Mostrando entradas con la etiqueta guía lecturas verán. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta guía lecturas verán. Mostrar todas las entradas

miércoles, 23 de junio de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN 2021

Xa temos aquí as nosas recomendacións para gozar ao longo destas merecidas vacacións (este curso máis merecidas ca nunca) de bos momentos con lecturas para todos os gustos e as idades. 

Recordade que un libro é un bo amigo e está agardando sempre por nós, desexando contarnos a súa historia e que pasemos as súas páxinas... non deixedes de achegarvos a eles, ben sexa na casa ou ao aire libre, na praia ou na montaña, sós ou acompañados, onde vos atopedes... gozade con boas lecturas este verán!!

miércoles, 17 de junio de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTURAS PARA O VERÁN

Nestas vacacións, xa acabada a época do confinamento, tanto se ides á praia, como á montaña ou se quedades na casa,  os libros deben seguir sendo a vosa mellor compaña: xogos, arte, relatos, obxectos cotiáns que se volven marabillosos, amigos imaxinarios ou reais, misterios para resolver, encontros e desacordos...Todo isto e moito máis atoparedes na seguinte selección de libros que vos recomendamos para que gocedes coa súa lectura nesta época máis calorosa e soleada


Aproveitade estes días de descanso para descubrir un novo libro favorito
FELIZ VERÁN...CHEO DE LECTURAS


lunes, 17 de junio de 2019

LECTURAS PARA O VERAN

Rapaces, pasiño a pasiño...xa chegamos ao verán!!! Chegaron ás esperadas vacacións, un tempo no que toca descansar despois do esforzo de todo o curso, pero non vos esquezades de ler todos os días un pouquiño, xa sexa na praia, no campo ou á sombriña de calquera árbore!  Os mestres do equipo da biblioteca facémosvos unha proposta dos libros que a nós como lectores nos gustaron, pero encantaríanos que vos achegarades ás librarías e lle botarades unha ollada á nosa selección e que elixades os libros que vos gusten a vós para que disfrutedes de boas e divertidas lecturas este verán.



martes, 19 de junio de 2018

ESTE VERÁN LÁNZATE Á AVENTURA COA LECTURA

Lectores xa estamos rematando o curso!! O verán está á volta da esquina!! O equipo da  Biblioteca espera que disfrutedes este tempo de lecer e que vivades mil aventuras na compaña de boas lecturas.  Na nosa selección para este verán atoparedes libros que aceleran o pulso nas noites estreladas, libros cheos de sentimentos que quentan o corazón nas tardes á sombra, historias que amenizan as sestas nos días calurosos. Os libros son grandes compañeiros para vivir mil aventuras. Non vos esquezades de meter os vosos na maleta.

sábado, 17 de junio de 2017

ESTE VERÁN ...MERGÚLLATE NUN MAR DE LIBROS

Xa chegaron as vacacións!!!! O momento que estabamos esperando para descansar e disfrutar das ondas do mar, dos baños na piscina, dos paseos pola montaña e de gozar coa lectura dun libro! Na piscina, no coche, no tren; as boas temperaturas e as vacacións fan que calquera lugar se poida converter nun escenario ideal para mergullarnos no universo da lectura. A dúbida só pode ser  unha, que libro ler? Para axudarte nesa elección o equipo da biblioteca fixo a seguinte selección de libros para toda a familia para que este verán  todos vos mergulledes nun mar de libros!!!!
Esperamos que sexa do voso agrado!!!

martes, 21 de junio de 2016

GUÍA DE LECTURAS

Amigos, o verán xa ESTÁ EIQUÍ!
É tempo de descansar, de pasalo ben e de disfrutar coa lectura de interesantes libros.
O EQUIPO DA BIBLIOTECA elaborou esta guía de lecturas, para que todos nestas vacaciós sigades o noso lema: " Na praia ou na montaña.... un libro sempre acompaña" !
Bo verán e FELICES LECTURAS!