1- O equipo da biblioteca desenvolveu un OBRADOIRO DE POESÍA no que participaron os alumnos e alumnas de educación infantil, e de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria.
A finalidade deste obradoiro era a de crear sinxelos poemas de forma individual ou colectiva, pretendendo acadar os seguintes obxectivos:
- Disfrutar xogando coas palabras.
- Crear un poema ou transformar un xa existente.
-Valorar a importancia das árbores nas nosas vidas.
- Coñecer as consecuencias da tala indiscriminada das árbores.
Todos os poemas están expostos no corredor da entrada da BIBLIOTECA, merece a pena que lle botedes unha ollada.
Todos os poemas están expostos no corredor da entrada da BIBLIOTECA, merece a pena que lle botedes unha ollada.
Esta é unha pequena mostra:
2- Na biblioteca, na HORA DE LER, o propio 21 de marzo, realizamos unha actividade moi interesante: alumnos de infantil, de 3º, 4º e de 5º de Primaria RECITARON POESÍAS. Luis recitou maxistralmente a poesía CEREZO DE PÁJAROS, Adela de 4º emocionounos recitando a PAXARA PINTA do libro Cantarolas, Iris de 4º elexiu o libro Rimas con letra para ler a poesía COA LETRA Ñ, Carlos de 5º interpretou a poesía POLO LARANXAL do libro A Roseira do Teu Mencer, Claudia de 5º decidiu participar coa poesía LAIÑO, Sheila de 3º leu unha nana do libro Carabín- Carabón. Remataron a sesión os nenos de infantil recitando a coro as poesías BOLBORETA, os de 4º de Infantil, e UN MUNDO DE CORES, os de 5º e 6º de Infantil. Todos disfrutamos con esta actividade que esperamos repetir moi pronto.