O Equipo de Dinamización da BIBLIOTECA en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega participa cunhas cartas moi emotivas , escritas polos nenos do cole, no CONCURSO CARTAS AO APALPADOR que se celebrará na Coruña o 31 de decembro. Estade atentos para saber o resultado.
O Apalpador, tamén coñecido como o Pandigueiro na comarca de Trives, é a figura mítica orixinario das montañas do Caurel, propio do Nadal Galego.
Un ser fantástico, un xigante, de profesión carboeiro. que polas festas do Nadal, concretamente o 31 de decembro, baixa das montañas para visitar aos máis cativos e comprobar se están ben mantidos. Pálpalles a barriga ( de aí o seu nome) para saber se comeron ben ese ano e, o día de Ano Vello, mentres eles están a durmir, déixalles de agasallo castañas e algunha que outra sorpresa. Para coñecer a súa historia ollade estes videos:
Se picades nos seguintes enlaces atoparedes moitos recursos para coñecer moitas cousas sobre este mítico personaxe
Xa estamos ás portas do Nadal !!! Unha festa repleta de Ilusións, de Tradicións, de Emocións... Un tempo reservado para o reencontro familiar, para vivir con intensidade as noites máis longas do ano e iluminar coas luces, coas fitas de prata e coas panxoliñas a escuridade do inverno.
Son estas unhas festas cheas de maxia, nas que conviven amigablemente as tradicións cistiáns coas lendas e ritos de orixe pagano.
Dentro do marco do noso proxecto: "Auga, Pedra, Sabedoría e Terra" propoñemos fondar nas tradicións, nas lendas e nos costumes que forman prte do noso Patrimonio Cultural..
Se picades nos seguintes enlaces atoparedes lendas, coñeceredes as tradicións e os seus rituais
Na BIBLIOTECA esta semana estivemos moi afaenados cos obradoiros, sacando os libros dos andeis, preparndo os adornos...
Nos recreos desenvolvemos o II TALLER DE MANUALIDADES DO NADAL, un taller no que participaron moitos nenos e nenas de todas as clases, reciclando botes de vidro para convertilos en orixinais candeeiros coa forma de Papá Noel, decorados con estrelas de cores, con purpurina...para lucilos nas súas casas durante todas as festas. Os adornos de Nadal xa colgan do teito, nos vidros e as paredes da entrada da Biblioteca están decoradas para ocasión invitándonos a todos a entrar e a impregnarse da maxia do Nadal. Así de fermosa está nestas festas:
nadal biblioteca Esta é unha pequena mostra dos libros seleccionados, esperamos que vós gusten