viernes, 30 de noviembre de 2018

ACTIVIDADES MES DA CIENCIA

Ao  longo de todo o mes de novembro todos fomos científicos na Biblioteca e desenvolvemos experimentos moi divertidos. Aquí tedes unha pequena mostra dalgún dos experimentos realizados:
Os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil quedaron entusiasmados co seu experimento A Escuma Máxica:

Os nenos e nenas do 5º e 6º de infantil comprobaron que as bolas de cristal ou de plastilina afúndense na auga sen importar nin o peso nin o tamaño, pero que cando entre todos fan unha barca...Flota na auga coas bolas dentro!




Os alumnos  de 4º de Primaria fixeron un experimento no que demostraban que a auga pode ir cara arriba en contra da gravidade coa transferencia da auga entre dous vasos:





Os nenos e nenas de 5º de Primaria foron capaces de crear un arco da vella nun frasco, foi un traballo moi laborioso  cun magnífico resultado:



Foron unhas experiencias moi interesantes e divertidas que continuaremos realizando con outros cursos. 

miércoles, 28 de noviembre de 2018

ACTIVIDADES 25 DE NOVEMBRO


"La Declaración sobre la eliminación de la violencia contra la mujer emitida por la Asamblea General de la ONU en 1993, define la violencia contra la mujer como “todo acto de violencia que tenga o pueda tener como resultado un daño o sufrimiento físico, sexual o psicológico para la mujer, así como las amenazas de tales actos, la coacción o la privación arbitraria de la libertad, tanto si se producen en la vida pública como en la vida privada.”
"La violencia contra la mujer sigue siendo un obstáculo para alcanzar igualdad, desarrollo, paz, al igual que el respeto de los derechos humanos de mujeres y niñas. Lo que es más, la promesa de los Objetivos de Desarrollo Sostenible (ODS) de no dejar que nadie se quede atrás, no podrá cumplirse sin primero poner fin a la violencia contra mujeres y niñas".  (sinopse extraída da páxina web da Organización das Nacións Unidas).
Para contribuír a erradicar este grave problema sensibilizando aos máis pequenos, fixemos no colexio un acto conxunto o 23 de novembro (por coincidir o día 25 en domingo). Comezamos coa lectura dun manifesto realizado polos alumnos e alumnas de 6º de primaria


Despois da lectura deste manifesto cantamos as cancións (a primeira acompañada ademais con linguaxe de signos): "LA PUERTA VIOLETA" de ROZALÉN e "DÉJALA QUE BAILE" de MELENDI con ALEJANDRO SANZ e ARKANO. Cancións cuxas letras expresan o seu rechazo a estos actos violentos e defenden a liberdade da muller. Un pequeno acto emotivo no que os nenos e as nenas sentiron unha vez máis a alegría de estar xuntos convivindo en igualdade. 

Deixámosvos as imaxes dos momentos vividos:

Alumnos e alumnas de 1º, 3º, 4º, 5º e 6º 


Nenos e nenas de infantil e 2º de primaria

jueves, 22 de noviembre de 2018

25 DE NOVEMBRO

O 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, un día para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres do mundo e para reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación.
Elexiuse esta data porque foi o día 25 de novembro de 1960, na República Dominicana, cando foron asasinadas as tres irmáns Mirabal, activistas políticas, por orde do ditador Trujillo, Se queredes saber máis cousas sobre elas, picade no seguinte enlace:
A escola debe contribuír a erradicar esta violencia educando na igualdade, opoñéndose  a todo tipo de violencia tanto física como  verbal, facendo respectar os dereitos das nenas e das mulleres, fomentando unha relación afectuosa entre os seus membros e empregando modelos e mensaxes cooperativos e dialogantes.
Nos seguintes enlaces atoparedes  diferentes actividades e recursos para reflexionar, profundizar e traballar a violencia contra as mulleres:

 Ollade estes vídeos sobre a violencia de xénero:
SÚPER LOLA:

Campaña nenos contra a violencia:


Sácalle un cartón vermello ao maltratador:



Cancións  contra a Violencia de xénero:






miércoles, 21 de noviembre de 2018

CLUB DE LECTURA

O venres, durante o tempo de  recreo e na hora de ler, a Biblioteca recibiu ás alumnas de 5º e 6º de primaria que forman parte do Club de Lectura.
Nesta reunión Manoli, a coordinadora, explicoulles que era un club de lectura ( unha reunión de persoas que len ao mesmo tempo un libro e que se reúnen unha vez á semana para comentar as súas impresións sobre os textos lidos). Presentoulles o libro MANU DETECTIVE que vai ser o libro co que empezarán a traballar e que levarán para a casa para ler as páxinas que se determinen.
As nenas en asemblea buscaron un nome para o seu grupo e decidiron chamarlle "Ratiñas de Biblioteca" 
Todos os venres reuniranse na biblioteca para comentar, ao redor dun biscoito ou dunhas pastas, o lido por todos os compoñentes e para realizar as actividades que se determinen.
Para todas esta primeira sesión foi unha magnífica experiencia e xa están desexando que veña a seguinte!!

lunes, 19 de noviembre de 2018

OS NOSOS CONTOS DE MEDO

Xa están expostos todos os contos que se presentaron no VI Concurso de Contos de Medo e  que se axustan ás bases establecidas.
Hai historias moi interesantes, lédeos con moita calma.
Sara, alumna de 2º EP, presentou esta fermosa historia cunha portada moi decorada: 


Os alumnos e alumnas de 4º B elaboraron o seguinte libro con todas as súas historias individuais: 




O alumnado de  5º e  6º tamén quixo participar  aportando estas terroríficas historias:

Desexamos que lendo estas historias vivades momentos terroríficos

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO NENO

O día 20 de novembro conmemoramos o Día Universal da infancia, coincidindo co aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno no ano 1989. Se queredes saber máis cousas sobre este tema picade no seguinte enlace: DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA-
É unha data que nos fai recordar que un neno non é soamente un ser fráxil que necesita protección, senón tamén unha persoa que ten dereito a ser educado, coidado e protexido dondequeira que nacera. Tamén é un día para lembrar que millóns de nenos e nenas de moitos sitios do mundo non teñen garantidos dereitos básicos como o dereito á alimentación, a non ser maltratados ou explotados entre outros.
 Se  picades no seguinte enlace atoparedes información sobre a necesidade de celebrar este día: POR QUE SE CELEBRA?

Convidámosvos a ler o Libro dos Dereitos segundo Mafalda: 




Nos seguintes enlaces atoparedes recursos para traballar neste día:
ENLACES PARA TRABALLAR OS DEREITOS DA INFANCIA
BANCO DE RECURSOS
RECURSOS DÍA  DEREITOS DO NENO
Nos corredores atoparedes murais sobre os dereitos da infancia:

murais dereitos infancia
O Equipo da Biblioteca sacou dos andeis libros sobre os dereitos dos nenos para facer a exposición á entrada da biblioteca:
Convidámosvos a ver os seguintes videos sobre os dereitos do neno:




jueves, 15 de noviembre de 2018

DÍA DAS LIBRARÍAS

Por octavo ano consecutivo, as librarías de toda España  celebran o día 16 de novembro o DÍA DAS LIBRARÍAS, unha festa,organizada pola CEGAL (Confederación Española  de Gremios e Asociacións de Libreiros)  coa que  nos queren lembrar que un libro é sempre unha boa adquisición e que o mellor sitio onde adquirila é sen dúbida unha libraría.
Se queredes saber máis cousas desta festa picade no seguinte enlace : DÍA DAS LIBRARÍAS
Este día todas as librarías ofrecen un amplo programa de actividades: contacontos, encontros cos autores, lecturas públicas...coas que se pretende reindivicar  o espazo das  librarías como un lugar físico de xestión cultural que, ademais de fomentar a lectura xenera proximidade e relacións personais e potenciar a figura dos libreiros como un mediador con capacidade de recomendación.
Se picades no seguinte espazo  coñeceredes  as nove librarías máis antigas de Europa:LIBRARÍAS MÁIS ANTIGAS DE EUROPA

Para celebrar este día faremos un repaso polas librarías mais fermosas e impresionantes do mundo:



martes, 6 de noviembre de 2018

NOVEMBRO , MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

As Consellerías de Cultura e Educación convídannos á celebración do mes de novembro como  o MES DA CIENCIA EN GALEGO DAS BIBLIOTECAS. Se picades no seguinte ENLACE atoparedes toda a información.

Ao longo deste mes todos imos ser científicos e desenvolveremos experimentos moi divertidos.
Estes son algúns dos que vós temos preparados:


Esperamos que vós gusten e, se queredes ir ensaiando  ollade estes videos nos que nos explican algúns dos  experimentos:


lunes, 5 de noviembre de 2018

MOCHILAS VIAXEIRAS

Lectores, as mochilas viaxeiras comezaron, outro ano mais,  a súa andaina da escola á casa e da casa á escola... levando libros, contos, guías ou revistas para disfrute da familia, co fin de propiciar momentos de lectura compartida.
Como nos anos anteriores os nenos e nenas levarán  durante unha semana esta mochila para a súa casa para compartir cos seus, grandes e pequenos, todo  o material co que vai cargada. 
Desexamos que a casa de cada neno/nena se encha de historias, de viaxes imaxinarios...para que coa axuda de todos se adquira un hábito lector que ten unha gran importancia na súa formación.


O Equipo  da Biblioteca deséxavos unha feliz lectura en familia!!