Os nenos e nenas de 6ºA de Primaria, dirixidos pola mestra da Once, deleitaron aos nenos/as de infantil e de 1º e 2º de Primaria coa interpretación, mediante a técnica das Caixas Negras, do LIBRO DA SELVA.
Esta interpretación forma parte dun programa de integración, dun alumno da ONCE cos nenos e nenas da clase, desenvolvido ao longo de todo o curso.
FOI UNHA EXCELENTE INTERPRETACIÓN!!