domingo, 29 de abril de 2018

ACTIVIDADES NA SEMANA DO LIBRO

E velaiquí o resumo dalgunha das actividades realizadas con motivo da celebración DA SEMANA DO LIBRO:

- V APADRIÑAMENTO LECTOR: 
Xa un clásico no noso centro, actividade demandada polos nenos e nenas, pequenos e maiores, aos que lles encanta compartir este momento de lecer no que todos se senten un pouco protagonistas  e importantes. Uns por ser os "padriños" que contan e ensinan aos máis pequenos, querendo captar a súa atención e querendo sacarlles un sorriso ou unha mirada de admiración ou asombro coa historia que lles están relatando. E os "afillados" porque se senten queridos e amparados por un "maior", compartindo entre os dous un momento especial no que se fomentan as relacións interpersoais.
Como, tamén un ano máis o tempo quixo acompañarnos, os nenos e nenas repartíronse ao longo do patio do centro: na zona verde do patio dianteiro, na zona da entrada, nos patios cubertos posteriores e na pequena carballeira coa que contamos.


- EXPOSICIÓN DE LIBROS ANTIGOS:
Enlazando co proxecto documental integrado que levamos a cabo este curso no que facemos especial fincapé no noso patrimonio tanto monumental, coma cultural ou inmaterial, organizamos unha exposición sobre libros antigos.
Moitos foron aportados por distintos membros da nosa comunidade educativa e outros forman parte dos fondos da nosa biblioteca onde contamos cunha sección que chamamos "HISTÓRICA" na que imos xuntando aqueles libros que consideramos xa demasiado antigos para ser expostos nos andeis de lectura, pero que polas súas características (antigüidade, temática, rareza...) consideramos que debemos "salvar" e gardar como curiosidades. 


Exposición libros antigos by Slidely Photo Gallery

- LENDO XUNTOS: tesouros de papel 
Tamén en relación co noso proxecto "AUGA, PEDRA, SABEDORÍA E PEDRA" e os ENCONTROS 4X (4 XERACIÓNS) realizamos a actividade ”TESOUROS DE PAPEL”.
Para desenvolver esta actividade convidamos ás familias dos cativos de Educación Infantil a que viñeran á escola para lerlles ou contarlles un conto aos nenos e nenas da aula na que está o seu fillo ou filla. 
A partir desta actividade xurdiu outra, que nos animou a descubrir o conto ou o libro preferido dalgún membro da nosa familia, ese texto que leu fai moitos anos e nunca puido esquecer. 
E así foron chegando diferentes pais e nais, avoas que traian os seus TESOUROS DE PAPEL para presentalos na escola, ante a atenta mirada de todos e todas que non perderon detalle...

Moitas grazas a todos: papás, mamás e avoas  que viñeron á escola para compartir con todos nós os seus tesouros de papel.

lunes, 23 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO



Achégase o Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor, unha conmemoración celebrada a nivel internacional co obxectivo de fomentar a lectura. Se queredes  coñecer a historia desta data picade no seguinte enlace DÍA DO LIBRO.
- Ao longo de toda a semana celebraremos diferentes actividades para conmemorar este día: Seguindo co noso proxecto Auga, Pedra, Sabedoría e Terra en colaboración co equipo de Voz Natura faremos unha exposición de libros Antigos  na entrada do colexio.
- No corredor da biblioteca temos a vosa disposición unha selección de libros para que gocedes coa súa lectura.
- Ao longo de toda a semana os pais e nais de infantil acudirán as clases na hora de ler para contarlle e lerlle aos nenos mais cativos do cole un libro.
-  Nesta semana , coincidindo co Día Internacional da Solidaridade Interxeneracional,  os nenos e nenas de 4º de EP acudirán á Residencia Fogar de San Amaro, para acompañar ás persoas maiores cun agradable momento de lectura .  
 - O día 23 celebraremos, como todos os anos, unha actividade que a todos vos encanta: O Apadriñamento Lector, aproveitando calquera recuncho do patio os nenos dos cursos superiores leranlle libros aos máis pequenos.
Se picades no  seguinte enlace atoparedes  recursos para celebrar este día: RECURSOS
Disfrutade coa letra da canción do Día do Libtro de Paco Nogueiras: 



E coa canción interpretada por Pablo Díaz  na presentación  do libro-Disco Tic Tac:  



Ollade estes videos:



domingo, 8 de abril de 2018

A POESÍA FEMININA CHEGA AO CLUB


Xa temos aquí outra nova sesión do Club de Lectura.  Desta vez, por mor da celebración do Día Internacional da Poesía o 21 de marzo e de que na nosa biblioteca dedicamos o mes de maio á poesía, estivemos lendo a diferentes mulleres poetas. Deste xeito aunamos tamén a celebración do 8 de marzo, Día Internacional da  Muller .

Cada un de nós leu un poema, que levaba adxunto algún material audiovisual engadido. A partir desta lectura, compartimos ideas, as sensacións que nos transmitían, debatimos sobre se as cancións e as poesías eran o mesmo ou non, valoramos a necesidade da rima nun poema e analizamos as diferentes formas de transmitir sentimentos que cada unha das poetas tiña. 


A partir de aí, por grupos, escollendo un verso de cada poema construímos un novo, dando lugar á nosa propia creación. 

Velaquí vos deixamos a mostra!



Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely by Slidely Slideshow

Estas son as poesías que estivemos lendo:


lunes, 2 de abril de 2018

AS NOSAS POESÍAS

Xa están expostas todas as poesías que vós, seguindo as instrucións da nosa convocatoria,  recompilástedes sobre os oficios tradicionais da nosa contorna. Son moitas e variadas e nelas ensalzan o labor das costureiras, panadeiros, leiteiros,  muiñeiros, labregos e doutros oficios hoxe esquecidos. Fálanos das persoas que forman parte do noso pasado e que contribuíron co seu traballo a formar parte do noso ben inmaterial.

Así aparecen na exposición:



Nieves Rodriguez Vazquez de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

Mais tarde, se queredes lelas con máis calma, podedes atopalas nun libro que colocaremos no andel dos nosos traballos: