Para rematar este mes de febreiro, mes dedicado á nosa escritora galega máis universal, o mércores 28, na Hora de Ler, os alumnos de 6ºB deleitáronos cun recitado de Poemas de Rosalía de Castro.
Fixeron unha selección dos versos recollidos nos libros Follas Novas e Cantares Gallegos. Con moita emoción foron desgranando: Eu tiven un cravo, Adios Ríos, Campanas de Bastabales... Así de ben soaron os versos de Rosalía