jueves, 30 de marzo de 2017

ANXO MOURE NO COLE

A figura de Anxo Moure é dabondo coñecida polos seus libros e pola súa defensa da natureza e pola súa loita por facer un mundo máis xusto e solidario. 
O día 23 de marzo realizou cinco sesións de contacontos no noso centro. Impartidas a todos os alumnos do colexio, a todos lles falou das árbores, da súa defensa e coidado, da importancia do coidado da natureza, da defensa dos nosos bosques autóctonos, da importancia da reciclaxe, de hábitos de vida saudables e de respecto do noso entorno... pero todo dunha forma divertida, intercalando personaxes como "Caureliña" ou o paxaro amigo, a pastora, o carballo con botas... que fixeron a ledicia de todos os rapaces e rapazas. Ademais fíxoos participar con el, repetindo frases e lemas en defensa do coidado da natureza. 



Neste enlace da editorial Xerais temos unha semblanza da súa figura, na que destaca o seu traballo como contador de historias e a súa solidariedade:



Na nosa biblioteca podedes ler algúns dos seus libros: 
Añadir leyenda
Añadir leyenda

Añadir leyenda
Añadir leyenda

jueves, 23 de marzo de 2017

21 DE MARZO: POESÍA E ÁRBORES

ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O DÍA DA POESÍA E O DÍA DA ÁRBORE:


1- O equipo da biblioteca desenvolveu un OBRADOIRO DE POESÍA  no que participaron os alumnos e alumnas de educación infantil, e de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria.
A finalidade deste obradoiro era a de crear sinxelos poemas de forma individual ou colectiva, pretendendo acadar os seguintes obxectivos: 
- Disfrutar xogando coas palabras.
- Crear un poema ou transformar un xa existente.
-Valorar a importancia das árbores nas nosas vidas.
- Coñecer as consecuencias da tala indiscriminada das árbores.

Todos os poemas están expostos no corredor da entrada da BIBLIOTECA, merece a pena que lle botedes unha ollada.

Esta é unha pequena mostra:




2- Na biblioteca, na HORA DE LER, o propio 21 de marzo, realizamos unha actividade moi interesante: alumnos de infantil, de 3º, 4º e de 5º de Primaria RECITARON POESÍAS. Luis recitou maxistralmente a poesía CEREZO DE PÁJAROS, Adela de 4º emocionounos recitando a PAXARA PINTA do libro Cantarolas, Iris de 4º elexiu o libro Rimas con letra para ler a poesía COA LETRA Ñ, Carlos de 5º interpretou a poesía POLO LARANXAL do libro A Roseira do Teu Mencer, Claudia de 5º decidiu participar coa poesía LAIÑO, Sheila de 3º leu unha nana do libro Carabín- Carabón. Remataron a sesión os nenos de infantil recitando a coro as poesías BOLBORETA, os de 4º de Infantil, e UN MUNDO DE CORES, os de 5º e 6º de Infantil. Todos disfrutamos con esta actividade que esperamos repetir moi pronto.



POESIAS by Slidely Photo Gallery

lunes, 20 de marzo de 2017

21 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DA POESÍA, DÍA DA ARBORE

Desde  Cumbre de París de 1999, celebramos cada ano o DÍA MUNDIAL DA POESÍA o 21 de marzo. Dacordo coa decisión da UNESCO o principal obxectivo desta acción é a de soster a diversidade dos idiomas a través da expresión poética, darlle aos que están ameazados a posibilidade de expresarse nas súas comunidades, fomentar o apoio aos novos poetas e restablecer o diálogo entre a POESÍA e as demais artes.
Ao celebrar o DÍA DA POESÍA o 21 de marzo a UNESCO recoñece o símbolo   da creatividade humana que ten a arte poética e rende unha homenaxe a todos os homes e mulleres que loitan cada día por crear un mundo mellor empregando as palabras como única ferramenta.
Nos seguintse video falannos  da poesía e dos seus elementos 






Un video coas definicións de poesía  feitas por famosos escritores




 Compendio de poesías para traballar a na aula seleccionadas  por Miguel Santos Arévalo



Poesias infantiles from Miguel Santos Arévalo

Unha homenaxe a nosa poetisa máis internacional: Unha animación do POEMA MOUCHO NON CHE TEÑO MEDO dos  CANTARES GALLEGOS de Rosalía de Castro 


Tamén se conmemora este día o DÍA DA ÁRBORE, unha data para concienciar sobre a importancia do coidado das árbores que son esenciais para a vida da Terra.
  Se picades no seguinte enlace atoparedes unha recompilación,  realizada no CEIP Víctor Sáenz,   de poemas sobre as  árbores escritas por escritores galegos
Un poema especial para celebrar este día
Un video que nos fala da importancia das árbores e das consecuencias da  súa tala 

viernes, 3 de marzo de 2017

DIA INTERNACIONAL DA MULLER


O día 8 de marzo  celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER  instaurado pola ONU no ano 1975.  Pese a que  súa orixe tratábase de reclamar a igualdade para a muller traballadora,  no contexto da REVOLUCIÓN INDUSTRIAL, na actualidade neste día reivindícase o papel da muller na sociedade reclamando a IGUALDADE DE DEREITOS para todas as persoas sexan do sexo que sexan.

Nos seguintes videos explícannos cal é a orixe deste día 





Desde a BIBLIOTECA queremos colaborar aportando recursos que foron elaborados co gallo deste día e que nos axudan a reivindicar a IGUALDADE DE DEREITOS PARA TODOS e para recordar que aínda non se acadaron.
Pasatempos para educar en igualdade:
Neste enlace podedes atoparedes contos e videos  para traballar a coeducación neste día:  DIA INTERNACIONAL DE LA MUJER

Magnífica páxina de recompilación de recursos elaborada pola mestra  Mª Asunción:   recursos 

Unidade didáctica sobre os dereitos da muller para alumnos de Infantil e primaria:
Actividades LIM:  MULLERES QUE FIXERON HISTORIA

Recursos pra Educar na Igualdade: Educando en IGUALDADE

Contos para traballar a coeducación:




Ollade este video que nos fala  do papel da muller ao longo da historia:


Neste video fálannos da evolución da muller a través dos contos


Unha homenaxe ás mulleres  que fixeron historia:




 Cancións adicadas a todas as mulleres