Para celebrar o Día Internacional das Bibliotecas o profesor Xosé Carlos Caramés desenvolveu cos nenos e nenas de Educación Infantil e cos de 1º de Educación Primaria unha sesión de contacontos. Coa técnica do kamishibai contounos dous contos:
"Peixiño, peixiño" e "Dante o Xigante". Aos nenos gustoulle moito esta actividade, pasárono moi ben. A súa ledicia queda reflictida nas súas caras.
O equipo da BIBLIOTECA anímavos a que compartades as historias máis arrepiantes que lle poden pasar a nosa protagonista deste ano:
NARIGOTA, unha pinga de auga que, unha noite tenebrosa de raios e tronos, escápase da choiva cobrando vida sobre a TERRA e, cos seus amigos (unha nube de vapor
e un cubo de xeo), fará
unha longa viaxe na que se atopará con seres maléficos e vivirá situacións que dan moito, moito, moitísimo medo!!!!
Escribide a vosa historia en galego, podedes decorala con debuxos,
Xa temos a Bilioteca decorada para que vos acheguedes a ela e pasedes un SAMAÍN de moito, moito , moitíííísimo medo con todas as lecturas que temos seleccionadas. Estes son algúns dos libros que vos temos preparados:
Xa chega o SAMAIN unha tradición galega de orixe celta, predecesora da festa de HALLOWEEN, que se celebra cada 31 de outubro cando comeza o aninovo celta.
Nesta noite as ánimas dos finados voltan
visitar as súas familias e as súas vellas casas para quentarense ao carón do
lume e comer dos alimentos que con agarimo lles teñen preparados os parentes.
O cristianismo, adoptando o ano novo dos
celtas e a súa festa á honra dos mortos, designaría o primeiro de novembro como
día de Todos os Santos, e no século XII, ao día seguinte como día de Defuntos.
A LENDA DA CABAZA.
Chega o outono. Tempo de castañas,
noces, vento, follas secas e días escuros. É o tempo de recoller o maínzo e as
cabazas. É tamén o tempo en que a rapazada fai as caveiras na cortiza das
cabazas, seguindo unha antiga tradición dos tempos dos celtas.
Os celtas foron uns antigos habitantes
de Galicia. Un dos seus costumes era poñer unha luz acesa dentro das caveiras
dos inimigos mortos. Xa hai moitos séculos que tal costume se perdeu, máis hoxe
en día aínda fica a tradición de tallar unha caveira na cortiza dos melóns e
poñer no seu interior unha candea que escentile pola noite.
Os celtas, antigos habitantes de terras
galegas, tiñan un grande respecto polos mortos. Nas súas caveiras poñían unha
candea para que, ao escentilar pola noite, puxera medo no corazón da xente.
Tal cousa facíana ao chegar os tempos
escuros do ano, que ao andar o tempo, foise transformando na festa dos
defuntos
Hoxe en día xa non se practican tales
crenzas, máis ao longo do tempo mantívose un costume derivado destas: tallar
caveiras na cortiza das cabazas e alumealas cunha candea no seu interior.
Escoitade a historia do SAMAIN
RECURSOS PARA TRABALLAR NAS AULAS
Pica nos seguintes enlaces e atoparás moitas actividades interactivas
Cales son os mellores libros da Literatura Infantil?
Na busca dunha avaliación crítica colectiva, Jane Ciabattari da BBC Cultura preguntoulle a decenas de críticos de todo o mundo cales eran para eles os mellores libros infantís (entendendo por literatura infantil libros para menores de once anos). Este foi o resultado:
O equipo da biblioteca proponvos as seguintes actividades para celebrar o Día das Bibliotecas:
Sesión de contacontos coa técnica do Kamishibai para os alumnos máis pequenos do centro.
Os lectores de educación infantil, primeiro e segundo de primaria deben coller un conto tradicional, buscar o personaxe máis malo e debuxalo no espazo en branco do cartel elaborado para a ocasión.
Os lectores de 3º,4º,5º e 6º de primaria buscarán e elaborarán un cartel cos personaxes máis perversos dos nosos libros enumerando as súas falcatruadas.
Todos os carteis estarán expostos na entrada da bibloteca.
ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES CON ESTAS ACTIVIDADES!!!!!
O día 24 de outubro é o Día Internacional das Bibliotecas. No noso país está dedicado especialmente ao público infantil e xuvenil.
Desde o ano 1997 a Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil promove esta celebración en recordo dun triste suceso: a destrución da Biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante o conflito dos balcáns. Esta iniciativa xurdiu para trasladar á opinión pública a importancia das bibliotecas como un lugar de econtro dos lectores de todas as idades coa cultura e, como un instrumento de mellora da formación e da convivencia humana. Despois do brutal ataque á biblioteca de Sarajevo o médico e historiador croata Mirko D. Grmek acuñou o termo memoricidio para definir a destrución da memoria e o tesouro cultural do adversario : "Bibliotecas públicas, privadas, escolares, universitarias, nacionais... Todas elas acollen grandes tesouros e, destruílas ou non protexelas, que ven a ser o mesmo é un memoricidio en pequena escala" Unha das mellores maneiras de protexelas é dándoas a coñecer, mostrar todos os seus recunchos, sacar os documentos dos fríos estantes e colocalos nas mans dos lectores, e, sobre todo, falar e facer que se fale delas. A nosa biblioteca tamén quere participar nesta celebración. Empezaremos ollando o vídeo que fai un percorrido das quince bibliotecas máis fermosas do mundo:
Biblioteca escolar, base de
exploracións" é o lema elixido este curso
para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares.
Este lema chama
a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar
posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo; a
estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a coñecer as viaxes
que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, bota ao
camiño a milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. Convida a
explorar o mundo e a compartir o aprendido. (Recollido da páxina
de Bibliotecas Escolares)
Xa están en marcha as mochilas viaxeiras cargadas de libros e revistasque, ata xuño, irán rotando de casa en casa en todos os cursos do cole. Esperamos que disfrutedes da súa estancia entre vós.
As mochilas xorden coa idea de fomentar o hábito de ler en todos os membros da familia, por iso dentro de cada unha atoparedes diferentes materiais tanto para os nenos como para os adultos.
Recordade que dentro de cada unha hai pequenos tesouros que debedes coidar para que todos os poidan gozar nas mellores condicións.
"Venres nas librarías" é unha campañade dinamización do libro galego que puxeron en marcha as Consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a de Economía e Industria da Xunta de Galicia xunto coa federación das Librarías de Galicia e a Asociación Galega de Editores.
O principal obxectivo desta campaña é o de promocionar a lectura e a venda de libros galegos.
Desenvolverase esta actividade nas librarías interesadas e asociadas á Federación de Librarías de Galicia e terá lugar os venres e sábados dos mese de outubro e novembro de 2015 e os meses de febreiro e marzo de 2016.
A presidenta da Federación informou das actividades programadas nas diferentes librarías de Lalín, Vigo, A Coruña, Moaña, Ourense, Santiago de Compostela, Narón e Vigo.
Hai moitas e variadas actividades, Consultade o programa por se vos interesa algunha
A escritora viguesa Ledicia Costas foi a gañadora do premio Nacional de Literatura Infantil pola súa obra" Escarlatina, a cociñeira defunta".
Este é un galardón que concede o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir unha obra dalgún autor español, escrita en calquera das linguas oficiais e editada en España no ano 2014.
O xurado definiu este libro coma " unha obra extraordinaria, humorística e rompedora que destaca pola súa fácil lectura, polo seu humor arrepiante e pola habilidade para desmitificar o mundo da morte"
Esta obra que, tamén recibiu o Premio Merlín da Literatura Infantl 2014, gustoulle moito aos alumnos de 6º de Educación Primaria do ano pasado. Participaron na actividade " Encontros coa autora" na que, despois de traballar con este libro na aula, reuníronse coa autora na Escola Municipal de Artes Escénicas de Ourense o 30 de xaneiro. Para recordar esta actividade picade na palabra encontro
Se queredes coñecer máis cousas desta autora que tan nos gusta picade no seu nome