Os nenos e nenas do cole participamos na actividade #ABRIDEAFIESTRA# organizada polo colectivo AELG elaborando murais coa biografía ou con poemas de Rosalía que adornan as nosas fiestras.
Para desenvolver esta proposta organizamos un obradoiro ao longo de toda a semana no que os alumnos dos diferentes cursos, despois de indagar sobre a súa vida, elaboraron un mural da súa biografía (que colga na entrada do patio) e varios murais cos poemas que adornan as fiestras
Lectores, xa estamos no mes de febreiro!!! Un mes que dedicamos por completo á escritora galega máis universal: Rosalía de Castro. Unha escritora que foi precursora da poesía española moderna e do existencialismo e unha pioneira do pensamento feminista.
Mito e símbolo de Galicia, autora de obras inmortais como Follas Novas ou En las orillas del Sar, foi unha escritora innovadora e comprometidaadiantada no tempo, que empregou o galego na literatura cando ninguén o facía. Nas súas obras reflicte a situación dunha Galicia maltratada e desangrada pola emigración, denunciou a pobreza dos labregos galegos e a precaria situación laboral de moitos que estaban fóra.
Rosalía de Castro foi unha muller singular cunha excelsa sensibilidade.
O Equipo da Biblioteca ten preparado diferentes actividades que se irán desenvolvendo ao longo de todo o mes.
Empezaremos recordando a súa biografía Ollando os seguintes vídeos que nos falan da súa vida:
Participando nas seguintes actividades interactivas: