Hoxe, na hora do recreo e grazas os nosos colaboradores, un anaquiño da nosa biblioteca percorreu o patio de infantil. A actividade do BIBLIOPATIO botouse a andar!!!
A partir de agora en todos os recreos da mañá, agás os dos mércores, dous colaboradores baixarán ao patio un carro cargado de libros, adaptados aos nenos de infantil, para que os nenos que queiran podan disfrutar da súa lectura e teñan a experiencia dun recreo diferente.
Esta é unha actividade que goza de moito éxito tal e como se pode ver no vídeo e ue nos confirma QUE CALQUERA LUGAR É BO PARA A LECTURA!!