domingo, 28 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS 2017

Ao longo deste mes de maio, mes das LETRAS GALEGAS e do TEATRO no noso centro, estivemos realizando distintas actividades nas aulas para resaltar a figura de CARLOS CASARES, como todos sabedes, autor ao que se lle adica este ano o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Reseñamos algunhas delas:

A GALIÑA AZUL VISTA POLO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL

- Os pequenos e pequenas de 3 anos plasmaron plasticamente o famoso conto nun mural realizado coas pegadas das súas mans.


- Un LAP-BOOK sobre Carlos Casares e sobre a galiña azul, foi realizado polos nenos e nenas de 4 anos, que desta maneira tan gráfica, expresiva e divertida aprenderon un montón de cousas sobre o autor e a súa obra.





CARLOS CASARES, VIDA E OBRA
Os alumnos e alumnas de 6º de primaria, remataron as actividades realizadas cun mural onde resumiron a vida e obra do escritor ourensán e fixeron caligramas a partir dalgúns dos seus poemas. 



AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS 

Se os pequenos do cole traballaron sobre o libro A GALIÑA AZUL, os maiores centráronse na obra de teatro AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS que Casares escribiu para o público infantil. 
Os rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria realizaron un obradoiro para preparar dita obra de teatro e representala con teatriño de monicreques. 
Ademais dos ensaios propios que require toda obra representada, realizaron as marionetas en papel. 






O 19 e o 22 de maio culminamos estas actividades coa celebración dun festival adicado a nosa lingua, onde a representación de "As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas" co teatriño de marionetas foi toda unha novidade e un éxito. 
Na seguinte presentación podedes ver un resumo en imaxes das actuacións de todos os nenos do cole, que unha vez máis nos demostraron as súas habilidades como artistas (cantantes, bailaríns, actores, actrices...)