lunes, 27 de enero de 2020

DÍA ESCOLAR DA NON-VIOLENCIA E DA PAZ

Cada 30 de xaneiro, coincidindo coa conmemoración da morte do líder nacional e espiritual da India, Mahatma Gandhi, desenvólvese a iniciativa da conmemoración do Día Escolar da Paz e da Non Violencia, recoñecido como tal pola UNESCO no ano 1993.
Este día todos os colexios, centros e espazos públicos, convértense en instrumentos de entendemento entre as persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión; preténdese  reafirmar a  necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos DDHH, a Non Violencia e a PAZ. Neste día todos alzamos a voz contra a violencia e en favor do amor, a convivencia pacífica e harmoniosa. Palabras como amizade, paciencia, tolerancia predominan nos nosos carteis nos que reivindicamos a necesidade de que a felicidade reine no noso planeta. 
Se queredes coñecer a vida e os feitos de Gandhi  para acadar un mundo sen violencia ollade este video:


O equipo da BIBLIOTECA sacou dos andeis os libros sobre esta temática e fixo unha exposición no corredor da entrada para que gocedes coa súa lectura.

O mundo en PAZ que reclamamos debe ser un mundo saudable, libre de contaminación e con perspectivas de futuro, seguindo o noso lema "Desplastifícate"faremos a nosa reclamación con tintes ambientais (materiais reciclables) esixindo solidariedade co medio que nos rodea e no que transcurren as nosas vidas. Reclamamos un mundo no que a sosteñibilidade e a harmonía abranga á natureza e aos elementos que a impregnan; mares, ríos, auga, animais e plantas.
Nos seguintes enlaces atoparedes un banco de recursos para traballar neste día:
RECOMPILACIÓN RECURSOS PARA A PAZ
RECURSOS PARA A PAZ
PROXECTO: DÍA ESCOLAR DA PAZ
ACTIVIDADES LIM: DIA DA PAZ
ACTIVIDADES INTERACTIVAS; DIA DA NON VIOLENCIA
 No seguinte video atoparedes os Premios Nobel da Paz mais populares dos últimos 50  anos: 
Disfrutade escoitando e vendo estes contos sobre a PAZ:



Algunhas cancións para celebrar este día:



domingo, 19 de enero de 2020

NOA NO ESPELLO, UN CONTO SOBRE IGUALDADE

O 17 de xaneiro contamos no noso centro coa presenza de Sabela Gago que nos contou a historia de Noa, Uxía e Antón: "NOA NO ESPELLO", unha historia sobre a igualdade de xénero.
Noa é unha nena á que lle gusta ler contos de superheroes, asubiar, xogar á pelota..., en cambio a Uxía gústalle bailar, ler contos de princesas... a Antón gústalle xogar coas espadas.. 
Cada un de nós temos o noso propio gusto, tamén todos somos diferentes como Noa observa: uns máis baixos, outros de pel escura, outros teñen pencas... . 
A través desta historia e por medio da imaxinación que Sabela sabe espertar nos nenos e nenas mediante música, xogos de linguaxe, de repetición, coreografías, mímica... interactuando en todo o momento con eles, intenta ensinarlles ao final como temos que enfrontarnos á crítica e como podemos chegar a vencela, superando os nosos propios medos. E que facer o que a un lle gusta é o mellor para sentirse feliz. 



NOA NO ESPELLO by Slidely Photo Gallery

Os nenos e nenas viviron uns momentos moi especiais, como son sempre con Sabela, que sabe captar a súa atención e os fai partícipes das súas historias, espertando a súa imaxinación e a súa sorpresa nuns momentos lúdicos e moi emotivos para eles.