Xa estamos ás portas do Nadal !!! Unha festa repleta de Ilusións, de Tradicións, de Emocións... Un tempo reservado para o reencontro familiar, para vivir con intensidade as noites máis longas do ano e iluminar coas luces, coas fitas de prata e coas panxoliñas a escuridade do inverno.
Son estas unhas festas cheas de maxia, nas que conviven amigablemente as tradicións cistiáns coas lendas e ritos de orixe pagano.
Dentro do marco do noso proxecto: "Auga, Pedra, Sabedoría e Terra" propoñemos fondar nas tradicións, nas lendas e nos costumes que forman prte do noso Patrimonio Cultural..
Se picades nos seguintes enlaces atoparedes lendas, coñeceredes as tradicións e os seus rituais
CÓNTAME COMO É O NADAL (Unidade didáctica)
Na BIBLIOTECA esta semana estivemos moi afaenados cos obradoiros, sacando os libros dos andeis, preparndo os adornos...
Nos recreos desenvolvemos o II TALLER DE MANUALIDADES DO NADAL, un taller no que participaron moitos nenos e nenas de todas as clases, reciclando botes de vidro para convertilos en orixinais candeeiros coa forma de Papá Noel, decorados con estrelas de cores, con purpurina...para lucilos nas súas casas durante todas as festas.
Os adornos de Nadal xa colgan do teito, nos vidros e as paredes da entrada da Biblioteca están decoradas para ocasión invitándonos a todos a entrar e a impregnarse da maxia do Nadal.
Así de fermosa está nestas festas:
Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery
Panxoliñas que forman parte do noso patrimonio:
Cantigas Tradicionais do Nadal
Rapaciño
Pola Media Noite