lunes, 28 de enero de 2019

DÍA ESCOLAR DA NON-VIOLENCIA E DA PAZ 2019


 Como todos os anos o  próximo 30 de xaneiro celebramos o  Día Escolar da Paz e da Non Violencia, tamén coñecido com DENIP,  unha xornada educativa non gubernamental fundada en España no ano 1964 polo poeta e pacifista mallorquón Llorenç Vidal Vidal e que foi recoñecida pola UNESCO no ano 1993,
É unha data na que ademais de conmemorar o aniversario da morte de Mahatma Gandhi (Se picades no enlace anterior coñeceredes a súa biografía), ten como obxectivo a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a Non-Violencia e a PAZ. Neste día os colexios convértense en instrumentos de paz e de entendemento entre as persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.
É unha data apropiada para traballar con todo o alumnado a importancia do dereito á paz e de como a educación favorece este dereito. Para elo é necesario fomentar unha conduta proactiva en favor da paz e da resolución pacífica dos conflictos.
Nos seguintes enlaces atoparedes ideas e materiais para traballar na clase:
O Equipo da Biblioteca sacou dos andeis libros sobre esta temática e desenvolverá ao longo de toda a semana na hora de ler as lecturas pola paz:
Esta é unha mostra dos libros qe empregaremos e que están expostos no corredor da entrada da biblioteca:


lecturas para a paz

Os nenos e nenas de 4ºB representarán a obra" O Bosque de Paz", unha obra na que seguindo o noso plan Entre Salgueiros, Bidueiros e Carballos, falaranos da importancia dos bosques, e mostraranos como resolver os conflictos dunha forma pacífica.
Tamén participaremos nos bailes que se farán ao respecto estes son os vídeos
Reducir, reciclar e reutilizar

Bailemos todos:


Paz e amor 


Imagine