a súa poesía.
Para empezar a coñecela ollade  as seguintes presentacións  que nos falan da súa vida e das súas obras:

Esta é a súa biografía contada por ela mesma:





Podemos coñecer a súa obra realizando as actividades que se propoñen na seguinte unidade:

Tamén temos previsto realizar outras actividades das que facemos un pequeno avance:
1. APADRIÑAMENTO LECTOR: Como todos os anos os padriños e madriñas recollerán aos seus afillados e levarannos ao patio, para lerlles o libro que elexiron con tanto esmero.
2. Sesión de CONTACONTOS coa técnica do KAMISHIBAI: Tres alumnas de 5º de Primaria adaptaron o conto Lola quere ir á Lúa-
3. OBRADOIROS de elaboración de marcapáxinas
4. BIBLIO-PATIO: Durante toda a semana, na hora do recreo, os axudantes levarán ao patio unha selección de libros.

Estupendas curtas para fomentar a lectura:
Los Fantásticos Libros Voladores:


El increíble Niño Come Libros:

Libros e lectura:

Na honra da nosa homenaxeada particular:




miércoles, 19 de abril de 2017

NOVOS AXUDANTES

Os novos axudantes da BIBLIOTECA (14 alumnos de 6º de primaria) xa recibiron a formación necesaria e firmaron o seu contrato no que se comprometeron, cheos de ilusión, a desenvolver, ao longo deste trimestre,  moitas e variadas actuacións entre as que destacamos:
  • Colocar os libros nos andeis e manter  en orde a BIBLIOTECA.
  • Axudarlle aos nenos máis pequenos a buscar libros.
  • Reparar os fondos que se atopan no hospital.
  • Colaborar na actividade de LIBRO-PATIO, levando e coidando os libros.
  • Lerlle contos aos máis pequenos no recreo.
O EQUIPO DA BIBLIOTECA agradece a súa colaboración e deséxalles a todos unha experiencia gratificante e motivadora.


INVESTIGANDO SOBRE O ANTIGO EXIPTO

Como remate do proxecto que desenvolveron os alumnos de 6º de Educación Infantil sobre "O Antigo Exipto" o alumno de 5º de Primaria, Víctor Rodríguez Cid, fixo un traballo de investigación sobre os monumentos,  costumes,  relixión...  elaborando unha presentación que expuxo na clase de infantil. Foi unha charla moi divertida e interactiva na que os nenos de infantil mostraron o moito que aprenderon e todo o que saben sobre o Antigo Exipto.
Este é o seu traballo

Así foi a súa exposición

Nieves Rodriguez de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

domingo, 2 de abril de 2017

EN ABRIL LIBROS MIL


Comeza o mes de abril coa celebración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, unha data que se celebra todos os dous de abril  desde o ano 1967 para conmemorar o nacemento de Hans Christian Andersen, data promovida pola Organización Internacional del Libro Juvenil (IBBY) para promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os mais cativos. Coma todos os anos a organización IBBY, a súa sección española OEPLI e outras entidades colaboradoras editan un cartel cunha imaxe e unha mensaxe especialmente diseñada para este día. Este ano a sección IBBY  de Rusia foi a encargada de elaborar o cartel ( que aparece na imaxe),  o texto (dun escritor ruso) fala da importancia do libro como acompañante imprescindible no proceso de maduración persoal ao longo da vida, e do pracer que o libro e a lectura proporcionan.
A  través da seguinte animación, realizada porTomas Bases, podedes coñecer a figura de Hans Christian Andersen:



No seguinte video fannos un resumo da vida e obra deste  autor:




Se picades no seguinte enlace podedes coñecer a biografía de Hans Christian Andersen e as súas principais obras: HANS CHRISTIAN ANDERSEN

Para achegarvos á figura de Hans Christian Andersen o equipo da biblioteca invítavos a facer as actividades interactivas que aparecen no seguinte enlace elaborado polo CEIP Mestre Goldar de Vigo:  Coñecendo a Andersen
Estas son algunhas das súas obras;
O soldadiño de chumbo


O parrulo feo


A pequena vendedora de mistos