lunes, 31 de mayo de 2021

PHOTOCALL DO CAMIÑO

Outra das actividades realizadas dentro do noso proxecto ECO PEREGRINOS NO BO CAMIÑO, consistiu nunha exposición na entrada do cole con fotografías dos nenos e das nenas, sós ou acompañados, nalgún punto da ruta do Camiño de Santiago, preferentemente na Vía da Prata, por ser esta ruta á que lle demos máis prioridade por pasar pola nosa cidade. 

Aínda non rematado, pois continuaremos no vindeiro curso, aquí temos xa as primeiras fotos:



martes, 25 de mayo de 2021

CHARLAS SOBRE O CAMIÑO

Para que os nenos e as nenas coñeceran de primeira man información sobre O Camiño, o seu significado, as diferentes rutas, os símbolos, as motivacións e as vivencias da xente que o leva a cabo, realizamos no centro unha serie de charlas. 

Tanto nas aulas de infantil, coma nas de primaria, en distintos días e sesións, ao longo do mes de maio,  contamos coa presenza de membros da nosa comunidade educativa que xa realizaran algunha das rutas: 

- Esther, nai de dous alumnos do centro, explicoulles as súas experiencias ao longo do Camiño, e ensinoulles mapas, cunchas, cabazas, credenciais (a compostelá) e contestou a todas as preguntas e dúbidas dos rapaces e rapazas... Esther realizou o Camiño Portugués dende Os Rosais.

























- Mila, conserxe do colexio, que realizou xa catro tramos diferentes: dende Sarria, a pé, dende Ponferrada en bicicleta, dende Avilés a pé e dende A Gudiña en bici. Tamén lles contou as súas vivencias e lles deu consellos de como debían prepararse por se algún día se animaban a realizar esta experiencia que para ela resultara moi positiva e enriquecedora.






viernes, 21 de mayo de 2021

ECO PEREGRINO NO BO CAMIÑO

Este curso traballamos sobre o proxecto centrado no Camiño de Santiago é titulado "ECO PEREGRINOS NO BO CAMIÑO". Dada a situación complicada coa que comezamos o curso, demoramos un pouco o seu comezo, pero a intención é de continuar co mesmo o vindeiro curso. 
Para ambientar a nosa biblioteca, decoramos a porta de entrada como se fose a entrada da Catedral de Santiago e fixemos unha exposición de libros sobre a temática que íamos a traballar. Mafalda, que nos acompañou todo o curso, tamén quixo vestirse de eco-peregrina:












Ademais decoramos o corredor que dá entrada a nosa biblioteca coas etapas da Ruta da Prata (por ser esa ruta a que pasa por Ourense)




jueves, 20 de mayo de 2021

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

Xela Arias Castaño (Sarria 1962 – Vigo 2003) foi a personalidade literaria elexida pola Real Academia Galega RAG para protagonizar o Día Das Letras Galegas 2021. Con este nomeamento a RAG reivindica a memoria, a cultura e a lingua do pobo galego. Xela foi escritora, tradutora e profesora galega. Poeta rompedora e muller comprometida co movemento feminista, ecoloxista e pacifista.

Para coñecer a figura e a obra de Xela preparamos o seguinte documento (ALFIN):


Cunha pequena exposición de libros sobre a súa vida e a súa obra rendimos homenaxe a XELA ARIAS e tamén á figura das mulleres ás que lles adicaron as LETRAS GALEGAS en anos anteriores: Rosalía de Castro, Francisca Herrera, María Mariño e María Victoria Moreno.  





martes, 18 de mayo de 2021

ACCIÓNS POLA IGUALDADE

Na semana do 10 ao 13 de maio realizamos unha serie de actividades, en colaboración coa ANPA do noso centro, para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero. 

Realizáronse dous tipos de actividades:

1- Sesións de contacontos e xogos para infantil, 1º, 2º e 3º de primaria.

2- Obradoiros de ciencia a través dos traballos e inventos de mulleres científicas, para o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria.

Na seguinte presentación tedes máis información e imaxes das distintas actividades: