Os alumnos e alumnas de 5ºA en colaboración coa mestra da ONCE, que desenvolveu con eles un programa de atención á diversidade para a integración dun alumno con deficiencias visuais, deleitaron a todos os nenos e nenas de Educación Infantil coa representación do conto A RATIÑA PRESUMIDA empregando a técnica da caixa negra ou Teatro Negro de Praga, un tipo de representación escénica que se desenvolve a escuras cunha iluminación estratéxica que da lugar a un fantástico xogo de luz e de sombras.
Foi unha experiencia moi interesante que pensamos continuar no vindeiro curso coa representación doutros contos con esta técnica.