Ao longo desta semana , para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, desenvolveranse , na hora de ler, nas clases de infantil sesións de lectura na que nenos e nenas de primaria lle lerán aos nenos e nenas de infantil os libros que seleccionamos .
África, unha alumna de 1º de Primaria, leulle aos nenos e nenas de 5º de Infantil o libro: "Te Quiero Abuelo". Todos estiveron moi atentos e participaron na lectura comentando as súas historias cos seus avós. Ao rematar todos debuxaron o que lles gusta facer co seu avó. Os debuxos estarán expostos no corredor da biblioteca na sección As Nosas Lecturas. Pasade a mirar que artistas son todos eles.
Esta é unha pequena mostra da sesión de lectura: