Mostrando entradas con la etiqueta día da infancia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día da infancia. Mostrar todas las entradas
lunes, 30 de noviembre de 2020
UNHA HISTORIA DE IGUALDADE
Os nenos e nenas de 5 anos coñeceron un conto que lles encantou!!
¡VIVAN LAS UÑAS DE COLORES!!
Este conto está inspirado nunha historia real que se difundiu a través das redes sociais cunha gran repercusión. Nel móstranos como na nosa sociedade aínda hai moitos prexuizos e patróns de xénero moi ríxidos.
sábado, 21 de noviembre de 2020
DÍA MUNDIAL DO NENO E DA NENA
Como cada 20 de novembro celebramos o DÍA MUNDIAL DO NENO E DA NENA no que recordamos os dereitos dos nenos e das nenas e seguimos reinvidicando o seu cumprimento por parte de todas as sociedades e nacións xa que aínda estamos moi lonxe de acadar a súa plena consecución.
Na páxina da Nacións Unidas temos información sobre esta data:
- NACIÓNS UNIDAS: DÍA MUNDIAL DO NENO
Tamén na páxina de UNICEF, principal organización internacional que se dedica ao coidado e defensa da infancia:
- UNICEF: DÍA UNIVERSAL DO NENO
Realizamos a seguinte presentación na que recordamos os dereitos básicos:
miércoles, 27 de noviembre de 2019
I SEMANA DA DIVERSIDADE E DA IGUALDADE
Coincidindo nestes días de novembro coa celebración, o día 20, do Día Universal Do Neno e o día 25, do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, celebramos no colexio a I SEMANA DA DIVERSIDADE E DA IGUALDADE, tratando de impulsar e promover a convivencia, a tolerancia e o respecto ás diferenzas, valorándoas como un factor de enriquecemento, co fin de acadar valores e actitudes conducentes á igualdade de trato e oportunidades e a non discriminación, tanto dende a perspectiva de xénero como dende a diversidade.
I SEMANA DA DIVERSIDADE E DA IGUALDADE
Empezamos o luns 18 de novembro e ata o día 25, realizamos diferentes actividades:
- OBRADOIROS: impartidos por Tatiana, orientadora do cole, e Idoya, mestra de PT. Xogos para entender a diversidade, o aillamento que sofren as persoas por ser diferentes, a aceptación das diferenzas e a inclusión. Talleres sobre os estereotipos sexistas (xoguetes, tarefas na casa...), a violencia machista... Intercambio de experiencias e debates.
OBRADOIROS SOBRE A DIVERSIDADE E A IGUALDADE by Slidely Photo Gallery
- SESIÓNS DE LECTURAS E CONTACONTOS: seleccionáronse libros coa temática da igualdade e o respecto á diversidade. Realizáronse sesións de contacontos e/ou lecturas na biblioteca e nas diferentes aulas.
OBRADOIROS SOBRE A DIVERSIDADE E A IGUALDADE by Slidely Photo Gallery
- SESIÓNS DE LECTURAS E CONTACONTOS: seleccionáronse libros coa temática da igualdade e o respecto á diversidade. Realizáronse sesións de contacontos e/ou lecturas na biblioteca e nas diferentes aulas.
A nai de Teo (un alumno de 5 anos), foi a encargada de contarlles aos máis pequenos de 3 anos unha historia de autoestima e aceptación: "ORELLAS DE BOLBORETA".
Os maiores de 6º A acudiron ás aulas dos pequenos e pequenas de 4 anos para contarlles as historias: "GRANDE" e "MARTÍN GRIS".
Os rapaces e rapazas de 6º B inventaron a historia "UNHA OKUPA NO GALIÑEIRO" (relacionándoa co proxecto de Voz Natura NOS SEUS ZA-PATOS). Fixeron unha primeira presentación da mesma que lle pasaron aos pequenos de 5 anos e logo continuaron na zona onde temos os patos, na pequena carballeira do patio do cole.
Noutras aulas, ben os profesores, ben os alumnos, leron e contaron algunha destas historias:

- PROXECCIÓN DE CURTAS E PELÍCULAS: tamén dunha selección entregada a cada curso, proxectáronse curtametraxes e películas nas que a sensibilización sobre a diversidade, a valoración dun mesmo e da aceptación das diferenzas, o respecto, así como a non discriminación e rexeitamento de calquera maltrato eran os temas principais.
Nestes enlaces podedes visualizar algunhas das que se proxectaron:
- El puercoespín en Navidad
- El cazo de Lorenzo
- Por cuatro esquinitas de nada
- No te rayes, inclusión.
- Un mundo a su medida.
- La desigualdad de género no es un juego de niños.
- Cambia de cuento. Caperucita Roja.
- Igualdad de género. Coeducación.
- Por el principio.
- Igualdad de género.
- Cuerdas.
- Ian.
- Lolo, un conejo diferente.
- Sésamo: Diversidad
- CANCIÓNS E BAILES: nun acto conxunto cantamos e bailamos cancións sobre a igualdade e a diversidade.
- Canta con Panda la canción de la igualdad.
- Yo estoy muy orgulloso.
- Canta con Panda la canción de la igualdad.
- Yo estoy muy orgulloso.
E con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, eleximos un lema, que se plasmou nun mural e que cada neno reproduciu libremente. Tamén nun acto conxunto cantamos e bailamos expresando o noso desexo de que se termine este grave problema.
DÍA INTERNACIONAL DE ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER by Slidely Photo Gallery
martes, 19 de noviembre de 2019
DIA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA
O 20 de novembro conmemoramos o Día Internacional dos Dereitos do Neno, coñecido tamén como o Día Universal dos Dereitos da Infancia, coincidindo co aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno no ano 1989.
Se queredes coñecer por que se celebra e cales son os dereitos picade no seguinte enlace: Dia Universal da Infancia
A conmemoración desta data serve para concienciar á sociedade de que os nenos e as nenas son o colectivo mais vulnerable, principalmente en situacións de crise e de problemas. Este día lémbranos que os nenos teñen dereito a estar seguros e protexidos e que teñen dereito á saúde e á educación independentemente do lugar no que naceran.
Para traballar sobre este importante tema comezaremos por saber cales son os dereitos dos nenos e nenas co seguinte video de Mafalda:
Día Dos dereitos da Infancia
Dereitos do neno
RAYUELA
Convidámosvos a ollar estes videos sobre os Dereitos da Infancia:
Dereitos dos nenos contados polos nenos
Cancións sobre os Deitos da Infancia
lunes, 19 de noviembre de 2018
DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO NENO
O día 20 de novembro conmemoramos o Día Universal da infancia, coincidindo co aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno no ano 1989. Se queredes saber máis cousas sobre este tema picade no seguinte enlace: DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA-
É unha data que nos fai recordar que un neno non é soamente un ser fráxil que necesita protección, senón tamén unha persoa que ten dereito a ser educado, coidado e protexido dondequeira que nacera. Tamén é un día para lembrar que millóns de nenos e nenas de moitos sitios do mundo non teñen garantidos dereitos básicos como o dereito á alimentación, a non ser maltratados ou explotados entre outros.
Se picades no seguinte enlace atoparedes información sobre a necesidade de celebrar este día: POR QUE SE CELEBRA?
Convidámosvos a ler o Libro dos Dereitos segundo Mafalda:
Nos seguintes enlaces atoparedes recursos para traballar neste día:
ENLACES PARA TRABALLAR OS DEREITOS DA INFANCIA
BANCO DE RECURSOS
RECURSOS DÍA DEREITOS DO NENO
Nos corredores atoparedes murais sobre os dereitos da infancia:
murais dereitos infancia
O Equipo da Biblioteca sacou dos andeis libros sobre os dereitos dos nenos para facer a exposición á entrada da biblioteca:
Convidámosvos a ver os seguintes videos sobre os dereitos do neno:
Nos seguintes enlaces atoparedes recursos para traballar neste día:
ENLACES PARA TRABALLAR OS DEREITOS DA INFANCIA
BANCO DE RECURSOS
RECURSOS DÍA DEREITOS DO NENO
Nos corredores atoparedes murais sobre os dereitos da infancia:
murais dereitos infancia
O Equipo da Biblioteca sacou dos andeis libros sobre os dereitos dos nenos para facer a exposición á entrada da biblioteca:
lunes, 27 de noviembre de 2017
DÍA DE CONMEMORACIÓNS
Hoxe, despois da hora de ler, os nenos e os mestres do cole saímos ao patio para conmemorar nun único acto tres datas moi entrañables para todos nós e que están moi próximas no calendario: celebramos o Día dos Dereitos do Neno, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Iniciaron este acto tres alumnos de 6º de Primaria lendo o seguinte manifesto no que nos pediron a toda a Comunidade educativa os seguintes compromisos:
![]() |
Rematamos este sinxelo acto cantando mediante a linguaxe de signos a canción de Guadi Galego Chea de Vida. Unha canción na que as emocións e os sentimentos convértense en abanderados, así o define a propia autora, nun canto de amor á muller e á liberdade.
Queremos agradecerlle a Patricia, nai de Julia, alumna de 5º de Educación Infantil, por ensinarnos a todos nós a expresarnos coa linguaxe de signos, sen a súa axuda e o seu tesón non seríamos capaces de conseguilo.
Moitas grazas pola túa axuda e esperamos seguir aprendendo contigo.
Moitas grazas pola túa axuda e esperamos seguir aprendendo contigo.
Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery
martes, 21 de noviembre de 2017
ENCONTRO COS AVÓS
Hoxe no cole tivemos unha visita moi especial!! Co gallo da celebración do Día Internacional dos Dereitos do Neno achegáronse ata o noso centro cinco avós e avoas da Residencia Fogar San Amaro e outros avós e avoas de nenos do cole para compartir con nós uns momentos entrañables, cheos de nostalxia, nos que os avós foron desgranando ás súas vivenzas na escola da súa infancia, explicáronnos como pasaban os días, os traballos que facían, como eran as clases, a que xogaban, cales eran os seus xoguetes... Os alumnos das diferentes clases escoitaron as súas historias con moita atención e interese, fixéronlles moitas preguntas e déronse conta das notables diferenzas entre a súa infancia e como foi a dos avós, e como foi evolucionando a vida e os dereitos dos nenos ao longo do tempo.
Este encontro interxeracional foi unha experiencia moi enriquecedora, tanto para os nenos coma para os nosos maiores que se sentiron protagonistas e foron arroupados polo cariño e admiración dos pequenos.
Como se reflicte nas biografías que nos aportaron algúns deles tiveron unhas vidas extraordinarias.
Este encontro interxeracional foi unha experiencia moi enriquecedora, tanto para os nenos coma para os nosos maiores que se sentiron protagonistas e foron arroupados polo cariño e admiración dos pequenos.
Como se reflicte nas biografías que nos aportaron algúns deles tiveron unhas vidas extraordinarias.
Moitas grazas a Marina e Antonio, avós de Iria, a Miguel, a Manola, a Alfonso, a Xosé, a Moncho, a Mabel, avoa de Isamar e Candela, a Gloria, nai de Aissatou, e a Marisa, avoa de Mario San Juan, por compartir con todos nós eses recordos tan entrañables.
Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely by Slidely Photo Gallery
martes, 14 de noviembre de 2017
DEREITOS DA INFANCIA
No ano 1959 a ONU aprobou a Declaración dos dereitos do neno ( se picas no anterior enlace atoparás máis información), por iniciativa de UNICEF e dende o ano 2000 celebramos todos os 20 de novembro o Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e Nenas.
Se picades no seguinte enlace atoparedes información sobre a necesidade de celebrar este día; Por que se celebra o Dia dos Dereitos da Infancia?
No seguinte vídeo explícannos cales son estes Dereitos:
Nos seguintes enlaces atoparedes diferentes materiais para traballar este día:
Banco de Recursos
CADERNO DOS DEREITOS
Nos seguintes videos explícannos cales son so nosos dereitos e deberes :
CADERNO DOS DEREITOS
Nos seguintes videos explícannos cales son so nosos dereitos e deberes :
Nas seguintes cancións fan un repaso dos nosos dereitos:
viernes, 18 de noviembre de 2016
DEREITOS DA INFANCIA
O Día Internacional dos Dereitos do Neno celébrase o 20 de novembro , é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo.
Sobre todo é un día para chamar a atención sobre a situación dos nenos mais desfavorecidos, coñecer os dereitos da infancia e concienciar ao mundo da importancia de traballar polo seu benestar e desenvolvemento.
Se queredes coñecer a historia sobre este día picade nos seguintes enlaces:
dereitos infancia
dereitos e deberes
Ou ollade este video
caderno dos teus dereitos
Picando nos seguintes enlaces atoparedes moitas e variadas actividades para traballar neste día:
RECURSOS
BANCO RECURSOS
UNIDADE DIDÁCTICA
Caderno de traballo
ACTIVIDADES
dereitos infancia
dereitos e deberes
Ou ollade este video
caderno dos teus dereitos
Picando nos seguintes enlaces atoparedes moitas e variadas actividades para traballar neste día:
RECURSOS
BANCO RECURSOS
UNIDADE DIDÁCTICA
Caderno de traballo
ACTIVIDADES
Nos seguintes videos fálannos dos dereitos do neno
Esta é unha pequena selección de libros interesantes:
Insertar en Blog - collage />
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


















