Hoxe os mellores lectores do cole recibiron un diploma e un agasallo.
PARABÉNS A TODOS ELES!!!!
<
Tampouco nos esquecemos dos nosos colaboradores. Este curso fixeron un gran traballo! O equipo da biblioteca quixo agradecerlle o seu esforzo cun agasallo,
MOITAS GRAZAS A TODOS!!!
viernes, 19 de junio de 2015
martes, 16 de junio de 2015
CONTACONTOS: A RATIÑA PRESUMIDA
Os alumnos e alumnas de 5ºA en colaboración coa mestra da ONCE, que desenvolveu con eles un programa de atención á diversidade para a integración dun alumno con deficiencias visuais, deleitaron a todos os nenos e nenas de Educación Infantil coa representación do conto A RATIÑA PRESUMIDA empregando a técnica da caixa negra ou Teatro Negro de Praga, un tipo de representación escénica que se desenvolve a escuras cunha iluminación estratéxica que da lugar a un fantástico xogo de luz e de sombras.
Foi unha experiencia moi interesante que pensamos continuar no vindeiro curso coa representación doutros contos con esta técnica.
martes, 12 de mayo de 2015
MAIO : MES DAS LETRAS
No mes de maio celebramos o Día das Letras Galegas, unha celebración instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria no idioma galego.
Cada ano dedícaselle a unha personalidade diferente, elixida pola Real Academia Galega, tendo en conta que se esixe como mínimo dez anos desde o seu falecemento.
Se queredes saber mais cousas da súa historia ollade o seguinte video;
Esta é unha escolma dos homenaxaeados/as:
Este ano o homenaxeado é Xosé Fernando Filgueira Valverde, político, historiador, escritor, etnógrafo que naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906 e que faleceu o 13 de setembro de 1996 ós 89 anos de idade. Ao longo da súa vida escribiu máis de 300 libros e milleiros de artigos. pronunciou discursos e conferencias... Por citar algunhas, pódense destacar poroduccións como Guía de Compostela, Castelao escenógrafo, Da épica na Galicia Medieval, Don Quijote y el amor Trovadoresco, La Toponimia Gallega, Rosalía no seu fogar...Para coñeder máis cousas sobre a súa vida e a súa obra ollade esta montaxe realizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI Antonio Orza Couto (Boqueixón)
Se queredes saber máis sobre o Día das Letras Galegas e sobre Filgueira Valverde, pica no seguinte enlace e iredes ao Blog de Dinamización MEDRANDO CO GALEGO
ENLACE
martes, 28 de abril de 2015
PARABÉNS A TODAS AS MAMÁS
O primeiro domingo do mes de maio celebramos O DIA DA NAI, unha festividade que se celebra na honra de todas as nais.
O equipo da biblioteca quere felicitar a todas as nais da nosa comunidade educativa desexándolles que pasen un magnífico día.
Comezamos a nosa felicitación coa seguinte poesía con pictogramas:
Seguimos con este video no que uns nenos din o que pensan das súas nais
Rematamos escoitando estas cancións esperando que sexan do voso agrado;
Para todas as mamás...
sábado, 25 de abril de 2015
DÍA MUNDIAL DO LIBRO
Esta semana foi a semana da festa dos libros no cole, e na biblioteca tivemos moito movemento, exposición de libros cun montón de novidades, dúas sesións de contacontos, segunda edición do apadriñamento lector e... moitas visitas por parte dos nosos alumnos/as, sinal de que os libros e a biblioteca forman parte da vida cotiá do centro.
O luns comezamos coa nosa exposición "En abril libros mil", da que xa falamos en novas anteriores.
O martes tivemos dúas sesións de contacontos, unha para 4º, 5º e 6º de Educación Infantil e outra para 1º e 2º de Educación Primaria.
A fantástica actriz Sabela Gago engaiolou aos nenos/as coas súas historias "As maletas viaxeiras".
"Entre maleta e maleta, a contadora implica aos nenos para facer unha viaxe entre os libros que os levará por cidades de todo o mundo, ata chegar a China e coñecer a Melisa. Entre todos axudarán á ratiña a averiguar “quen é o ser máis poderoso do Mundo” e na busca da verdade visitarán ao sabio Chín-Lú e viaxarán polo ceo para atopar ao Sol, ao Vento e á Nube e regresar a Muralla Chinesa, que garda o segredo. Un divertimento entre a palabra e a imaxinación , que convida a xogar e aprender".
(Sinopse da obra na páxina web oficial de Sabela Gago)
(Sinopse da obra na páxina web oficial de Sabela Gago)
Coma sempre Sabela conseguiu captar a atención de todos os nenos/as, facéndoos ademais partícipes das súas historias mediante xestos, sons, accións... Moitas grazas Sabela polo teu traballo e ata pronto...
E o xoves 23 celebramos a segunda edición do "Apadriñamento Lector", despois do recreo, os padriños e madriñas foron ás diferentes clases a buscar aos seus afillados e afilladas para baixar ao patio do colexio. Alí sentáronse libremente e contaron os seus contos ... Ademais dunha actividade de animación á lectura, favorecemos as relacións interpersoais, a responsabilidade, a cooperación...
miércoles, 22 de abril de 2015
DÍA DO LIBRO
Para que disfrutedes do DÍA DO LIBRO ollade estas magníficas curtametraxes para o fomento da lectura.
Son cinco historias diferentes que nos animan a adentrarnos no mundo de misterio e de fantasía que nos proporcionan os libros
Na entrada da biblioteca fixemos unha selección de libros para que nesta data tan especial vos acerquedes á biblioteca e disfrutedes coa súa lectura.
viernes, 17 de abril de 2015
DÍA MUNDIAL DO LIBRO
1- Unha exposición de libros: EN ABRIL LIBROS MIL
2- Unha sesión de contacontos que se celebrará na biblio o próximo 22 de abril para o alumnado de educación infantil e primeiro ciclo de primaria.
2- Unha sesión de contacontos que se celebrará na biblio o próximo 22 de abril para o alumnado de educación infantil e primeiro ciclo de primaria.
3- A segunda edición da actividade APADRIÑAMENTO LECTOR
Deixámosvos aquí o enlace ao marcapáxinas e díptico que acaba de publicar a Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia para conmemorar este día, cun texto de María Solar.
![]() |
| (Fai clic na imaxe para visualizar todo o díptico) |
lunes, 23 de marzo de 2015
AUGUSTA E OS SEUS MEDOS
O mércores 18 de marzo tivemos unha sesión de contacontos e de animación á lectura na nosa biblioteca. A sesión foi destinada ao alumnado de Educación Infantil que disfrutou participando activamente na historia que lles contou Iago López: AUGUSTA E OS SEUS MEDOS.
(SINOPSE DO LIBRO NA PÁXINA DA EDITORIAL)
Preme na imaxe para acceder ao blog Barbádegos (portal de literatura infantil e xuvenil) onde veredes unha interesante reseña sobre este libro.
OS MEDOS DOS NENOS/AS NA LITERATURA
Aquí tedes un enlace ao estudo publicado polo Centro de Documentación e Investigación de Literatura Infantil y Juvenil (Fundación Germán Sánchez Ruipérez- Colección Temas en la Literatura Infantil y Juvenil Nº 3) onde se analizan os tipos de medos presentes nos cativos/as e unha ampla selección de libros sobre este tema
... e algúns dos libros que temos na nosa biblioteca sobre esta temática:
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
miércoles, 4 de marzo de 2015
8 DE MARZO, DÍA DA MULLER
Día Internacional da muller traballadora, tamén chamado Día da muller, conmemora a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. Este día recórdase un tráxico suceso que pasou nos Estados Unidos,
no ano 1857. O día 8
de marzo dese ano, as mulleres que traballaban nunha fábrica téxtil de Nueva
York, decidiron parar de traballar como protesta ás suas precarias
condicións de traballo. Era a primeira vez que as mulleres se unían
para reivindicar melloras laborais: unha redución do horario
de traballo diario, que era de 16 horas, á 10 horas diarias. Ademais,
por traballar esas horas, elas percibían apenas un tercio do soldo
que recibían os homes. Pero a rebelión foi contida de forma
violenta, culminando coa morte de 129 traballadoras, queimadas dentro da fábrica.
Anos despois, en 1910, durante unha conferencia internacional das mulleres realizada en Dinamarca, xurdiu a idea de crear unha data específica para facer unha homenaxe ás operarias mortas na fábrica téxtil.
E así foi como en 1975, a Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas (ONU) decidiu decretar o día 8 de marzo como o Día Internacional da Muller Traballadora
Para saber e coñecer máis cousas sobre este día ollade este video:
Unha homenaxe para todas as mulleres galegas:
Recursos para traballar na clase:
Actividades LIM sobre Clara Campoamor:
Clara Campoamor
Recursos para traballar na clase:
Actividades LIM sobre Clara Campoamor:
Clara Campoamor
Traballamos a Coeducación:
A través dos contos:
Una feliz catastrofe:
Lendo o conto: La Cenicienta que no quería comer perdices
Realizando algunhas das seguintes actividades:
A través dos contos:
Una feliz catastrofe:
Lendo o conto: La Cenicienta que no quería comer perdices
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




.jpg)

















