Os nosos clubs de lectura xa están en marcha!! Primeira parada: O PRINCIPIÑO! Estes dous últimos venres, tanto os GUSICROSS
coma O XARDÍN DOS LIBROS, reunímonos para comentar a nosa primeira lectura.
Xuntámonos no recreo e na hora de ler ao redor dun bo biscoito e unhas pastas,
agasallo da nosa profe Maite!
En xeral, O Principiño tivo unha boa acollida, foi un libro
interesante, bonito, metafórico, triste, divertido... Falamos, rimos,
xogamos, fixémonos pasar polas distintas personaxes e soñamos con que planeta
nos gustaría visitar!
E ao espertarmos dese soño, xa andamos pensando nas nosas
seguintes paradas. Desta vez, leremos alternados dúas obras novamente de
narrativa: CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE e ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA.
Seguiremos informándovos!!
Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery