O Equipo da Biblioteca deséxalle a toda a COMUNIDAD EDUCATIVA unhas felices festas e que no vindeiro ano todos os desexos se fagan realidade.
viernes, 18 de diciembre de 2015
CARTAS AO APALPADOR
Estas son as cartas que recibimos para envialas ao concurso CARTAS AO APALPADOR. Acordádevos de mirara os resultados , a partir do 31 de decembro, ao través do seguinte enlace: www.apalpador.com
MOITA SORTE A TODOS!!!
miércoles, 16 de diciembre de 2015
AGASALLOS
Hoxe na BIBLIOTECA todos os alumnos/as que participaron no III CONCURSO DE CONTOS DE MEDO recibiron un agasallo.
Parabéns a todos eles!!!!
Parabéns a todos eles!!!!
martes, 15 de diciembre de 2015
LIBROS RECOMENDADOS PARA ESTE NADAL
O Equipo da Biblioteca fixo esta selección de libros para que NESTE NADAL TODA A FAMILIA TEÑA UN LIBRO NA MAN.
Esperamos que sexa do voso agrado
Esperamos que sexa do voso agrado
NADAL NA BIBLIOTECA
Xa temos decorada a biblioteca e os libros seleccionados colocados nos expositores para que vos acheguedes á BIBLIOTECA para disfrutar da MAXIA DO NADAL
miércoles, 9 de diciembre de 2015
ESCRIBE UNHA CARTA AO APALPADOR
OLA AMIGOS:
Queredes participar no cocurso CARTAS AO APALPADOR?
Queredes participar no cocurso CARTAS AO APALPADOR?
Só tendes que pedir o impreso na biblioteca e escribirlle unha carta. As cartas máis inxeniosas, as mellor escritas e as que amosen valores naturais, sinceros e positivos enviarémolas ao apartado 7070 Da Coruña para participar no sorteo que se celebrará o 31 de decembro na NOITE DO APALPADOIRO. O resultado coñecerase a través deste sitio web:www.apalpador.com
Non vale pedir "...A Paz no mundo", "...A cura de todas as enfermidades...","...Que o ano que vén me porte mellor"
Etregade a vosa carta na BIBLIOTECA antes do 17 de decembro
ANIMÁDEVOS!!!
martes, 8 de diciembre de 2015
O APALPADOR, UN PERSONAXE DO NADAL GALEGO
O Apalpador, tamén coñecido como O Pandigueiro na comarca de Terra de Trives, é un vello carboeiro moi respectuoso co medio ambiente, unha figura lendaria galega que achega os agasallos ás nenas e nenos polas datas do Nadal. A tradición preséntanolo como un xigante que, baixaba pola noite das montañas do Caurel ata as casas dos meniños, e, apalpaba as súas barriguiñas para ver se comeran o suficiente durante todo o ano. Se estaban cheas dicía: " Así, así esteas todo o ano". e deixáballes unha presa de castañas. Se non estaban cheas calaba e deixáballes tamén as castañas.
O APALPADOR é amigo de todos e ten un corazón tan xigante coma el. A tradición conta que nas montañas, enre os carballos e os castiñeiros, fai xoguetes coa puntiña da navalla para levarllos aos nenos coa presa das castañas.
No seguinte enlace atoparedes un conto de Xoan G. que nos fala dunha forma moi agarimosa deste personaxe
No seguinte video podedes ver onde vive o Apalpador, os animais que atopa nas montanas e o que lle gusta facer:
No seguinte enlace atoparedes actividades LIM sodre este personaxe
Se picades neste enlace atoparedes recursos para traballar a figura do Apalpador
Esta é a cantiga que os pais lle cantaban antigamente aos seus nenos na NOITE DO APALPADOR:
lunes, 7 de diciembre de 2015
XA VOLVE O NADAL
O Nadal é unha data moi especial na que se reúnen as familias creando un ambiente de harmonía e de bos recordos que perduran ao longo de toda a nosa vida.
É unha celebración que os nenos viven con moita ilusión pero que tamén lle crea moitas preguntas: que celebramos?, quen é Papá Noel?, por que colocamos a Árbore de Nadal?
A continuación intentaremos dar respostas a estas preguntas.
Que celebramos?
O Nadal é unha das mais importantes festas do Cristianismo, Celébrase o 25 de decembro, conmemora o Nacemento de Xesús.
Pica no seguinte video para coñecer a historia do Nadal
As súas tradicións e os seus costumes:
Os beléns ou pesebres: Consisten na representación do Nacemento de Xesús mediante unha maqueta de Belén e os arredores na que as figuras principais son o pesebre onde naceu Xesús, a Sagrada Famila, os pastores e os tres Reis Magos que foron adorar ao Neno.
As panxoliñas: Son cantos alusivos ao Nacemento de Xesús, cóntannos dun modo sensible e inxenioso os sentimentos da Virxe María e dos pastores ante o Nacemento de Xesús .
A Árbore de Nadal: É un elmento decorativo no que empregamos unha conífera (árbores artificiais) con adornos.
Esta Árbore ten unha fermosa lenda, a dun leñador moi pobre que, na víspera do Nadal, atopouse cun neno famento, perdido e tiritando de frío. Aínda que non tiña cartos, o home convidou ao neno á súa casa, deulle roupa e comida. Cando se levantou ao día seguinte o neno desaparecera, o leñador atopou unha fermosa árbore á porta da súa casa. O neno famento era o Neno Xesús que se disfrazara e creou a Árbore para premiar a xenerosidade daquel home.
Papá Noel, Santa Claus. San Nicolás: É u home baixiño, gordiño, barbudo, vestido de cor vermello e branco que leva un saco ás costas cheo de regalos. Conta a lenda que era un señor moi rico que lle facía regalos aos nenos a altas horas da noite para que os nenos non o descubriran.
Os Reis Magos
O día 6 de xaneiro celebramos a festa dos Reis Magos na que os nenos reciben regalos, unha festa de moita ilusión para os nenos que conmemora a xenerosidade dos Magos cando foron visitar a Xesús.
Como se celebra noutros países?
O nadal celébrase en todo o mundo, Cada país ten as súas radicións, Se queredes coñecelas picade no seguinte enlace O NADAL NO MUNDO
Disfrutade vendo o seguinte video de CAILLOU e o NADAL :
Disfrutade vendo o seguinte video de CAILLOU e o NADAL :
Recursos con actividades para traballar no Nadal:
Se picades nos seguintes enlaces atoparedes moitos recursos recursos , manualidades e historias sobre o nadal
Rematamos cunha panxoliña sobre o Nadal
sábado, 5 de diciembre de 2015
CONTACONTOS DOS NOSOS ALUMNOS/AS
Os nenos/as que participaron no CONCURSO DE CONTOS DE MEDO vanlle ler as súas obras aos nenos máis pequenos.
Comezamos esta aventura coa alumna de 4º de Primaria Isamar Lamelas Iglesias que lle leu o seu conto NARIGOTA E OS MONSTROS aos nenos/as de 6º de Infantil.
Foi unha experiencia moi interesante na que todos quedaron encantados e con moitas gañas de repetila.
martes, 1 de diciembre de 2015
3 DE DECEMBRO DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
A celebración anual do Día Internacional Das Persoas con Discapacidade, o 3 de decembro de cada ano, ten por obxecto sensibilizar á opinión pública sobre as cuestións relacionadas coa discapacidade, tomar conciencia das súas necesidades e adoptar medidas para mellorar a súa situación, loitar polos dereitos das persoas con discapacidade e ser conscientes dos beneficios que se derivarían da integración destas persoas en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural.
Esta data ten a súa orixe na resolución 47/3 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, adoptada o 14 de outubro de 1992, proclamouse co propósito expreso de que nesta data se fagan reunións de diversa índole para chamar a atención sobre a calidade de vida, a saúde, a educación , o traballo, o deporte, o disfrute do tempo libre e o exercicio dos dereitos sociais, económicos, políticos e culturais de todas elas.
Seguindo todas estas indicacións, o equipo da biblioteca selecionou estes recursos para informar e sensibilizar sobre as situacións das persoas con discapacidade e para que todos os nenos e nenas do cole traballen os valores relacionados coa diversidade e a tolerancia.
Pica no seguinte enlace: Que entendes por discapacidade atoparás unha presentación que recolle as opiniñons de diferentes persoas do mundo.
No seguinte enlace: Suxerencias para relacionarse con persoas con discapacidade ofrécense pautas para interactuar con persoas con discapacidade.
VÍDEOS PARA SENSIBILIZAR NAS CLASES SOBRE A DISCAPACIDADE:
SI PODEMOS, Spot protagonizado por rapaces e rapazas con sindrome de Down para conciencias as persoas que teñen algunha discapacidade sobre a necesidade de loitar para acadar os seus soños.
As cores das flores Narra a historia dun neno cego que se enfrenta a tarefa escolar de esplicar de que cores son as flores. Ensínnos que un neno cego pode estudar como alquer neno,
El Cazo de Lorenzo é un conto metafórico para comprender e respectar ás persoas que son diferentes. Fala das dificultades e atrancos que teñen que salvar cando non deixamos que cada persoa saque o mellor de si mesmo
Na película CUERDAS, a protagonista convértese na amiga inseparable dun neno moi especial
Suscribirse a:
Entradas (Atom)