domingo, 23 de septiembre de 2018

CDU ILUSTRADA

Para apoiar o labor de Dinamización das Bibliotecas escolares a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica unha versión ILUSTRADA, elaborada polo debuxante Óscar Villán,  da adaptación da Clasificación Decimal Universal para Bibliotecas Escolares.
Se queredes ampliar esta información picade no seguinte enlace:CDU ILUSTRADA

jueves, 20 de septiembre de 2018

BENVIDOS

Ola, lectores:
Xa estamos de volta! O equipo da Biblioteca davos a benvida, deséxavos un bo inicio de curso e espera que veñades cargados de enerxía e con  moita ilusión para disfrutar con todas as actividades que estamos preparando.
A biblioteca abre as súas portas no mes de outubro para que poidades investigar, vivir aventuras, compartir experiencias e disfrutar dos novos espazos de xogos que inauguramos no curso pasado.


Dámosvos a benvida e invitámosvos a acompañarnos nun milleiro de aventuras!!