Os novos axudantes da BIBLIOTECA (14 alumnos de 6º de primaria) xa recibiron a formación necesaria e firmaron o seu contrato no que se comprometeron, cheos de ilusión, a desenvolver, ao longo deste trimestre, moitas e variadas actuacións entre as que destacamos:
- Colocar os libros nos andeis e manter en orde a BIBLIOTECA.
- Axudarlle aos nenos máis pequenos a buscar libros.
- Reparar os fondos que se atopan no hospital.
- Colaborar na actividade de LIBRO-PATIO, levando e coidando os libros.
- Lerlle contos aos máis pequenos no recreo.
O EQUIPO DA BIBLIOTECA agradece a súa colaboración e deséxalles a todos unha experiencia gratificante e motivadora.