domingo, 28 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS 2017

Ao longo deste mes de maio, mes das LETRAS GALEGAS e do TEATRO no noso centro, estivemos realizando distintas actividades nas aulas para resaltar a figura de CARLOS CASARES, como todos sabedes, autor ao que se lle adica este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Reseñamos algunhas delas:

A GALIÑA AZUL VISTA POLO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL

- Os pequenos e pequenas de 3 anos plasmaron plasticamente o famoso conto nun mural realizado coas pegadas das súas mans.


- Un LAP-BOOK sobre Carlos Casares e sobre a galiña azul, foi realizado polos nenos e nenas de 4 anos, que desta maneira tan gráfica, expresiva e divertida aprenderon un montón de cousas sobre o autor e a súa obra.





CARLOS CASARES, VIDA E OBRA
Os alumnos e alumnas de 6º de primaria, remataron as actividades realizadas cun mural onde resumiron a vida e obra do escritor ourensán e fixeron caligramas a partir dalgúns dos seus poemas. 



AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS 

Se os pequenos do cole traballaron sobre o libro A GALIÑA AZUL, os maiores centráronse na obra de teatro AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS que Casares escribiu para o público infantil. 
Os rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria realizaron un obradoiro para preparar dita obra de teatro e representala con teatriño de monicreques. 
Ademais dos ensaios propios que require toda obra representada, realizaron as marionetas en papel. 






O 19 e o 22 de maio culminamos estas actividades coa celebración dun festival adicado a nosa lingua, onde a representación de "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas" co teatriño de marionetas foi toda unha novidade e un éxito. 
Na seguinte presentación podedes ver un resumo en imaxes das actuacións de todos os nenos do cole, que unha vez máis nos demostraron as súas habilidades como artistas (cantantes, bailaríns, actores, actrices...)
                                                                                   

domingo, 14 de mayo de 2017

UN RECREO DE LIBROS

Unha proposta da BIBLIOTECA  para ofrecer alternativas no recreo, ao día sen balón, foi a de abrir o  quiosco do patio.
Para acercar e incentivar a lectura entre o alumnado de primaria dous axudantes abrirán e atenderán, todos os mércores na hora do recreo, o quiosco do patio que está cheo de comics e revistas de diferentes tipos (deportivas, científicas, de pasatempos,,) para que todos os nenos poidan relaxarse e disfrutar dunha boa lectura.
Foi unha actividade moi ben acollida por todo o alumnado, foron moitos os que pasaron o recreo sentados sós o en grupo para disfrutar da lectura.


Nieves Rodriguez de Slidely by Slidely Slideshow

miércoles, 3 de mayo de 2017

MAIO: MES DO TEATRO


O Equipo da biblioteca quere  dedicarlle o mes de maio ao teatro, unha actividade  que estimula a creatividade e a imaxinación e que contribúe a mellorar a expresión verbal, a expresión corporal e a capacidade de relación mediante o traballo en equipo. 

Xa sacamos dos andeis os libros para poñelos á vosa disposición para que na hora de ler  fagades xogos de dramatización e  vos  familiaricedes cos termos e co mundo do teatro teatro.
Pretendemos aumentar os fondos mercando libros que nos aporten ideas e experiencias sobre xogos de dramatización que nos inviten a poñelos en práctica con mais frecuencia.
Aportamos unha seleción de libros para ler e facer teatro que nos poden servir de referencia para novas adquisicións.




Tamén celebramos neste mes o DÍA DAS LETRAS GALEGAS que este ano se lle dedica ao escritor CARLOS CASARES. Se picades no seguinte enlace atoparedes  todos os materiais que aparecen recollidos no blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega: CARLOS CASARES
Se picades nos seguintes enlaces atoparedes ACTIVIDADES LIM sobre Carlos Casares:

ACTIVIDADES LIM INFANTIL E PRIMARIA


ACTIVIDADES LIM CARLOS CASARES
O Equipo da Biblioteca colaborará no festival  Das Letras Galegas adaptando  e representando no noso teatriño  con bonecos elaborados por nós o libro de Carlos Casares:

 AS LARANXAS MAIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS






Estes son algúns dos libros que  atoparedes  de Carlos Casares:




libros carlos casares - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
Vídeo  de Carlos Casares




Esta é a biografía de Carlos Casares elaborada polos alumnos de San Pío X


 E estas son algunhas das súas obras








martes, 2 de mayo de 2017

OUTRAS ACTIVIDADES NO DÍA DO LIBRO

 Para celebrar o Día do Libro, ao longo de toda a semana na Biblioteca desenvolvéronse diferentes actividades:

  •  Nos recreos houbo obradoiros para decorar marcapáxinas nos que lembrábamos a Gloria Fuertes no seu centenario


TALLER MARCAPAXINAS by Slidely Photo Gallery


  • BIBLIOPATIO: O xoves, dúas das nosas axudantes, baixaron, na hora do recreo, ao patio de Infantil un carro engalanado e cheo de libros para que os nenos de infantil gocen da lectura, este xoves foi a quenda dos nenos de 5º de Infantil

BIBLIOPATIO - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
  • TRABALLO DE INVESTIGACIÓN: Librín quere saber mais cousas  de Gloria Fuertes, a poeta que homenaxeamos co gallo do seu centenario, para elo invita a todos os nenos que investiguen e busquen a información que aparece  a continuación:


miércoles, 26 de abril de 2017

IV APADRIÑAMENTO LECTOR

Entre as actividades programadas para celebrar a semana do libro, destacamos un ano máis o APADRIÑAMENTO LECTOR, que xa vai pola súa cuarta edición debido ao éxito que ten cada curso entre os cativos. 
O luns, 24 de abril, na hora de ler, os padriños e madriñas (alumnos de 6º, 5º. 4º e 3º de primaria) foron buscar ás aulas aos seus afillados e afilladas (nenos e nenas de 2º e 1º de primaria, e 4º, 5º e 6º de infantil), que xa esperaban impacientes,  e leváronos aos diferentes patios do centro, onde cada grupo buscou o seu recuncho preferido:  na nosa mini-carballeira, na zona dianteira ao lado de FRIOLÍN (mascota de Voz Natura), ao lado das árbores que plantaran o 24 de marzo... 
Alí os padriños leron o libro escollido ao seu afillado ou afillados e disfrutaron dese momento conxunto cheo de emocións, no que se fomentan, entre outros valores, as relacións interpersoais entre todos os nenos e nenas do centro. 
O tempo tamén quixo acompañarnos ese día cun sol espléndido, no que se fundiron os murmurios das palabras co canto dos paxaros que parecían tamén querer contar as súas historias.  

IV APADRIÑAMENTO LECTOR by Slidely Photo Gallery

jueves, 20 de abril de 2017

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

O dia 23 de abril celebramos o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO, unha celebración que pretende fomentar o pracer pola lectura, principalmente entre a xente máis nova, e respectar a contribución dos escritores ao progreso social e cultural.
Queredes saber por que se celebra o Día Internacional do libro o día 23 de abril?
Sabedes cal é a  Orixe Día do Libro  e de quen foi a idea?


As BIBLIOTECAS escolares Galegas celebran o DÍA DO LIBRO deste ano cun canto á poesía, da man da poeta galega ROSALÍA FERNÁNDEZ RIAL que nos agasallou cun poema inédito especialmente creado para celebrar a lectura, o libro, a maxia da palabra.



O Equipo da Biblioteca quere facer neste día unha homenaxe, polo centenario do seu nacemento, á escritora  GLORIA FUERTES  desenvolvendo diferentes actividades en torno a súa poesía.
Para empezar a coñecela ollade  as seguintes presentacións  que nos falan da súa vida e das súas obras:

Esta é a súa biografía contada por ela mesma:





Podemos coñecer a súa obra realizando as actividades que se propoñen na seguinte unidade:

Tamén temos previsto realizar outras actividades das que facemos un pequeno avance:
1. APADRIÑAMENTO LECTOR: Como todos os anos os padriños e madriñas recollerán aos seus afillados e levarannos ao patio, para lerlles o libro que elexiron con tanto esmero.
2. Sesión de CONTACONTOS coa técnica do KAMISHIBAI: Tres alumnas de 5º de Primaria adaptaron o conto Lola quere ir á Lúa-
3. OBRADOIROS de elaboración de marcapáxinas
4. BIBLIO-PATIO: Durante toda a semana, na hora do recreo, os axudantes levarán ao patio unha selección de libros.

Estupendas curtas para fomentar a lectura:
Los Fantásticos Libros Voladores:


El increíble Niño Come Libros:

Libros e lectura:

Na honra da nosa homenaxeada particular:




miércoles, 19 de abril de 2017

NOVOS AXUDANTES

Os novos axudantes da BIBLIOTECA (14 alumnos de 6º de primaria) xa recibiron a formación necesaria e firmaron o seu contrato no que se comprometeron, cheos de ilusión, a desenvolver, ao longo deste trimestre,  moitas e variadas actuacións entre as que destacamos:
  • Colocar os libros nos andeis e manter  en orde a BIBLIOTECA.
  • Axudarlle aos nenos máis pequenos a buscar libros.
  • Reparar os fondos que se atopan no hospital.
  • Colaborar na actividade de LIBRO-PATIO, levando e coidando os libros.
  • Lerlle contos aos máis pequenos no recreo.
O EQUIPO DA BIBLIOTECA agradece a súa colaboración e deséxalles a todos unha experiencia gratificante e motivadora.


INVESTIGANDO SOBRE O ANTIGO EXIPTO

Como remate do proxecto que desenvolveron os alumnos de 6º de Educación Infantil sobre "O Antigo Exipto" o alumno de 5º de Primaria, Víctor Rodríguez Cid, fixo un traballo de investigación sobre os monumentos,  costumes,  relixión...  elaborando unha presentación que expuxo na clase de infantil. Foi unha charla moi divertida e interactiva na que os nenos de infantil mostraron o moito que aprenderon e todo o que saben sobre o Antigo Exipto.
Este é o seu traballo

Así foi a súa exposición

Nieves Rodriguez de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery

domingo, 2 de abril de 2017

EN ABRIL LIBROS MIL


Comeza o mes de abril coa celebración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, unha data que se celebra todos os dous de abril  desde o ano 1967 para conmemorar o nacemento de Hans Christian Andersen, data promovida pola Organización Internacional del Libro Juvenil (IBBY) para promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os mais cativos. Coma todos os anos a organización IBBY, a súa sección española OEPLI e outras entidades colaboradoras editan un cartel cunha imaxe e unha mensaxe especialmente diseñada para este día. Este ano a sección IBBY  de Rusia foi a encargada de elaborar o cartel ( que aparece na imaxe),  o texto (dun escritor ruso) fala da importancia do libro como acompañante imprescindible no proceso de maduración persoal ao longo da vida, e do pracer que o libro e a lectura proporcionan.
A  través da seguinte animación, realizada porTomas Bases, podedes coñecer a figura de Hans Christian Andersen:



No seguinte video fannos un resumo da vida e obra deste  autor:




Se picades no seguinte enlace podedes coñecer a biografía de Hans Christian Andersen e as súas principais obras: HANS CHRISTIAN ANDERSEN

Para achegarvos á figura de Hans Christian Andersen o equipo da biblioteca invítavos a facer as actividades interactivas que aparecen no seguinte enlace elaborado polo CEIP Mestre Goldar de Vigo:  Coñecendo a Andersen
Estas son algunhas das súas obras;
O soldadiño de chumbo


O parrulo feo


A pequena vendedora de mistos