Entre as actividades programadas para celebrar a semana do libro, destacamos un ano máis o APADRIÑAMENTO LECTOR, que xa vai pola súa cuarta edición debido ao éxito que ten cada curso entre os cativos.
O luns, 24 de abril, na hora de ler, os padriños e madriñas (alumnos de 6º, 5º. 4º e 3º de primaria) foron buscar ás aulas aos seus afillados e afilladas (nenos e nenas de 2º e 1º de primaria, e 4º, 5º e 6º de infantil), que xa esperaban impacientes, e leváronos aos diferentes patios do centro, onde cada grupo buscou o seu recuncho preferido: na nosa mini-carballeira, na zona dianteira ao lado de FRIOLÍN (mascota de Voz Natura), ao lado das árbores que plantaran o 24 de marzo...
Alí os padriños leron o libro escollido ao seu afillado ou afillados e disfrutaron dese momento conxunto cheo de emocións, no que se fomentan, entre outros valores, as relacións interpersoais entre todos os nenos e nenas do centro.
O tempo tamén quixo acompañarnos ese día cun sol espléndido, no que se fundiron os murmurios das palabras co canto dos paxaros que parecían tamén querer contar as súas historias.
IV APADRIÑAMENTO LECTOR by Slidely Photo Gallery