domingo, 26 de octubre de 2014

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR

Con motivo do Día da Biblioteca Escolar o profe Xosé Carlos Caramés contounos o conto "O gato sol" empregando a técnica do kamishibai. O kamishibai é una forma tradicional xaponesa de contar historias con láminas que teñen unha ilustración na parte dianteira e texto na parte traseira. Estas láminas vanse colocando en orde nun teatriño de tres portas chamado "butai". O presentador ou interprete vai lendo as láminas mentres os espectadores (neste caso os nenos/as) ven as ilustracións. A experiencia resultou moi positiva como podedes ver nas imaxes. Ao rematar o conto os nenos/as confeccionaron o seu persoal gato de papel.



ESPERAMOS REPETIR A EXPERIENCIA!!

martes, 21 de octubre de 2014

II CONCURSO RELATOS DE MEDO

II CONCURSO DE CONTOS DE MEDO

Temática: Relacionada con calqueira tipo de medo: á noite, á escuridade, ás sombras, ás tormentas, aos pesadelos, aos terrores nocturnos. Medo aos monstros, aos bruxos, ás meigas, aos vampiros, ás pantasmas, aos trasnos. Medo a algúns animais (ao lobo, ás arañas, aos paxaros, aos cans, aos gatos, aos ratos …) Medo a ir para a cama, á auga, a perderse, ás alturas…
Presentación: Escrito en galego nun folio. Escribe o título na parte superior e o teu nome completo e o curso na parte inferior. 
Gústannos os traballos limpiños e con boa letra. Encántannos as historias con moitos debuxos.
Entrega: Na biblioteca, antes do 7 de novembro.


ANÍMATE E PARTICIPA...HABERÁ PREMIOS!!!

O SAMAIN




O Samaín é unha celebración de orixe celta
Celébrase o fin do verán e o inicio do tempo de inverno. 
Na noite do 31 de outubro comeza o aninovo celta, remata o verán e entra o inverno. Nesta noite as ánimas dos mortos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias. Era a noite máis perigosa do ano! Para afastar das súas casas as perigosas ánimas defuntas adoitaban colocar as caveiras iluminadas dos inimigos mortos.
Dos ritos e crenzas celtas ven 
a tradición europea de facer caveiras nas cortizas das cabazas.

Se picas na imaxe do Samaín terás moitos recursos para traballar esta unidade.

Neste vídeo infórmanvos sobre a orixe desta festa


Vídeo didáctico sobre o Samaín con música de Mamá Cabra from Falamelide TV on Vimeo.

lunes, 20 de octubre de 2014

LIBROS PARA O SAMAÍN

O equipo da biblioteca fixo unha selección  de libros para ler no Samaín. Están nos expositores da biblioteca.

RECOMENDAMOS LIBROS

Estes son os primeiros libros que recomendan os nenos/as deste cole. Fixeron un excelente  traballo. Parabéns a todos eles! 

DECORACIÓN DAS CABAZAS

Xa falta pouco para o SAMAÍN... Empezamos a decorar as cabazas. Se queres participar nesta actividade trae a  túa cabaza e na  BIBLIOTECA  decóraa como a ti máis che guste.

TEÑEN QUE QUEDAR TAN BONITAS COMO AS DO ANO PASADO!

SESIÓN DE CONTACONTOS

Co gallo do DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR o mestre Xosé Carlos Caramés desenvolverá co alumnado de infantil,  1º e 2º de primaria, unha sesión de contacontos con dous contos:

O GATO SOL, conto tradicional vietnamita contado con Kamishibai




POR QUE HAI TANTAS PEDRAS NO FONDO DOS RÍOS? Conto africano con Kamishibai

lunes, 6 de octubre de 2014

ACTIVIDADE: EU RECOMENDO

O día 24 de outubro celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA ESCOLAR para homenaxear o labor que desenvolven os bibliotecarios e bibliotecarias no fomento da lectura.
Para celebrar este día invitámosvos a participar na actividade “ EU RECOMENDO” na que cada un de vós lle recomendades aos demais compañeiros o libro da biblioteca que máis vos gusta.
Debedes debuxar na plantilla que vos proporcionamos a portada do libro, escribindo o título, o autor/ autora e a editorial.
Todas as aportacións serán colocadas na exposició que faremos para conmemorar esta data.

Esperamos a vosa colaboración .

MOCHILAS VIAXEIRAS


Xa preparamos as mochilas viaxeiras e, este venres,  saíron do cole para entrar nas vosas casas! Marchou unha de cada clase, desde 4º de infantil ata 6º de primaria; o contido de cada unha delas é diferente, intentamos adaptarnos ao gusto e á idade de cada neno/nena.
O obxectivo desta actividade é que a familia se involucre no hábito lector e que disfrutedes todos xuntos da lectura. A mochila estará con cada familia unha semana, durante ese tempo procurade ler os libros e as revistas que hai dentro.  O venres, na hora de ler, o portador da mochila terá tempo para contarlle aos demais  compañeiros  a súa experiencia coa familia, que libros lle gustaron e que lecturas realizaron.
Debedes coidalas moi ben para que, en perfecto estado, entren na casa de todos os compañeiros.
 Desexamos que todos disfrutedes desta actividade.